www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 25 de abril de 2021

A MIÑA INFANCIA

 



Esa fun eu. Seria. Esquiva. Enfadada co mundo. Crieime nunha casa con cantina. Unha casa que, ao principio, foi compartida con outra familia. Non era a nosa casa. Foino despois. Meu pai, carpinteiro e miña nai, costureira, taberneira, cociñeira...
Naqueles tempos nen luz eléctrica tiñamos. Nin auga na casa. Nin cuarto de baño. Todo iso veu mais tarde, pouco a pouco. E coa luz, veu a radio pero a televisión tería que agardar.
Na aldea, había outros rapaces e rapazas, pero todos tiñan que axudar nos traballos do campo. Ir ca facenda (vacas, ovellas, cabras...), facer traballos propios da labranza en cada época do ano.
Eu non tiña esas tarefas. Os nosos animais eran porcos, galiñas, coellos e nada mais.
Entón, levei unha vida solitaria. Escapaba, cando podía, para xunto de duas primas que tiña e gustábame xogar con elas mentras estaban nos prados coas vacas. 
Miña nai, levábame con ela ao río mentras lavaba a roupa naquiles lavadoiros de madeira. O rio Grande, a Aceña.... eran lugares onde eu xogaba subida polas paredes, polas pontes sobre o río Eo. 
Á escola empecei a ir aos seis anos. Xa me tiña ensinado muitas cousas meu pai, na casa, antes de ir.
Era unha escola nunha casa-cuadra-forno da familia materna. Alí tiña aos meus avós, tios, tias e primas.
Nos recreos tomabamos o leite en pó que se facía na casa dos meus avós, e un queixo de bola que nos sabía moi bem.
Tamén xogabamos na carballeira e arredor da casa dos avós. Cánto tiveron que aguantar con nós todo o tempo que duróu aquela escola.
Cada semana tiñamos que varrer  e deixar a escola limpa para o próximo día. Aqueles tinteiros en cada mesa, as plumas, os secadores de tinta, os borróns sobre o papel, as pizarras e pizarriños para facer as contas....
Eran escolas franquistas. Algunhas mestras que tivemos eran da falanxe, ou relixiosas. Había que rezar o rosario, ler a Biblia, adicarlle o mes de maio, mes das flores, a María, preparando un altar coa súa imaxen, lerlle poesías, cantarlle cantigas relixiosas....
Logo viñan os deberes, que tamén tiñamos que facer na casa. A min, o que mais me gustaba facer eran as "redaccións", escribir sobre un tema que nos propuña a mestra. Lembro que unha vez foi sobre un tornillo. Pensei que non ía ter que poñer. Pero unha vez pasada esa proba, foi cómo que todo o que tiña que ver con escribir, resultase mais doado.
Liamos en libros "manuscritos" escritos á man, con diferentes estilos caligráficos que tiñamos que copiar tal cual, e habituarnos a coller un estilo de letra daqueles.
Outras diversións eran as feiras. Había cada quince días unha en Castroverde e outra en Meira. Aqueles coches de líña, lentos como caracois e carregados ao máximo, parecía que ían reventar en calquer curva..
Alí sempre había algo que mercar que nos chamase a atención. Un chifre, especie de armónica moi simple, unha trompetiña, unhas coplas para cantar ou ler os sucesos que acontecían, crimes, suicidios, adulterios, amantes secretos....
Na casa, xa tiñamos unha cantina. Eu axudaba a despachar. Sabía servir e cobrar. 
Había un caixón dos cartos. Unha vez collín unhas moedas para apadriñar a dous negriños de África, naquelo que lle chamaban na escola a Santa Infancia. Muito me rifaran meus pais por coller cartos sen permiso. 
Tamén levaba, a escondidas, caramelos, para os que me pegaban e ameazaban con facelo se non lle los levaba, era o "bulling" daqueles tempos.
Cando veu a radio eléctrica, eu non salía de onde ela. Escoitaba todas as radionovelas, todos os discos dedicados... e tamén, polas noites, funme afacendo a escoitar emisoras prohibidas, como a Pirenaica, que era a emisora da política, dos roxos, como lles chamaban, dos que escaparan para Francia e Rúsia cando a Guerra Civil.
A roupa facíama miña nai. Eran vestidos moi bonitos que a min nunca acababan de gustarme pero agora recoñezo que eran orixinais e ben deseñados por ela. Incluso me fixo a da comunión, que chamóu a atención de todo o mundo! Ela era a que me facía os tirabuzóns no meu cabelo. E dábame o mellor que houbera para comer. Aínda así, o meu corpo non lucía o que comía. Case parecía anoréxica. 
Ao ser unha casa de comidas, sempre había moita variedade de cousas para comer. E podía comer chocolate, e ler os mini contos que viñan nas tabletas. 
Sempre había alguén para xantar ou cear e mesmo para parar temporadas na miña casa. Cada quince días tamén xantaban os gardacivís, con capa e tricornio. Eran moi amables comigo. Grazas a eles, meus pais, acederon a deixarme facer estudos na cidade, mais tarde do normal, pero alomenos puiden ir a estudar que era o que a min me gustaba.
Primeiro unhos estudos como secretariado. Gustábame ser mecanógrafa. Aprendín con facilidade e tamén tiven que estudar taquigrafía.
Logo deixei aquelo e empecei o bacharelato. Así fun ata rematar facendo Maxisterio para ser mestra de escola.
Nese momento, tiven compañeiros e compañeiras dos que gardo bos recordos. Un deles, o autor do poema que poño ao final, Xesus Trashorras, recupereino fai pouco tempo nas aulas de acordeón. 
Logo descubrín que lle dera por escribir e asistín a presentación do seu primeiro libro, O silencio do orballo, e mesmo lin un dos seus poemas. É un incansable escritor que publica diariamente no Facebook, as suas historias ou os seus poemas e, precisamente, hoxe, publicóu ún sobre a súa infancia, que me motivóu a escribir este post, xa que me sentín reflexada en canto dí. Él naceu nunha vila e eu nunha aldea. Case é a única difencia. 

Deixo aquí o seu poema:

LEMBRANZAS DA NENEZ

Nacín nunha pequena vila
por dous outeiros gardada:
A Lomba co seu miradoiro,
A Fortaleza coa Torre.
Santiago de Vilariño:
Barrio Chino, Rampla
Plaza, Feira, Terrío,
Marquesado e Codesal.
Anos escuros aqueles,
de misas e de rosarios,
Semanas Santas de loito
e de voces silenciadas.

Outonos de bullós cocidos,
invernos longos de mata,
primaveras de "flores a María",
veráns de segas e mallas.
Auga fresca do Trabao,
nais en Terrío lavando,
onde o río Tórdea nace
Frontóns no atrio da igrexa,
aro, boliñas e chapas.

Na escola leite en po,
"Cara al sol" polas mañás,
enciclopedia Álvarez,
"pizarra" e "pizarrín",
manchas de tinta na chambra,
día da hispanidade,
manual de bos modais.

Na casa radio de válvulas,
"De España para los españoles"
con Escobar e Molina,
Oliveras, rogando axuda,
música de Antonin Dvoràk.
Asasinato de Kennedy,
sorpresa e conmoción.
"Radio Gaceta de los deportes"
Pirri, Zoco, Gento, Amancio...
Madrid "yé-yé" en Europa.
Noite de espera e emoción
Armstrong por fin pisa a lúa.
"A small step for man,
A giant leap for mankind".

Devagariño, os anos
foron pasando axiña,
ficando atrás para sempre
o tempo da nosa nenez.

                     X,T.N

    






LEMBRANZAS DA NENEZ


32 comentarios:


  1. Olá Beatriz

    Gostei muito do seu texto, em que fala da sua infância.
    E também do poema do seu amigo.
    Li bem o galego. A mesma raiz com a língua portuguesa
    Abraço
    Olinda

    ResponderEliminar
  2. bella entrada me gusta la historia de la vida de los seres humanos que llevan luz dentro de ellos

    ResponderEliminar
  3. Hablar de nuestra infancia no es fácil. A menos que la infancia haya sido maravillosa, que no es el caso de todas las personas. Disfruté leyendo, aunque sentí algunas dificultades.
    Era una hermosa niña / niño.
    .
    Feliz domingo ... Saludo poético
    .
    Pensamientos poéticos y ensueños
    .

    ResponderEliminar
  4. Sublime, marabilla que nos contes da túa infancia, increible, xa imaxinaba que a redacción fose o que máis che gustara, escribes, contas e trasmites dun xeito único e entrañable. Xenial a labor dos gardacivís no teu caso.
    A miña admiración por tí e polo amigo Jesús, estou agradecida de seguirvos neste mundo tecnolóxico.
    Grazas os dous por partillar con nós as vosas vivencias e escritos. Geliz Domingo, Bea queridiña.

    ResponderEliminar
  5. Ola Bea. Unha infancia con poucas comodidades, comparándoas coas actuais, e falta de liberdade (non sei se sendo unha nena e non habendo vivindo outra época se podía ser consciente dese feito), mais tamén soubeches transmitir as cousas boas, o amor de túa nai, as ensinanzas de teu pai, os xogos na ribeira, as feiras, o que che gustaba redactar e escribir (e che sigue gustando)... Os bos recordos son algo ao que sempre voltar. Iria.

    ResponderEliminar
  6. Para os mais novos perceberem que não é romance, foi realidade.
    E não foi assim há tanto tempo.
    Bjs, boa semana

    ResponderEliminar
  7. Realidad que ahora se hace lejana, pero España era así de gris, por contra los niños estaban sueltos, si no trabajaban. Me ha sorprendido lo de los caramelos a cambio de no ser maltratado :-)

    Un abrazo, y feliz semana

    ResponderEliminar
  8. Son Xesús Trashorras.Encantoume, Bea. Bonito relato. Aperta

    ResponderEliminar
  9. ¡Qué hermosa fue tu niñez en el campo, Beatriz! muy bonitas experiencias nos cuentas, aunque al principio la vida fue difícil. Un gusto leerte. Abrazos.

    ResponderEliminar
  10. Olá, Beatriz!
    Um belo poema minha amiga. Onde descreve os passos da tua infância. Curiosamente, há traços identitários com a minha.

    Parabéns, pelo belo poema!

    Beijinhos e feliz semana!

    ResponderEliminar
  11. Hermoso texto de tu infancia amiga Beatriz como la de muchos otros, pocas cosas habían, pero en el fondo creo fuimos felices con poco.
    Un precioso poema marcado por las anécdotas de un tiempo pasado y de un España gris que, para aquellos que las hemos vivido parecen tan lejos y tan cercanas al propio tiempo.
    Un fuerte abrazo Beatriz y buena semana tengas.

    ResponderEliminar
  12. A infância da nossa geração sob as ditaduras ibéricas (Franco em Espanha e Salazar em Portugal) são semelhantes...

    Gostei de ler!

    Abraço e semana feliz :)

    ResponderEliminar
  13. Olá Beatriz. Gostei muito de ler esta sua história, esta sua perspectiva da sua infância.
    Também gostei muito do poema.

    Beijos e abraços.
    Sandra C.
    Bluestrass

    ResponderEliminar
  14. Belas lembranças, Beatriz! Acredito, amiga, que fomos privilegiados, em viver essa época; encontro muitas semelhanças, em nossas memórias! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  15. Senti-me em casa entre suas lembranças. E por falar nelas,no meu blog o poema que comentaste, é uma triste lembrança de minha família.
    Meu irmão tinha dezoito meses quando morreu devido ao incidente.
    Gosto de surpresas no blog. Esteja a vontade para transitar por lá.
    Até breve

    ResponderEliminar
  16. Unha narración delicada e deliciosa; que fai sentir. Fíxome pensar en como era eu de neno, no distintos e en esencia iguais que somos agora; non cambiamos moito no importante, pode que nada. Todos os tempos, ata as ditaduras, son unha oportunidade para colleitar futuras lembranzas. Vese que o fixeche ben, e que as compartes con nosoutros, agradecidos e implicados nese intimismo que te caracteriza. Felicítote, por saber distinguir o que importa dos detalles innecesarios. Moi ben, Bea

    ResponderEliminar
  17. Olá, Beatriz!

    Un texto muito bonito e que descreve toda a tua infância e juventude.
    As coisas eram tão diferentes de agora. Tinhas de ajudar a tua mãe nas tarefas e era tão bom brincarmos com nuestras primas e amigas.
    Eu soy mas nova que tu y já nasci em casa com luz elétrica e água canalizada, pero era tímida e envergonhada.
    Gostei muito do poema que fala da infância.

    Besos e dias con salud.

    ResponderEliminar
  18. Eu adorei. Historias de infâncias sempre são bem legais.
    O poema relata uma deliciosa infância.
    Essas experiências que nos tocam a alma.
    Beijos

    ResponderEliminar
  19. Olá, Beatriz!
    Agora já não faço confusão.
    O texto que aqui apresentas e descreves as memórias da tua infância, é que é de tua autoria. E o poema, é então de Jesus Trashorras. Agora está entendido.
    Ambos estão de parabéns. Pelos excelentes escritos!

    Continuação de boa semana.

    Beijinhos!

    ResponderEliminar
  20. Olá, querida Bea!

    Por motivos profissionais, yo solament posto una vez por mês e também só comento cada blog amigo y seguidor uma vez por mês. No tengo prolemas de salud graves, nem de outra ordem qualquer, felizmente.

    Depois do post sobre a Pandemia, ya escrevi outro que tu comentaste y que se chama "O Poeta". Creo k ahora entendeste los motivos e ya sabes k aparecerei no teu blog una vez por mês.

    Besos e dias felices.

    ResponderEliminar
  21. Es que la niñez tiene una magia que nunca podremos olvidar ... allí el mundo se nos descubrió por primera vez

    Paz

    Isaac

    ResponderEliminar
  22. Hola Bea.
    Preciosa historia de tu infancia y el poema includo. Me ha encantado leerte, por que asi es como se vivían en las casas rurales. Y en algunas con muchas más escazed que en otras. Este tema es bien interesante y muy real.
    Un abrazo de buenas noches.

    ResponderEliminar
  23. Bia, tu te meteste aonde
    que te procuro e não acho?
    Beijos e beijos, muitos.

    ResponderEliminar
  24. Tão lindo de se ler!
    As suas recordações e do seu amigo em jeito de poema!
    Continuação de uma abençoada semana!
    Um beijinho, amiga Beatriz!
    Megy Maia🌺😊🌺

    ResponderEliminar
  25. O teu precioso relato da infância deve parecer ficção para as pessoas mais novas. A minha infância foi parecida e num contexto idêntico (aldeia do Minho, sem grandes diferenças com as aldeias Galegas).
    Continuação de boa semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  26. Llego a dejarte mis saludos Beatriz
    Leer los recuerdos de infnancia siempre me enternecen, los guardamos como un verdadero tesoro, el poema de tu amigo me ha gustado mucho
    Un abrazo amiga
    Carmen

    ResponderEliminar
  27. lindo desejo um feliz fim de semana bjs saude

    ResponderEliminar
  28. Olá, Beatriz!
    Tudo bem por aí? Espero que sim.
    Passei por aqui, para desejar um feliz fim de semana com tudo de bom.

    Beijinhos!

    ResponderEliminar
  29. Amiga Beatriz
    Me identifico com a maior parte do relato da tua infância. Nalguns pontos recuei no tempo, revivi sons e odores, momentos felizes ou tristes, estive lá...
    As "LEMBRANZAS DA NENEZ" de Xesus Trashorras, são, de facto, um elemento valorizador e inspirador deste Relato de Vida.
    Parabéns.


    Beijo
    SOL da Esteva

    ResponderEliminar
  30. Há quem diga que 'antigamente é que era bom'...

    Desejo que se encontre bem. Abraço
    ~~~

    ResponderEliminar
  31. Eu também gostei do texto,
    pena que não me chamaste
    para beber daquela garrafa
    quando eu ainda era menino.
    Beijos, Bia. Beijos.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.