www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 20 de xaneiro de 2016

PAN NOSO DE CADA DIA....

que cada vez sabemos menos de ti, da túa procedencia...cánto te votamos de menos!
Lémbrome do conto "A galiña e o gran de trigo"..... Sempre me gusta facer alusión a él porque, como todos os contos, amosa unha realidade  que non se nos escapa: é moi doado acudir a comer o boliño de pan pero ninguén tivo tempo para axudar a sembrar o gran de trigo, nin segalo e mallalo, amasalo e fornealo... A xente da miña edade, tamén lembramos aquelas merendas que consistían nunha rebanada de pan con manteiga e azúcar por enriba. Visto dende aquí, semella un manxar case esquecido e moi difícil de recuperar. Mergúllome no inverno co forno quente e o pan levedando. Probo a facer diferentes tipos de pan porque me gusta a variedade en todo nesta vida. Sempre o mesmo, é algo aburrido, así que, internet por medio, busco recetas novas e mesturo fariñas distintas que xunto con outros agredientes, fan que o pan resulte unha novidade no día a día. Se algo aprendín en Irlanda, entre outras cousas, foi o das variedades de pan.  Alí elabórano con iugurte ou leite aceda que lle da un toque moi peculiar. Outra cousa que tomo dos británicos en xeral, é o do pan de molde. Gústame para facer as tostadas, os bocatiños... Por eso case sempre o fago así. Paga a pena só polo arrecendo a pan que se estende por toda a casa e probalo ainda quente, fai as miñas delicias!
Hai días que me sumo na elaboración de diversos productos como xabón, confituras, postres, e non hai por onde coller a cociña ata que todo vai indo ao seu sitio correspondiente e voltamos á normalidade pero con mais satisfacción por ter unha remesa de xabón para todo o ano, para dar e tomar.... Pan e postres que conxelo e vou consumindo aos poucos. É unha maneira de utilizar os froitos da estación e que non se voten a perder, como as cabazas, mazáns, castañas....Así, coas mazáns elaborei moito applestrudel, coas castañas, crema, coas cabazas este pan que nunca tiña feito.
E, o mais importante, ocupar o tempo, distraerme, sentirme activa e capaz de facer todo aquello que quero. Só teño un pequeño problema: o de compartir! polo que o fago de maneira virtual para que os que non traballaron non gran de trigo, se deleiten co resultado visualmente!!!!
Non podía faltar a miña lembranza daquelas tardes de fornada na casa dos veciños, agardando polo pan e polas empanadas, contando contos mentras tanto, sentados no escano ao pé da lareira, vendo cómo abrían o forno para saber se estaba para sacar. Eso, non voltará! Porque aquí acabouse a xente e as casas van quedando valdeiras e o rural quere xente, pero ¿qué xente? Xa non será aquela xente que sabía de todo para a subsistencia. Sabía cómo e cándo semiar, recoller, elaborar..... e con moi poucos medios non contaminantes porque era todo artesanal. Hai soños que fican tras de nós para nunca poder ser soñados. Pero, ainda que non sexa igual, termos a sensación de que as cousas poden voltar a facerse na casa e aproximarse a aquelas que deixaron de ser


12 comentarios:

  1. Palabra a palabra, desgranando uno a uno los ideales que aún podemos gozar, eso sí, siempre y cuando estemos dispuestos a trabajar para conseguirlo. En el pan, no te puedes imaginar cómo están las cosas: te venden mil variedades de pan pero está elaborado con masa congelada. Que quede entre nosotras: es un verdadero asco.

    Yo tengo la suerte de poder comprar un pan de centeno de kilo, cada 15 días, de un grupo que se ha ido a vivir a un pueblo abandonado. Son personas jóvenes y están a mucha distancia del lugar donde yo vivo. Pero a mi que no me gusta la masa congelada, tengo que acabar congelando parte del pan que compro. Tienes mucha suerte.

    Acabo de ver que has vivido algún tiempo en Irlanda. Parece que te ha dejado recuerdos positivos esa experiencia. Mi hija mayor, Coral, también estuvo casi un año para perfeccionar el inglés. Ella echaba mucho de menos la comida nuestra.

    Ha sido un placer, como siempre, leer lo que escribes en tu lengua. Estoy encantada porque creo que comprendo todo lo que leo ¿será verdad o serán solo imaginaciones mías?

    Estoy contigo en que es muy bueno conservar todo aquello que merezca la pena pero es inevitable que las formas de vivir vayan cambiando aunque no sea siempre para mejorar. Paciencia.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  2. Antigamente eu gostava de fazer pão. Hoje não posso dizer que não gosto, mas os meus pobres braços estão por demais doloridos para o amasso. Depois, também é muito raro eu comer pão.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  3. Ay Bea, que envexa!...
    Vai pouco que xantei, pero xa lle metía o dente a un cacho de pan de cabaza. Estou poñendo estas letras con móvil. Xa pasarei noutro momento.
    Unha alerta.

    ResponderEliminar
  4. Hola Bea.
    Es verdad antes con muchísimos menos medios sacaban provecho de todo y que rico y autentico era el pan de pipas de girasol. La gente se preocupaba de las fechas cuando tocaba sembrar un cosa u otra y sabían las temporadas de recogida. De copo a copo. De sol a sol y lluvia en lluvia.
    Que interesante inspiración, es como una leyenda de la que nunca saldría de este maravilloso sueño

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Si Bea, ten razón Mónica e un soño eterno unha inspiración maravillosa a túa. Algo que xa non esquecemos máis, acabo de ler todo o texto que me parece exquisito, poético! Por o pronto creo que e unha preciosa prosa labrega alimentaria con un sentimento moi profundo de un tempo pasado que deixou raíces que aínda brotan na túa alma e en tamén na de algúns máis, aunque son poucos pois vamos facéndonos vellos, mais os que aínda son algo novos coma ti saben aproveitar e deleitarse con os produtos de cósecha dos vosos campos. Son froitos sans e saborosos, solo as persoas sabias coma ti, saben traballalos e aproveitalos e tamén saborealos, son cousas moi diferente a o que vivimos e comemos na actualidade que todo e unha porque-ría, se nos fixamos moito non comemos nada.

    Un post para un 10 de puntuación reíña. Encantoume.
    E, e un pracer pasar por esta túa casa. Levo o sabor do pan con pipas ata parece que me chego o cheiro do pan forneado.

    Unha aperta grande e agarimosa, e tamén a miña gratitude y toda a miña estima.

    Se moi moi feliz.

    ResponderEliminar
  6. Leva moitas pifias o meu galego, pero ti entendelo, verdade? E colleita no cosecha. Entre outras mais...

    ResponderEliminar
  7. Hola, querida Bea!

    Gracias por tu visita y comentário.

    Escreves tão bién, k te entendo perfeitamente, aliás, yo entendo muy bién o espanhol.

    Pareces k estás escrevendo em Português. Es da Galicia?

    Pan nosso de cada dia continua sendo un precioso y importante alimento da Humanidad. Antigamente, cua si no havia máquinas y mi madre y sus hermanas haciam el pan em casa. Todo era manual, pero tão saboroso, me diz mi família.

    Te gusta cozinhar y meditar nas cosas do passado. Es sempre motivador recordar, pke vivemos todo outra vez.

    Besitos y un carinhoso abrazo.

    ResponderEliminar
  8. Bea, querida!

    Concordo completamente contigo. Tenho orgulho na Língua Portuguesa.
    Fico muy contenta por nos entendermos tão bem!

    Boa semana.

    Beijos.

    ResponderEliminar
  9. Bom dia, como português, sou apreciador de pão e consumidor do mesmo, todas as minhas refeições são acompanhadas de pão, no entanto não conheço o pão de pipas de girassol, certamente que é saboroso e vou ter que o provar, obrigado pela bela partilha.
    AG

    ResponderEliminar
  10. ¡Ay amiga de palabras! me hiciste recordar a una niña pequeña que los abuelos paternos llevaban en vacaciones a la aldea; en la cocina había una artesa donde amasaban el pan, luego el encendido del horno de piedra en un rincón de la finca, vecinos que traían su masa y para que no se confundieran cada quien tenía su marca. Luego, las empanadas, y si había exceso de huevos alguna rosca. Sinto o arrecendo e o calorciño a caron del... Gracias por una imagen tan dulce que se escondía en mis recuerdos.
    Las aldeas se quedan vacías y la tierra siempre quita el hambre...
    Un abrazo afectuoso

    ResponderEliminar
  11. Hola, mi querida Bea!

    Como te encuentras? Aqui, todo bién.

    Passando por tu blog para saber de ti y mirar se tinhas ou no nueva entrada. ainda, no. Esperarei, tu próximo post.

    Besitos y bon fin de semana.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.