Un
doce de novembro pola tarde, despois de xantar, ó soliño morno de
mediodía, na hamaca, a carón da horta, rematando de ler o libro de
Bertha von Suttner, rodeada polos meus queridos compañeiros, sempre
dispostos arredor de min, inseparables, entregados ao repouso que a
súa ama desexa parasí.
Complacientes e adorables nos seus modais,
sentín que estaba nun lugar previlexiado ainda que algúnhas veces
non saiba ser considerada con él.
Permanecimos así,
eles acomodados no banco onde eu repousaba as miñas pernas, frente a
frente, adormecidos todos nós en comunión espiritual co momento. O
ollos do gato destacaban da negrura do seu corpo como dous soles
nunha noite sen lúa. Noa, atenta sempre a calqueira dos meus
movimentos, interpretando o meu estado de ánimo, dándome bicos coa
lingua enroscada, tirándomos dende lonxe para non desacomodarnos e
seguir coa tarefa de ler e observar.
Estas sobremesas
compartidas na horta foron os momentos mais felices do verán e da
súa prolongación neste outro de San Martiño. Ogallá durase todo o
ano. Así non tería que pensar nas Canarias ou noutro destino mais
cálido onde resgardarse dos invernos galegos tan longos e húmidos.
Pero eses pensamentos están por demais. Só é un pensar pasaxeiro
que se esvae nada mais ollar para eles e ter a certeza de que nunca
os deixaría en tanto tempo. Son a miña obrigada
permanencia neste lugar. Tamén son a compaña e a ansia de cada día.
Levantarme á mañá e saber que me están agardando ao outro lado da
porta, infalibles, cos seus lombos levantados, pedindo aloumiños e
mais o almorzo, xa é motivo suficiente para non lles fallar, para
desafiar o frío da xeada, da neve e toda inclemencia que poida
presentarse. Terlles a comida que necesitan, e non só, tamén os
dentais, os desparasitadores, os premios... os peiteados e os paseos,
por non mencionar os enredos, as camas, os cambios de sabas..... o
confort! Eles son os inseparables, amistosos, caladiños, fieis e
serviciais alén de coidarme e axudarme nas tarefas da horta.
Xa
non imaxino a miña vida sen eles ainda que poidera suceder. Tampouco
imaxino a deles sen min. O futuro está por ver e mellor non
preocuparse. Non me gustaria velos sufrir, velos envellecer e perder
facultades, ao tempo que eu tamén as perda. Entón, non seremos quén
de coidarnos mutuamente. Mentras tanto, que veñan moitas sobremesas
como esta, en mútua compaña, polo San Martiño e mais polo San
Xoán.... qué mais da se temos que contar todo por santos.
Um texto muito bonito. Os animais são uma grande companhia, mas tal como nós também adoecem e morrem. E nós sofremos quando isso acontece.
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana
Ola Bea!!!
ResponderEliminarAí miña amiga! Que texto tan fermoso terno e humano nos entregas hoxe, non hoxe so, senón que o fas sempre, e importante todo o que ti escrebes, posto que pos alma e corazón en todo o que plasmas neste recuncho dos teus momentos creativos. Ata eu me sentín relaxada o ver a Noa adormecendo, unha bonita estampa son eses teus compañeiros que son máis legais e cariñosos que algún outro familiar. E verdade que fan unha segura e terna compañía sen maldade ningunha.
E un pracer pasar por esta túa casa e ler todo o que son contas con sinceridade e gracia.
Unha aperta grande, toda a miña gratitude e estima.
Ten unha feliz sema.
O que nos contas. Rectificando...
ResponderEliminarMil gracias Bea, por a túa xenerosidade.
ResponderEliminarTe moita razón cando dis que non imaxinas a vida sen eles, non cabe duda que fan unha grande compañía. Que bo sería que estivésemos máis cerca unha da outra. Estaría encantada da amizade.
Un brazo miña reíña. Boa noite.
¡Hola! Vengo del blog de Franziska y es un placer encontrar una vecina, no te contesto en gallego porque lo hablo pero no lo escribo, pertenezco a esa generación que emigró siendo una niña y el gallego normalizado se me hace cuesta arriba.
ResponderEliminarMe gustó mucho tu escrito porque para mi Lúa, mi perrita, ha sido la mejor medicina, a veces pienso que fue ella la que me adoptó a mí...
Las fotos preciosas y tengo la suerte de haberlas disfrutado en vivo y en directo :)
Desde Lugo ciudad, un afectuoso saludo