Un doce
de novembro pola tarde, despois de xantar, ó soliño morno de
mediodía, na hamaca, a carón da horta, rematando de ler o libro de
Bertha von Suttner, rodeada polos meus queridos compañeiros, sempre
dispostos arredor de min, inseparables, entregados ao repouso que a
súa ama desexa para sí, complacientes e adorables nos seus modais,
sentín que estaba nun lugar previlexiado ainda que algúnhas veces
non saiba ser considerada con él.
Permanecimos
así, eles acomodados no banco onde eu repousaba as miñas pernas,
frente a frente, adormecidos todos nós en comunión espiritual co
momento. O ollos do gato destacaban da negrura do seu corpo como dous
soles nunha noite sen lúa. Noa, atenta sempre a calqueira dos meus
movimentos, interpretando o meu estado de ánimo, dándome bicos coa
lingua enroscada, tirándomos dende lonxe para non desacomodarnos e
seguir na tarefa de ler e observar.
Estas sobremesas
compartidas na horta foron os momentos mais felices do verán e da
súa prolongación neste outro de San Martiño. Ogallá durase todo o
ano. Así non tería que pensar nas Canarias ou noutro destino mais
cálido onde resgardarse dos invernos galegos tan longos e húmidos.
Pero eses pensamentos están por demais. Só é un pensar pasaxeiro
que se esvae nada mais ollar para eles e ter a certeza de que nunca
os deixaría en por eles tanto tempo. Son a miña obrigada
permanencia neste lugar. Tamén son a compaña e a ansia de cada día.
Levantarme á mañá e saber que me están agardando ao outro lado da
porta, infalibles, cos seus lombos levantados, pedindo aloumiños e
mais o almorzo, xa é motivo suficiente para non lles fallar, para
desafiar o frío da xeada, da neve e toda inclemencia que poida
presentarse. Terlles a comida que necesitan, e non só, tamén os
dentais, os desparasitadores, os premios... os peiteados e os paseos,
por non mencionar os enredos, as camas, os cambios de sabas..... o
confort! Eles son os inseparables, amistosos, caladiños, fieis e
serviciais alén de coidarme e axudarme nas tarefas da horta.
Xa non imaxino a
miña vida sen eles ainda que poidera suceder. Tampouco imaxino a
deles sen min. O futuro está por ver e mellor non preocuparse. Non
me gustaria velos sufrir, velos envellecer e perder facultades, ao
tempo que eu tamén as perda. Entón, non seremos quén de coidarnos
mutuamente. Mentras tanto, que veñan moitas sobremesas como esta, en
mútua compaña, polo San Martiño e mais polo San Xoán.... qué
mais da se temos que contar todo por santos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.