www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 14 de novembro de 2014

UN DÍA ESPECIAL

Despertei entre as sabas polares, con manta de lá maragata por debaixo para non sentir a baixada da temperatura que se aproxima. Acostumeime ao frio e por iso tardo en prender a calefacción este ano. Nada como a calor do lume na cociña e que se estende por toda a casa. Acabaréi por dormir na cociña, algo que sempre quixen facer dende que naceu o meu fillo, pois era o sitio mais quentiño.
Asomeime á fiestra e vin que o chan non estaba mollado. Facía moito vento pero non chovía. Bo día para cortar a herba da horta. Como o xantar estaba resolto, (convidada ou magosto na escola), podía adicarme a esa faena que non me gusta nada empezar pero que unha vez metida, mesmo a disfroito.
Entre chuviñadas e paróns na vella desbrozadora por mor do fio que se enredaba, fun despexando a zona de mais tránsito.
A eso da unha menos cuarto, prepareime para ir almorzar cos meus colegas e ex alumn@s. Gustoume ver a decoración que fixeron para esta celebración, a partires dunha obra de Munch, " O Grito", e por qué non, "O Berro", xa que non sabemos cómo se diría en noruego. A idea era orixinal: un mural representando o cadro de Munch e fotos dos nenos e nenas e d@s profes imitando O Berro e cunha frase, neste caso, referente ao magosto, que explicara as súas caras sorprendidas. Fíxen unhas fotos que poñerei neste post.
Fíxome lembrar a casiña do autor noruego, que eu visitei, no sur de Oslo. Unha casiña humilde, con so dous cuartos e o mínimo imprescindible para sobreviver. Mais tarde, puiden ademirar a súa obra no Museo de Munch en Oslo.
Pensei no curto que fixera o meu fillo cando estudaba xornalismo en Compostela. Era esta mesma obra, escenificada e imaxinada dun xeito moi orixinal. A min gustárame e penso que estaría ben voltar a vela e dárllela a coñecer a esta pequena comunidade escolar que se esforzóu por adentrarse nun autor tan lonxano e do que apenas tiñan sentido falar.
Tamén eu voto de menos os meus anos como ensinante. Penso que me sinto satisfeita do que fixemos, sobre todo dos intercambios con outras escolas europeas que nos abriron unha fiestra ao mundo e un pretexto para a aprendizaxe das linguas estranxeiras que adquirían razón de ser aprendidas para algo, para nos comunicar con outras persoas de diferentes linguas e culturas.
Sorte que teñen estes nen@s de teren unha profesora de inglés, nativa, escocesa e tan disposta a facer da tarefa escolar unha fonte de ensino sen fronteiras.
Logo dun xantar saudable, variado e tan caseiro, con tarta de galletas de sobremesa e as castañas tan ben asadiñas e doces, saín dalí mais que contenta de ter compartido con eles esta celebración tan nosa como é o magosto, ainda que nolas deran a asadiñas e na mesa, sen ter que preparar o braseiro e asalas nos mesmos.
Rematamos con bombóns belgas que me fixeron lembrar a miña etapa como empregada de fábrica de chocolate en Suiza, cando facía bocadillos de bombóns, cos que caían fora da bandexa da cadea de embasado, que eran desbotados  e ían parar a unha caixa común que logo reciclarían, ainda que eu  levase algúns para regalárllelos aos hippies do lago de Zurich. Tempos aqueles, cando podía quedarche o bolso esquecido nun banco e voltar mais tarde e atopalo, non como as miñas botas que me levaron na piscina a onde vou, tendo que ir para a casa en chanclas. Por eso non quero viaxar de novo a eses lugares nos que estiven noutra época, por temor a non recoñecerme neles.
Eso ven a confirmar aquelo de que "calqueira tempo pasado foi mellor" ? Penso que non. Pero, dende logo, eran outros tempos ben diferentes!
Agora remata o día. Música clásica na radio, para min e para Noa e a gata, que disfroitan escoitandoa e reláxanse tanto coma min. Agora, co tempo pola miña man, escribo sen presa pero sen pausa ata atopar un punto final que me concilie co día vivido e disfroitado.
http://www.youtube.com/watch?v=3N6uJNT8i1M

5 comentarios:

  1. Encantame!!! Sempre me sorprendes...para ben..por suposto!!!

    ResponderEliminar
  2. Aí Bea, que risada acabo de botar, Ten razón Lucía, que sempre sorprendes...
    Así que che levaron as botas da piscina? É, Pero que miserables, daríalles tempo para `probalas e todo. Menos mal que che quedaban as sandalias...

    Ben, deixarnos un pos precioso dun día de desfreoute con compañeiros e alumnos.
    E onde recordas andanzas de outros tempos. E en outros lugares... Países recorridos e vivezas neles. Tes unha gran sabedoría e experiencias na túa vida.

    Ben, agora déixote que estou refríada e voume para cama, pero voltearei noutro momento.
    Foi un pracer lerte, contas as cousas con unha gracia especial, que un pásao moi ben léndote.
    Unha aperta moi agarimosa e bicos en voo que chegan en un suspiro.
    Se moi moi feliz. Boas noites. Amiga.

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias muchas por tu visita en mi blog y tu comentario es un placer venir a visitarte yio...
    Otro dia con mas tiempo leere tu post ahora un cordial saludo
    con un abrazo Marina

    ResponderEliminar
  4. Boa tarde li o seu longo texto com moito vento no xantar e xornalismo, chocolates belgas e suíços, adorei, sempre adoro a criatividade.
    AG

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.