|
Ao comezo da andaina |
De feito, o roteiro non se chama así, senón ROTEIRO ESTRADA DA REPÚBLICA e que se estende dende Liñares de Bedul ata Ponte Vilabol, polo encoro de Saíme, perto da Fonsagrada, entre Asturias e Galicia. As montañas impresionantes, formando un val en pendente por onde fluen diversos ríos que verten as augas ao encoro. Pódense ver ainda as bocas de minas de ferro, agromando na montaña e que datan de séculos pasados onde o ferro estaba moi presente nesta zona, abastecendo astaleiros da Mariña e sendo transportado con arrieiros e carros. O impacto medioambiental non foi moi agresivo con esta natureza virxe e deixou pegadas mínimas, apenas perceptibles.
|
Igrexa |
|
Érbedo ou albedro |
O roteiro percorre unha antiga estrada feita á man entre os anos 30-40, utilizando a pedra da zona, e para poder levar a cabo un trazado do encoro diferente ao actual. Incluso poidemos ver a casa que se construíu para a empresa que ía levala a cabo, e que hoxe está abandoada, e, mágoa, porque podía convertirse nun albergue xa que a zona ten un microclima mediterráneo e nada que ver a temperatura de alí abaixo coa da Fonsagrada, que está na cima. Por ende, medran os erbedeiros, (madroños en castelán), nome que aprendín onte, xa que non sabía cómo se dicía en galego. Ao longo do roteiro, moi chan e de doado camiñar, atópanse éstas fermosas árbores de bagas encarnadas que cubren o chán nesta época e que sirven de alimento aos animais que por alí se atopan. Eu apañei unhas cantas para facer marmelada, e neso estou mentras escribo e lembro a xornada de onte, de mais de un cento de sendeiristas chegados dende Burela, Lourenzá e Castroverde, e camiñando en irmandade, por este rinconciño tan próximo e ao mesmo tempo, tan descoñecido para min, que deixei sempre o da casa para explorar terras mais lonxanas.
|
Río que vai ao encoro de Saíme |
A estrada era suficientemente ancha na maior parte do seu traxecto ata que empezóu a empequenecerse, dando a sensación do cansazo ou desmoralización, ou falta de recursos, ou tamén pola dificultade do terreo, desembocando así, nun carreiro estreito e valado con madeira para evitar o precipicio da ladeira que descende ata o río. Atópanse fervenzas e regatos que van ao encontro do río e a vexetación vai cambiando segundo nos achegamos á zona mais fría e desprotexida dos ventos, onde abondan os castiñeiros e carballos e van diminuindo os érbedos. Alí, o río, fai meandros que dan lugar a praias fluviais como a de Pena do Inferno.
Unha paraxe apenas poboada. Unha casa alá ao lonxe, na ladeira dunha montaña e outra oculta entre a vexetación de outra ladeira, é todo o que se podía ver. E eu pensaba que sendo un clima cuase mediterráneo, ben poideramos vir aquí pasar o inverno en paga de irnos a Benidor, Canarias ou Cancún.
|
Praia fluvial de Pena do Inferno |
Entón xa non sería esto o que é pero o turismo que aquí viñese, penso que ía compartir moitas experencias de supervivencia e vida na natureza. Algo así pasóu coa Comuna do Vilar, a poucos quilómetros deste roteiro, ao outro lado do embalse, onde xente xove fíxose con aldeas abandoadas par levar unha vida silvestre e resistiron unhos cantos anos ata que se cansaron de tanto illamento, penso eu. E porque os seus descendentes soñaban cun mundo diferente, como sempre pasa entre xeracións. Non é doado permanecer no rural tendo mentalidade urbanita e agora que andamos un tanto sensíbeis co noso idioma en vias de desaparición, teño que engadir, que a maior parte da xente dos grupos expresábase en castelán e non en galego. Dá mágoa que todo o que somos, o que siñificamos e nos da razón de ser galegos e diferentes de outros pobos, corra este gravísimo risco de desaparecer para sempre. Virán tempos nos que xa nada se poida facer por recuperar o noso, e sentiremonos responsables, ao menos, de telo perdido xa que non culpábles directos??? Votémoslle un cable a nosa lingua e a nosa cultura porque se ben nos sensibilizamos antes o feito da desaparición de especies animais ou vexetais, por qué non da lingua????
¡Ola Bea!!!
ResponderEliminarPrimeiro felicidades moitas felicidades por ser unha aboa tan sensacional, alégrome de teu contento e celebro con gusto que todo estea ben na túa vida e na dos teus seres queridos.
E agora dicirche que me parece fantástica esa paisaxe que describes, con un clima cálido e que se ve nas fotos tan enxebre tan fermosa. Pa-sachedes un domingo de sendeirismo de xuntanza en pasar o día respirando a pura natureza. Xa me gustaría a min estar por aí e poder facer esa camiñada o teu lado.
Non creo que o noso idioma corra o risco de desaparecer... cando e unha sinatura obrigatoria nos colexios. Quizais fale mais o galego a xente xoves, que nos os mais maiores, que cando éramos rapaces iamos a escola, se falbamos galego, a profe castigábanos ou pegábanos coa bimba. E vaia por Deus que amín castigoume moitas veces falaba moi mal o castrapo.
De toda maneiras, hoxe e a min particularmente, gústame repeitar todos e cada un dos idiomas. Ou sexa, cada cal que fale como mellor lle guste. Sempre trato de entender a quen me fala.
Ben pois por hoxe déixote, con un forte abraco. Quérote, amiga.
Ata outro momento. Bicos azuis voando.
Estimada Bea:
ResponderEliminarBuena Nochebuena!!!!!
Buena Navidad!!!!
En estas palabras te dejo mi regalo:
Deseando sientas que :
Que la felicidad no está en encontrar a quien te haga feliz, sino en aprender a traer felicidad a los que te rodean.
Que la felicidad la encuentran las personas que aprenden a vivir sabiamente.
Que establezcas relaciones saludables, pongas límites, aceptes lo bueno y rechaces lo cuestionable.
Que tus pensamientos viajan en los sueños y que sean coloridos
Que aunque estés solo, te sientas siempre acompañado.
Que mires en cada atardecer, la promesa de un mañana.
.Y..... queridos Amigos y Amigas...no dejen de soñar!!!!!!.
Los sueños son algo nuestro que nadie nos puede quitar!!!!!!
Martha
¡Ola Bea!!!
ResponderEliminarPaso de novo a reler estas letras te fermosas que nos deixas e que tanto nos ensinan sobre as paraxes preciosas de algúns lares de Lugo. chámame a atención esa casa soa no pe da montaña, e tamén o río aló no pe dos montes altos.
Es todo un mundo de beleza, dar un paseo na primavera por ese lugar de en-soño.
Ben amiga, ata outra ocasión, pensei que tiñas unha nova entrada, pero vexo que non, agora coa netiña no aí tanto tempo verdade? E véxoo lóxico.
Un abrazo e feliz aninovo. Tamén todos os días da vida.
Te deseo que en este año 2015:
ResponderEliminar...... "se transformen tus ilusiones y deseos en realidades, sin que se apague la llama de la esperanza;
que te animes a volar alto como el águila, a sostenerte como un árbol y a iluminarte como una estrella "......
A ti y seres queridos mi mas apreciado recuerdo, con las energías mas positivas que existan de bonanza.
Cariños
Martha