www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 25 de decembro de 2013

NADAL 2013

Dia de Nadal!
Un día normal. Nada no ambiente indica aquelo que eu vivía de nena: levantarse e felicitarnos o Nadal, ir a misa e ollar aquel nacemento, aquel Xesús que nacía cada ano, bicar o recen nado, sentirnos moi felices, relacionarnos cos viciños, falar, compartir unha copa na taberna, (que era na miña casa) e logo un xantar diferente, coa familia. Podía haber tamén unha nevada ambientando a paisaxe e notar que realmente era Nadal.
Agora, con unha persona en cada casa, maiores e con poucas ganas de sair ao frío, todo eso quedouse en nada.
Eu, levántome pensando nos meus compañeiriños: Noa, a gata e os cinco cachorriños da Noa. Todos me agardan para que lles de comida, mimos e coidados. Están preciosos. Sobre todo os cachorriños que xa empezan a comer as papillas que lles preparo. Hoxe fareilles outra foto para poñer aquí. 
Decido facer un doce, unha rosca. Alomenos teréi algo qué faga o día diferente. 
Ocúrrenseme ideas para relacionarme mais coa xente da parroquia: ir tomar un café ó Centro de Interpretación, ou sexa, o bar, pois non chegóu a ser completamente o que se pretendía, por mor da crise? Ainda que non me gusta moito o café deses sitios. 
Así podería enterarme de cousas que pasan e das que apenas me entero, como son defuncións, casamentos e nacementos (éstes últimos son raros), ler a prensa, saber da saúde dos parroquianos, enterarme de algunha actividade cultural ou lúdica, e mesmo facer punto, ou xogar ás cartas...... Son bos propósitos, non cabe dúbida, pero sei como acaban cando non hai constancia, tenacidade, hábito....
Entón, opto por abrir internet e ler os correos, entrar no cotilleo do Facebook, consultar algunha receita ou remedio ou cómo criar cachorros saúdables.
A música na radio, na mesma emisora. Escoito e a veces tamén bailo. Cando bailo, o corpo entra en estado de euforia e desexo ir a bailes porque bailar soa está ben pero é mellor relacionarse cos demais.
A punto de parar de chover, planeo un paseo coa Noa. Aproveitaremos esta escampadiña e daremos unha volta pola aldea. Así verei alguén e saberei cómo de frío está o día.
Síntome encerrada, sen posibilidades de escapar, de percorrer mundo, mundo, mundo, como se esto non fose mundo xa. Pero sei o que me digo: quero emocións!
Acabo de prepararme malta con café, como facía miña avóa. Eso con un pouco de turrón duro de améndoas fai unha delicia deste momento no que esto escribo.
Mesmo me estou animando. Eso é un efecto inmediato do café/malta/turrón. Na vida, necesitamos de momentos máxicos!
Polo demais, non entendo o Nadal xa. Todo semella que foi cousa dun tempo pasado. Nen embargantes, resulta curioso e case contraditorio, que onte me dera por rescatar a árbore branca do Nadal nevado e poñerlle luces de cores na ventana da galería e outra mais pequena na entrada da casa con boliñas feitas na República Checa, agasallo dunha amiga de alí. Necesitaba poñer algún destello que me resucitase deste letargo no que vou caendo sen remedio, a menos que eu llo poña.
E se me paro a reflexionar, direi que tamén, dalgunha maneira, celebrei a Noite Boa, cenando algo que me pareceu de alta cociña. Algo moi simple pero que me atraía nesa cea: filloas brancas, torradas de unha en unha, con mel fundida e canela por enriba. Estaban  deliciosas. Tamén convidei a Noa e a gata a unha filloíña daquelas. Degustárona con verdadeiro pracer. A gata dáballe pequerrechos mordisquiños que facían un ruidiño moi tenro e propio da sua suavidade. Noa, comía sen mastigar, a grandes bocados que engulía con presa e ansia sen apreciar ruidiños nen texturas, só engulir!
De todos modos, nono pasei nada mal. Mesmo escoitei o discurso da súa Maxestade. Non por devoción, pero sí por curiosidade. Chamóume a atención a súa garabata bermella que lle daba un toque desenfadado, facéndoo mais xoven e por ende, un pouco dado a "vello verde". Polo demais, non me parece que dixese ningunha impropiedade. Él xa sabe cómo quedar ben e non gastar nada. Tamén me gustóu que tivera, por primeira vez, intérprete de linguaxe de sinos. Qué menos!
E ahí quedan as miñas impresións navideñas para quén goste de lelas.
Eu, vou dar unha volta. Cando teña a foto dos pequerrechos xa a poño.
De momento, deixo unha que siñificóu o meu Nadal de este 2013.
MOITA FELICIDADE SEMPRE A TOD@S

9 comentarios:

  1. ¡Muchas felicidades! Un abrazo en la distancia. Lou

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Ola Bea!!! Feliz nadal miña amiga.

    Dexasnos un pos fermoso e tamén un tanto nostalxico... tes razón que semella o meu, pero son deferntes ti explicalo moito mellor que eu.
    Que verdades grandes nos contas, da-quela con pouco eramos moifelices pasaba-molo bonba, agora todo cambia non ai a unidede familiar nen de veciñal que había entoces.

    Paréceme moi ben a correncia de relacionarte, de sair da cesa e facer alguha actividade tomar un café ou o que sexa para relacionarte, non te quedes non te encerres, debes tratar intentar de buscar fecer algún proxeto cousas novas que te estimulen, algún aliciente que te faga sair dese letargo, que che brinde felicidad. A vida pasa nun suspiro, e penso que metras seas xove coma agora, debería ser algo máis que coidar do que te rodea.
    Carai as aboas canto sabían e canto é canto calorciño, amor sabeduría mos deixaron eh!!.

    ¡Seguro que estaba boísimo ese café malta/ turrón, lástima de non estar eu máis cerca de ti!!! Haber se un día cadra para porvar.

    Estou dacordo totalnente que nesta vida, todos necesitamo momentos maxicos.

    Fixeches moi ben recobrar a arbore, o nadal se poñemos empeño ilusión... perece que foi cousa dun tempo, pero segue sendo oxe tamén, o que pasa e que vamos perdendo entusiasmo por moitas cousas que ocorren a nosa redor e lonxe tamén.
    Todo se coverte en egoísmo e corrupción, da nauseas ler so periodicos, ou ver a tele. A ambición, solo busca o resplandor dos seus palacios.

    Ben Bea, pois algrome que o pasaras bem, amím o descurso da Maxestade do Rei, nen sequera o -vin , para mín xa nos ten ninguha importacia.
    So dicirche que me encantaron estas letras que nos deixache, esperando ver as fotos dos cachorros.

    Déixoche a miña gratitude e a miña estima sempre.
    Un forte abrazo moi agarimoso.
    E se moi -feliz. Agora e sempre.


    ResponderEliminar
  3. compartimos el sentimiento y pensamiento. Mucho gusto Bea!!!

    ResponderEliminar
  4. Ola muito obrigado pelas felicitações e meu grande voto de Boas Festa.Abraços.SU

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡Aí Bea!!! Perdoa as miñas faltas de escritura, agora o repasar o que escribín ríome de min. En vez de n, puxen m, en moitas palabras e en vez de casa, puxen cesa, en-fin... Despois de escribir mal galego aínda poño o que non debo.

    Gracias por esa foto dos parrulos cachorros, está preciosos, da gana de roubalos.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  6. Boa noite,
    Venho desejar-lhe um ano novo repleto de felicidade.
    Abraço
    ag

    ResponderEliminar
  7. Hola Bea

    Gracias por la visita.
    Desde Portugal, um forte abraço com deseos de Bom Ano Novo

    ResponderEliminar
  8. ¡Muchas felicidades en este nuevo año! Un beso grande. Lou.

    ResponderEliminar
  9. ¡Ola -Bea!

    Gracias querida amiga por as túa palabras que non merezco, e so que me doe tanta miseria, que mentras uns pasan fame, outro camemos demáis, e depois ata estamos mal do estomago.
    Está o mundo moi mal repartido.
    Ben pois que teñamos un ano de máis abundancia para todo o mundo, saude sobre todo e moita felicidade, e que nunca nos sintamos sos.

    Un abrazo grande con moito amor e cariño.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.