www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 5 de febreiro de 2013

ROMANESCA

A miña horta é unha fonte de sorpresas. Tan perto a teño que podo dicir que a vexo cada día, pero non, nona vexo ben. Será polo tempo frío e chuvioso que non vou moito a observar polo miudo. Pero, esta tarde, que facía un dia de sol que convidaba a facer vida fora, asoméime ao pequeno invernadeiro, para regar algúnhas leitugas e cal non sería a miña sorpresa ao ver unha col fermosísima, como de encaixe ou nido de abella, asomar por entre as follas verdes que a protexían. Estivo medrando todo o tempo e eu nona vin nacer, non vin que saíse dela nada en concreto. Dende que recollera o brucoli xa pensei que nada ía a sair daquelas coles. Só me fixaba nas coles de bruxelas que sí penduran por todos lados dunha col moi alta. Así que cando vin a romanesca, quedei abraiada e recollina para a cea deste oito de febreiro.
Agora xa sei que se me dan ven as crucíferas na miña horta, concretamente no invernadeiro, pois nada así se tería logrado fora dél. Poñeréi outro mais grande e cultivarei esta variedade de col porque son anticanceríxenas.
Nada como ter unha horta que te sorprenda coa primeira frol, con verduras un tanto exóticas que pensabas que non se darían.
Ahí deixo a miña col para que a admiredes como unha frol de filigrana.

1 comentario:

  1. Ola Bea: por fin entro e podo comentar algo, decirche que ten unha pinta que abre a gana de comer, mesmo está para comela cocida eh!!!. Esa verdura, e irma do brecoli, tes razón que -e moi sabrosa e ten as suas propiedades, a verdade e que todas as verduras a teñen.

    E fenomenal ter unha orta así, sabes o que comes, os-que compramos todo, estamos máis mal alimentados, todo e quimica o que comemos: ademáis non ten o savor que ten o que sembramos na nosa veiga.
    Eu cando era mási xóven traballaba unha finca, e todo o que recollía sabía a gloria, agora a xente nova nos fales de traballar coa sacha.

    Ben miña xoiña, ata outro momento que puñas algo neste xardín blogueiro.
    Gracias por compartir esta beleza de verdura xunto con as tuas sabias letras.
    Deixoche unha aperta cun moito agarimo.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.