www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 26 de febreiro de 2012

CAMIÑO DO MAR: Barreiros-Fazouro

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Another scrapbook design by Smilebox





Despois dunha longa viaxe, puxemos pé no chán a altura de Foz por un camiño interior que nos iría levando por fermosos paraxes paralelos a costa : Vilaronte, San Martiño, cunha igrexa románica das mais antigas de Galiza, ata chegar ao mar, tan ansiado por tod@s, a xulgar pola presa en tomar sendeiros mesmo a sua carón en paga da estrada que nos estaba indicada. A pesar da mañá neboenta e mesmo temperadiña, había xente que gustou de darse un baño.
Ao paso, asomaban tentadores limoeiros, laranxeiros que espertaban o noso degoro de coller a froita prohibida. Eu, seguindo os pasos de Eva (a do paraíso perdido) quixen acadar unha mandarina co bastón e caer caeu pero tiven que pagar o prezo xusto: unha dor no lado dereito por non estar entreada neste tipo de rapiñas. Así, foime xa imposible chegar á meta e grazas a que os autobuses están onde mais se precisan e no momento oportuno.
O xantar foi o remedio a tódolos males habidos e por haber xa que nos agardaba un expléndido comedor, cunha decoración de luxo, manteis incluídos, e copas para o viño e auga que se non eran de Bohemia pouco lles faltaba. O primeiro prato foi ben recibido pois tratábase dunhos callos moi ricos e repetimos ata duas e tres veces; logo merluza fresquiña con patacas e ensalada e para rematar, unha tarta ao ron que nos deixou mellor que cando empezamos o día. Café caseiro e unhas gotas dalguén que sempre as leva, e así, un soliño de volta que nos arrulou para votar unha sestiña e así remata un domingo de febreiro que deixoume un bo sabor de boca ainda que a mandarina esta nona probei e penso que amarga.