Domingo de Pascoa, cita en Cabreira. Compartindo coche coa familia dirixímonos a Cubilledo aventura: primeiro á Espiña, raíces paternas, aldea con dúas casas (unha con xente esporadicamente), a outra, onde naceu meu pai, en semiabandono, cun hórreo que aguanta a duras penas o paso do tempo. Explorámolo. Ten varios departamentos, un interior que hai que interpretalo, sitios para amacenar o gran, sitios para colgar os touciños, os untos... un corredor que vai todo arredor deixando no medio, espazos para gardar o máis prezado. O corredor está máis ventilado, ideal para curar os queixos, gardar o pan, todo baixo chave. Alí non hai ratos, todo está protexido e conservado, mesmo se gardaban as mazáns, as castañas, as fabas...
Nestes catro pés aguántase a pesada carga e non hai rato capaz de subir.
Poderíamos dicir que esta é a cúpula por onde se cola a luz entre as madeiras.
O corredor circunda todo e deixa pasar luz e ventilación entre as táboas que o tabican.
Nestes compartimentos a modo de caixóns gardábase o centeo, o trigo...
O forno de cocer o pan en estado ruinoso aínda conserva a memoria dun tempo ido.
E despois da Espiña, agardábanos Tino na Casa do Medio, ou tamén Pousada dos Boieiros, en Esgrade, onde él foi artellando un museo etnográfico con todos os obxectos antigos que se atopaban na casa ou que lle foron dando. Alí teñen lugar de vez en cando actos de presentacións de libros, acompañados con actuacións musicais. Tamén se conserva a pequena cantina-museo na que se poden atopar os obxectos máis variados.
Despois de Esgrade, enfilamos cara a Cabreira para asistir á misa na capela que se celebra unha vez ao ano na honra da patrona, a Pastora, unha virxe pequeniña, e cunha concurrencia case fixa, que somos os convidados e convidadas das dúas casas anfitrionas que aínda manteñen viva Cabreira, entre moitas outras en estado ruinoso e sen xente pero que no seu día, deron vida a esta aldea na que tamén houbo escola.
Con vistas á Marronda e o río Eo no fondo camiño da Corte Vella que está a pouco máis de seis quilómetros seguindo o río, pois é unha das rutas dende Fonteo á Corte Vella.
E logo de cumprir coas devocións relixiosas, un xantar para vinte agardábanos nunha das casas á que estabamos convidados. Tamén na outra casa habería outras tantas persoas e o arrecendo a churrasco estendíase por toda a aldea e ata os cans estaban moi contentos de ter tantas atencións e perspectivas dun bó xantar.











Querida amiga Beatriz,
ResponderEliminarOtra excelente publicación que compartiste con nosotros, mostrando esta reunión de familiares y amigos rodeados de naturaleza y deliciosa comida.
Espero que todos hayan tenido una feliz Pascua.
Un abrazo.
Grazas, Doug, os bolos foron a perdición! Tanta sobremesa!
EliminarMais tudo ficóu otimo!
Abraço
Guardem um lugar à mesa.
ResponderEliminarVou a caminho
Rs, rs, rs...para a Pascoa 2027!
EliminarOla Bea:
ResponderEliminarQue bonita xornada de aprendizaxe sobre as vosas raíces cos teus (e túas)! Penso que deberon quedar satisfeitos de coñecer máis sobre as súas orixes, xa que as orixes e o pasado forman parte de nós mesmos, e de quen somos, do trasmitido a nós xeración tras xeración, nos guste ou non.
Namoroume ese hórreo (cabozo como dicimos na miña terra). Que grande, fermoso e ben ideado. Non lle falta detalle. Daría para unha vivienda!
Fíxoo teu pai ou foi unha obra dun carpintero anterior?
Recordó que nós tamén fumos contigo a Cabreira, e conocimos a esa señora tan simpática e espelida, amiga túa e veciña dos teus familiares.
Espero verte axiña. Un biquiño,
Iria
Ola Iria, feliz de verte por aquí en territorio coñecido polas dúas nas nosas rutas por Cubilledo. Xa eres algo Baleiresa!
EliminarPois as raíces son moi importantes, saber de donde vimos e non perder de vista o que nos orixinou.
Os hórreos, puro arte práctico, auténticas despensas libres de ratos e feitas con madeiras nobles que perduran no tempo.
Deberían obrigar a conservalos como obrigan a manter limpas as fincas.
Moitas grazas por valorar o que temos no noso rural.
Aperta grande
Hola Bea. Una excursión muy caprichosa. Sobretodo detallando todo lo que fue y lo que hoy ya no es. Son casas con dueños.
ResponderEliminarUn abrazo
.
Ola Mónica, grazas por facer este tour que tamén che trae recordos. Casas con donos! Así é. Esperemos que non se queden en casas sen donos e que atopen quen as coide e restaure.
EliminarUn abrazo
Hola Bea. Pues sí. Sobretodo aquellos veranos estirada en la hierva fresca cuando el sol empezaba a calentar por las mañanas. Sin móviles ni nada. En pleno silencio. Aquello sí que era desconectar de verdad.
EliminarUn abrazo enorme.
Buen fin de semana.
Olá querida
ResponderEliminarAmei tê-la no meu cantinho
E venho retribuir sua visita.
Lindas fotos, que lugares lindos!
Obrigada por compartilhar conosco tantas maravilhas.
Um abraço mineiro pra você.
Bia é maravilhosa. Acho Portugal lindo, mas ela é muito mais linda ainda.
EliminarUm beijo para você, Larissa e um Beijo para Bia, querida.
Olá Larissa, bonito nome! Agradezo túa visita ao meu cantinho também. Seguimos en contacto.
EliminarAbraço galego para voçê!
Por tí conheço a Larissa e o seu blog !
EliminarObrigado pelos cumprimentos ¿.?
Beijinho