Un día de chuvia incesante e intensa, botou a perder os planes. Por unha estrada de néboa e chuvia, dirixínme, as 10:00 á Fonsagrada. A ruta dos Pintores agardábanos. Estaba organizada dentro do programa Foliada da Fonsagrada 2023 na que haberá concertos, gastronomía, obradoiros...
No punto de encontro, só había un grupiño de xente xoven, que agardaba baixo unha das grandes carpas que se preparaba para o evento. Os ánimos de facer o roteiro non eran os agardados. Decidimos compartir un café e enxugarnos algo da chuvia que xa nos mollara. Alí, moi animadamente, decidimos non ir e cambiamos de plans. A mín ocurréuseme unha visita ao Museo Etnográfico, que é de recoñecido prestixio.
Con aquelo de que non hai mal que por ben non veña, aló dirixín os meus pasos en solitario para, logo, atoparme con alguén máis que optóu pola visita ao museo.
Comezando a explorar as salas, apareceu un milagre: Esperanza, unha voluntaria case octoxenaria, que fixo de guía e nos ensinóu cousas que nós non houberamos sido capaces de interpretar pola nosa conta.
Esperanza, unha lucense que deixóu a cidade por amor a un fonsagradino, é embaixadora e colaboradora cultural da vila montañesa de Lugo, dende fai moitísimos anos e da que non ten pensado irse. Axuda adecote no museo, ten moitos coñecementos do todo o que alí se garda e que foi donado pola xente do concello máis grande de Lugo, coñece ben a xente, os persoeiros antergos e actuais que destacaron nas artes, así como a historia do lugar a través dos tempos presentes e pasados.
Pasamos alí máis de duas horas, engaiolados pola súa dialéctica tan chea de entusiasmo, anécdotas, curiosidades... e descubrindo qué eran e para qué servían algúns dos obxectos alí gardados, e tamén o proceso de elaboración do liño, da lá, dos instrumentos que foron inventados para mecanizar as tarefas domésticas e que son froito de mentes creativas e cun sentido práctico que demostra a intelixencia dos seus autores, capaces de crear unha tecnoloxía a partir de elemtos moi simples como a madeira, o ferro, as plantas...
Cómo houberamos sabido que estas pelicas de can para tapárlles os ollos aos bois para que non se pelexaran, tiñan esa función e só podían ser de can, xa que ao non teren glándulas sudoríparas, mantíñanse sempre enxoitas e non molestaban ao animal?
Ou cómo un artiluxio servía para separar a nata do leite para poder facer logo manteiga, dunha maneira mecánica para producir grandes cantidades?
Ou a conto de qué viña esta maqueta de cor amarela que non era máis que o que alí se ve pero que ten detras, premios internacionais... e por qué? Porque da Fonsagrada é Mónica Alonso, (Wikipedia) diseñadora e creadora que fixo das lembranzas dun pasillo da casa dos avós, que ao mirala dende arriba se multiplique en ata doce a única porta de saída, tendo tamén a de entrada na casa, e que daría o seguinte resultado:
Non faltóu unha escenificación na sá que mostra unha antiga escola galega, cun dos pupitres de orixe bretón, anécdota que tamén nos explicóu Esperanza, de cómo viñera dar á Fonsagrada.
Alí consérvanse libros e cadernos do alumnado daquela época, na que me recoñecín e na que se me pedíu que me sentase na mesa da mestra, posto que eu fun unha delas, non das de vara pero sí das que gardei cadernos do meu alumnado. De feito, eu tería material para un pequeno museo no que non faltarían zocas, ferramentas de carpinteiro, de tecedoras... e da lá, entre moitas outras.
Así rematamos a visita cando xa eran máis das 2:00 da tarde e a chuvia seguía dándolle duro, lavando as pedras da Fonsagrada e, eu, feliz de que tiveramos a sorte de atopar a persóa idónea para acompañar a nosa visita o museo. Quedaron moitísimas cousas sen ver, sen identificar pero haberá máis ocasións de volver.
Nesta tora de carballo ou castiñeiro, agochábanse os víveres en tempos de fiscalía que ía polas casas a recaudar e, de paso, rapiñar o pouco que tiñan as xentes das aldeas. Enterrábano nun pozo e simulaban que estaban a construílo, sen que poideran decatarse de que alí se escondían, xamóns, lacóns, touciños, chourizos, botelos, pan... Ningún dos maiores que quedaban sabía para que tiña servido ata que nunha visita dun grupo que viña de lonxe, un señor de 90 anos, lles dixo para qué era. A cultura trasmítese e compártese. Non rompamos a cadea...
Interesante visita con anécdotas que non coñecía. Cando chove, unha alternativa ideal é visitar un museo, é con boa compañía, mello. Grazas por compartir! N R
ResponderEliminarMuito interessante. Adoro visitar museus.
ResponderEliminarAbraço e saúde
Hola Beatriz, a veces un día triste y de lluvia, se puede transformar en edificante ante lo etnográfico, que nos retrotrae al pasado y afloran los recuerdos y la grandeza y eficiencia con la que con pocos recursos la felicidad se alcanzaba. Gracias por todo ello y MUY FELICES FIESTAS
ResponderEliminarUn fuerte abrazo
Beatriz, o museo e o que aprendín foi xenial, pero coñecerte aínda foi mellor! Grazas!
ResponderEliminarBeatriz, me ha gustado este artículo del que he sacado dos enseñanzas: Que tienes buena pose para el magisterio y que la lección de tu informador sobre cómo esconder los víveres en tiempos duros, más valdrá no olvidarla.
ResponderEliminarMenudos tiempos corren...
Un besazzo.
Beatriz, fíxenme fan da Fonsagrada, do seu museo e de Esperanza. E agora do teu blog! Grazas!
ResponderEliminarPois teño que saber quen d@s tres es!
Eliminar