A Asociación Galega de Custodia do Territorio, tiña programada para hoxe unha ruta polos endemismos serpentínicos na serra do Careón, na que conflúen tres provincias galegas: A Coruña, Lugo e Pontevedra.
O lugar dista 73 kms dende a miña aldea. A mañá non era nada favorable a coller o coche e facelos. Había néboa mesta, xeada, moito frío e era de noite aínda cando saín da casa ás oito da mañá. Pero a temática chamóume dende o primeiro momento. Quería coñecer de perto as especies florais que alí se conservan a duras penas, debido aos impactos ambientais que se presentan na zona.
A herba de namorar de Merino, (Armeria merinoi), Magarza de Barazón, (Leucanthemum gallaecicum), Santolina de Melide, (Santolina melidensis), todas elas loitando pola supervivencia e que non puidemos ver na flor porque non hai ata a primavera.
O punto de encontro era na aldea de Basadre, xunto a eirexa. Fomos chegando por contagotas porque as pistas de acceso eran pouco máis que camiños e sen sinalización. Alí nos agardaba o noso guía, Martiño Cabana, biólogo e principal responsable deste proxecto de Preservación do territorio en colaboración coa Deputación da Coruña que mercan e arrendan parcelas co fin de protexelas da devastación que algunhas empresas e particulares pretenden facer sen miramentos e que poñen en perigo especies protexidas e en perigo de desaparecer para sempre.
Estas especies medran nun determinado terreo de rochas metamórficas que por un proceso de serpentinización, carganse de metais pesados como o níquel, o cromo ou o cobre e propician que agromen especies novas e resistentes a eles cando outra vexetación non prospera nesa toxicidade. Por iso se lles denomina especies endémicas.
O sendeiro descorre por camiños ben enlamados, enchoupados de auga por todos lados. Os máis precavidos levaban botas altas de goma. Vense moitas plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos así como grandes parcelas que van ser destiñadas a unha celulosa, Altri, xunto a espazos de Rede Natura que lindan con dita parcela, algúns dos mercados ou alugados por Custodia do Territorio e que ocasionarán mais prexuicios ca beneficios.
Pasadas as zonas que íamos visitar con máis implicación no proxecto de preservación, acadamos unha ladeira que descende ata o río Ulla onde se atopa un muíño, un complexo residencial privado, nunha zona cun microclima idóneo, protexido do norte por unha montaña e onde atopamos chumbeiras.
Atopámonos alí cunha festa de mocidade, todas e todos disfrazados, que se dispuñan a celebrar un xantar de confraternidade, amenizado por unha charanga e en honra ao santo inventado para a ocasión que ten algo que ver co nome Aqua Lata.
Gustoume ver o conxunto monumental de carácter etnográfico que forman as pendellas da feira,
que é patrimonio a conservar e que, actualmente, xa non se usa por teren indo decaendo as actividades que se desenrolaban en torno del como o aloxamento dos animais en días previos á feira, os postos das verduras, dos tecidos e demáis útiles que se vendían e mercaban nestes lugares.
O día portouse ben, con sol abundante, ceos azuis e moito intercambio de coñecementos que ían aflorando dos nosos vasos comunicantes. Pagóu a pena darse o madrugón nunha mañá que tiraba a calquera para atrás. Nesta vida hai que aventurarse, aprender cousas novas, relacionarse cos demáis e bailar canto se poida. Eu non me privei de facelo en Agolada, ao son dos sasofóns, trompetas e percusión. Un sitio ao que non pensaba ir e fun!
Una salida muy interesante y bucólica. Me gustó. Gracias por compartir.
ResponderEliminarUn abrazo, y feliz Navidad
Hola Beatriz, ese encuentro con la naturaleza que describes, sin lugar a dudas aparenta ser enriquecedor y atractivo por la deriva del conocer y al propio tiempo enriquecerse con nuevas y variadas experiencias. Gracias por compartirlo.
ResponderEliminarUn fuerte abrazo
Bonito día y bonita fotografía. Un abrazo. Feliz Navidad.
ResponderEliminarLARM el anterior
ResponderEliminarCreo que habréis pasado un día maravilloso, los paisajes que nos muestras son realmente hermosos
ResponderEliminarTe deseo unas preciosas y cálidas navidades
Un cariñoso abrazo
Unha aventureira en toda regra, unha andaina didáctica con tempo para o lecer chegando a Golada, o conxunto da feira menos coidado que o de Castroverde pero igual de interesante.
ResponderEliminarMoi ben resumida a experiencía.
que mierda es todo me estoy llendo me cansé de la mierda que me tiran
ResponderEliminarbeso
Son un recorrido, y una excursión preciosos por esa zona de Galicia. Me ha sorprendido ver esas chumberas allá, que si se dan en Mallorca, y que yo pensé que eran de secano exclusivamente.
ResponderEliminarAmiga Beatriz,
ResponderEliminarObrigado por acompanhar o ®DOUG BLOG em (2023).
O ®DOUG BLOG deseja a todos os amigos, leitores e seguidores um Feliz Natal e um Ano Novo repleto de realizações. Eu sei que todos os anos repetimos esses mesmos desejos e nem sempre as coisas acontecem como queremos. Porém sou um homem de fé e que sempre acredita em dias melhores.
Um carinhoso abraço!!! ☆_(ヅ)_/¯¯[2024]