www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 30 de abril de 2023

EL PAÍS DEL ABEYEIRO

 


E un xardín polinizador

Leva nome Fernándo Fueyo.

Proxecto de emprendedor@s.

Aldeas abandonadas.

Inventan alternativas,

Son hoxe ben visitadas,

De todos puntos de España.

Escola de Natureza,

Leccións de vida son.

As plantas e os insectos

Buligan a seu carón

En harmonía e simbiose

Yos sapiños, porta adentro,

Encantados están, ou non.

Imos pola montaña

Rumo á fraga abandonada:

O Souto de Humbaldt

(Acróstico)












Nestas III xornadas da Cencia na Aldea, dirixínme a Negueira de Muñiz, o concello máis pequeno de Lugo, onde se atopa o lugar de Penadenogueira. Alí, nunha casa restaurada para ser aula da natureza con xardín polinizador incluído, aproveitando o desnivel da leira que foi no seu día e que hoxe está repoboada con plantas aromáticas e tamén coas que medran libremente, dando o néctar e o pólen a milleiros de insectos e outros animais que estan encantados de formar unha colonia permanente no entorno do encoro do río Návia, cun microclima que propicia o confort que necesitan.


Houbo tres días de experencias compartidas con xente que veu dende diferentes puntos do país, e hoxe, domingo, puiden atender á ponencia do botánico Bernabé Moya, que nos falóu ampliamente das fragas (bosques), que para poder ser chamados así, é preciso que teñan cando menos dez tipos de árbores diferentes. Tamén nos aconsellóu non andar por aí abrazando as árbores que nós non plantamos. Pois o turismo de masas fai que se deterioren as árbores con tanto contacto continuado. Polo tanto, deberiamos abrazar só aos que plantamos. Tamén: árbore cortado, árbore plantado. Imos camiño da deforestación que provoca cambio climático e falta de auga. Sen auga, non hai nada.


Visitamos a Fraga de Humboldt, con máis de duascentas hectáreas entre as vintesete mil de toda Europa.

Esta fraga estivo cincoenta anos abandonada, despois de que os habitantes destas aldeas tiveran que buscarse a subsistencia lonxe, nas cidades. Agora, algúns deles volveron e ponse en valor o interese medioambiental daquelo que non apreciaran antes pero que lles daba a comida, sobre todo castañas, e o pastoreo que as mantiña limpas. Fíxonos de guía Floreal Uría,  un antigo habitante da aldea que nos foi contando cómo era a vida alí na súa xuventude.

Houbo actuacións musicais como non podían faltar nun día de confraternidade:


Davide Salvado e a súa compañeira de vida e musical, Fransy González ( ver vídeo)

Alonso y los ojazos, (un rapaciño que toca a batería divinamente)

Natalia Ruíz e Manuel González, cun chotis moi novedoso.


O xantar de comida caseira agardaba xa por nós, alí mesmo non xardín e demoramos tanto  nas conversas de sobremesa que, eu, non asistín ao roteiro pola fraga porque non me quería ver soa por esas estradas a carón de encoro no caso de facerse tarde.




Unha colmea para abellas silvestres.


Vídeo: 





16 comentarios:

  1. Graciñas por nos ilustrar . Penso que xa forzas outra vez ahí. O día estivo axeitado, nen frío nen calor. Desfruta todo o que poidas. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Qué interesante, es entender que formamos parte de la naturaleza, y por tanto, debemos poder vibrar en su tono y armonía. Lo malo es que nos entrenemos con ruidos, prisas, agobios...pero si a veces podemos conectar, qué gusto.

    Un abrazo, y feliz día

    ResponderEliminar
  3. Unha xornada de aprendizaxe, ben resumida, inda que pensó que moito do que se dixo xa tiñas coñecemento, pero unha sempre queda con algo novo inda que se vaía dúas veces ou tres o mesmo lugar, aparte de entablar conversa e distintas formas de ver as cousas.
    Nada máis queda dicir que fermosa reportaxe e fotos.

    ResponderEliminar
  4. Hola, Beatriz, he enviado tu enlace a mis familiares que están interesados en la apicultura. Qué buena entrada la tuya para llamar la atención sobre ese mundo fascinante y amenazado. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Enriquecedor relato, grazas por compartir as túas marabillosas andainas sempre tan interesantes.
    Un día completo polo que se ve, alédome de que o disfrutaras. Biquiños!

    ResponderEliminar
  6. Ola Bea:

    Agardo ir na próxima edición porque a verdade ten moi boa pinta esta iniciativa e as xornadas arredor dela. Moi interesante todo o que contas e moi importante tomar conciencia do valor do noso, xa é hora de que o fagamos como os veciños da fraga de Humboldt, que nome máis exótico! Cal será a súa historia?

    Xa sabía que unha fraga era un bosque con distintas especies autóctonas, pero descoñecía que para considerarse así tiñan que ser máis de dez!

    Grazas por este post tan bonito e didáctico.

    Iria

    ResponderEliminar
  7. Beatriz!
    Que belo passeio e como é bom está em meio a natureza, com pessoas que mostra experiência de vida e como sabe ser feliz.
    Lindas fotos! Obrigada pela partilha!
    Feliz mês de Maio.
    Um abraço.

    ResponderEliminar
  8. Hola Beatriz. Me cuesta mucho entender el gallego por escrito. Pero lo traduci y es un espectáculo a toda caña.
    Saludos desde Barcelona.

    ResponderEliminar
  9. Olá Beatriz,
    Passeio magnífico, imagino eu, pela discrição que aqui partilhas. Lugares belos e saudáveis.
    Excelente partilha.
    Deixo os meus votos de um Feliz fim de semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. Hola, Beatriz!
    Continuas passeando como siempre para aproveitar a beleza da naturaleza e das personas.
    Bellas fotos.
    Besos.

    ResponderEliminar
  11. Hola Beatriz. Buenas noches.
    Muy interesante este tema. Esto si que es volver a renacer la vida de las aldeas. La interpretación, las comidas caseras, las reuniones con el turismo, los árboles en la naturaleza y las colmenas en el medio ambiente.
    El agua es primordial y se necesita que llueva mucho para evitar la sequía.
    Buen fin de semana y feliz día de la madre.
    Es un placer leerte.
    Un fuerte abrazo
    Mónica

    ResponderEliminar
  12. Interesantisimo tema, el encuentro con personas de distintos lugares para disfrutar y comentar el modo de vida y cultura anterior y dando nuevas oportunidades a la naturaleza que tanto nos regala me parece ejemplar...
    felicidades a toso los que lo hacen posible
    Un abrazo Beatriz

    ResponderEliminar
  13. Hola Beatriz, nos llevas de la mano por paisajes únicos y donde la naturaleza sigue el cauce de lo espontaneo y aun no maleado...aunque las malas praxis, van dejando secuelas irreversibles. ! Evitemos el deterioro posible!
    Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  14. lovely place to visit one day...
    thank you for sharing beautiful photos and details

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.