www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 18 de abril de 2023

SAUNA CASTREXA?

 



Un sendeiro circular bastante accidentado xa que dende a zona outa da Fonsagrada, tivemos que descer ata o cauce dos ríos Covas e Valdobarreiro, case sempre por carreiros en zig zag que nos foron levando por interesantes paisaxes e construccións antigas, algunhas do século I a.C, como é o Castelón de Castañoso, un impresionante castro do que se dí que foi máis que iso, pois ten elementos propios dunha cidade antiga.




 Hai unha boa parte recuperada pero a que aínda está soterrada podería desvelar novos vestíxios. Como indica o panel, hai unha sauna comunal que se atribúe aos castrexos pero algúns estudos sobre o tema consideran que debeu ser construída polos romanos que viñeron despois na percura do ouro que abondaba na provincia de Lugo.



Tamén se poden apreciar un forno comunal, varias vivendas e murallas que aproveitan o entorno natural rochoso para continuar con pedra os seus muros así como "calles" entre medio das construccións. 

O lugar é abrupto e picudo que fai difícil o acceso a él dende calquera punto, tendo así unhas funcións defensivas axeitadas pero non exentas de visitas de ursos que, atraídos polo mel, mereodeaban pola zona, con numerosos soutos e "cortíns" (en dialecto fonsagradino), corrizos, nos que se gardaban tamén de forma comunal as castañas para consumir ao longo do ano tanto os animais como a xente.


Atravesamos os ríos en varios sitios grazas as pontes de nova construcción, facendo nunha delas unha paradiña para o café de media mañán, a pé dun muíño  e que nos deu pulo para seguir coa subida que tiñamos que facer pola outra ladeira que nos levaría a Silvachá. Pero, antes, pasamos pola capela de Santiago, en desuso, na que se celebraba unha romaría con merendas. Tamén por fervenzas que nos fixeron sentir un pouco de son no medio dun silenzo absoluto. Só interrumpido polo cuco que foi quen de escoitar Sanse.



Baixamos para logo subir a ladeira e ter que baixala de novo para voltar ao río, no que decidimos parar a xantar e meter os pes na auga. Eu aínda me tumbei na ponte de madeira a repousar media hora porque nos agardaba un longo ascenso. O xantar a pé de río foi refrescante, sereno, sen conversa, cos nosos pensamentos e sensacións en repouso, saboreando, observando a danza dos enormes mosquitoides na auga do río como se estiveran adicándonos o seu espectáculo ou lles chamase a nosa comida.



Foi no regreso que atopamos o Castro de Castañoso despois de atravesar por fragas coas árbores feridas de morte e nas que outras renaceron dentro dos seus troncos. E foi alí, cando Sanse dixo "- A morte é vida" e eu xa lera algo así nun libro fai pouco tempo e sentín que podía ser certo. Un bidueiro xove e louzan emerxía do tronco dun vello castiñeiro que fora exterminado por un lume ou por outras causas, como tantas outras árbores arredor. Así é a simbiose e a irmandade das árbores e de toda a natureza en xeral que se axuda e cambia o entorno. Chamóume a atención cómo unha hedra revestíu a desnudez dunha árbore e fixo que fose sempre verde todo o ano. 



Todo é ben cando ben acaba, e aínda que cansad@s e sedent@s, sentímonos como se houberamos feito nosa unha experencia singular de coñecemento do lugar que se atopa nas miñas proximidades e que non tivera ocasión de coñecer.




Quero agradecer a Iria e Sanse terme convidado a esta andaina e rematala cunha sorpresa que me tiñan agochada dende fai tempo e que deixo aquí para poñer un final a un día inesquecible.




Vídeo sobre a sauna castrexa de Castañoso, Fonsagrada, Lugo




27 comentarios:

  1. Imagino ter sido uma caminhada difícil, complicada mas, ao mesmo tempo, deslumbrante e fascinante de fazer. Belas fotos.
    .
    Saudações cordiais … Feliz semana
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  2. Hola Beatriz, muy interesante este reportaje gráfico y descriptivo que nos haces de este castro de Fonsagrada que ciertamente se encuentra en una situación precaria y sin el aprovechamiento cultural que de él se desprende.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Boas Bea:
    .
    Grazas a ti tamén por agasallarnos sempre con café, licor e algo de comer, ademais da grata compañía.

    A sauna, sexa castrexa ou romana, foi todo un achado. Sen dúbida un lugar especial á vez que pouco coñecido o do castro de Castañoso, e que temos ao alcance, ben pretiño.

    Eu quedeime cunha frase túa "a min non me falta ir a Hawai", referíndote a que polo noso entorno aínda nos quedan grandes xoias que descubrir.

    Agardamos poder seguir percorréndoas. Por máis así,

    Iria

    ResponderEliminar
  4. Beatriz, que lugar lindo!
    Parece ser uma trilha bem difícil, mas muito prazerosa!
    Pois os lugares são deslumbrantes.
    Amo a natureza!

    Tenha dias abençoados.
    Beijinhos 🌷

    ResponderEliminar
  5. Esas escapadas pola natureza
    Ese perderse polo monte
    Eses pasos que nós guían a descubrir novos rueiros,
    Son unha beleza.

    ResponderEliminar
  6. Tonto como tenho estado nestes dias essa aventura nem em sonhos!!

    ResponderEliminar
  7. Adivinha quem veio te ver, te dar um beijo e dizer que te ama?!
    Ah, assim não vale. Eu vi que falaram no teu ouvido.
    Risos e beijos, muitos.

    ResponderEliminar
  8. Mi querida amiga he vuelto cada vez menos escribo Son 14 años de andar en esto La mente se cansa y se cansa el cuerpo Te dejo un abrazo inmenso
    beso

    ResponderEliminar
  9. Olá, amiga Beatriz!

    O teu comentário já está publicado no meu blog. Está junto a outro de nome: "A nossa travessa". Beijos.

    ResponderEliminar
  10. Beatriz, já encontraste o teu comentário no meu blog?

    ResponderEliminar
  11. Beatriz, os teus comentários estão no meu blog. Procura, um a um, com paciência.

    ResponderEliminar
  12. Os teus comentários estão no meu blog no dia 18 e 19 de abril. Vê com calma.

    ResponderEliminar
  13. Gracias por el disfrute contigo de este viaje por senderos preciosos y bien documentados. He aprendido y ojalá pudiera conocer algún día esos parajes. (Llegué hasta aquí por el blog de Mónica- Farmacia de guardia y ya me quedo).
    Hasta pronto.
    Abrazo!

    ResponderEliminar
  14. Unha camiñada interesante e boa para estar en forma. Parabéns Beatríz!!!

    ResponderEliminar
  15. Muito interessante esta crónica da tua caminhada. Onde nos mostras lugares fantásticos.
    Gostei muito.
    Deixo os meus votos de um Feliz fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  16. yo lo hacia me aburri jajaja no me gusta transpirar y ponerme pegote
    Ahora veo Netflix
    un gran abrazo

    ResponderEliminar
  17. Excelente reportaje Beatriz, como me gustan esos parajes, cuanta solera guardan, si pudieran hablar cuanto nos contaría. Gracias por tu visita, me ha encantado pasear contigo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  18. Olá, Beatriz, mas que trilha maravilhosa, amiga! Aquela primeira caverna, aqui chamamos assim, deu um pouquinho de receio! Um lugar fantástico, com uma história que adorei ler. Fotos excelentes.
    Adorei sua visita, querida!
    Deixo votos de um feliz domingo,
    Um beijo.

    ResponderEliminar
  19. Me ha encantado la entrada y me anoto el paraje para acudir cuando vaya a Galicia. Sales fenomenal en las fotos por cierto!
    Un besito

    ResponderEliminar
  20. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para desejar uma ótima semana com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  21. Guau, que pasada de andaina, un lugar ben interesante e fermoso, cunha historia rica, moi ben contada por ti, como acostumas.
    Encantóume. Tamén me encantaron os agasallos, esa quedou xenial para a portada do calendario e, ese marca páxinas contigo tan fermosa como sempre é unha marabilla, alédome dese marabilloso día que tivestes.
    Unha aperta😍🤩🌹🫂😘

    ResponderEliminar
  22. Sen dúbida, uns lugares preciosos, preñados de vida. Dicho unha de Mazaricos 😇🥰

    ResponderEliminar
  23. Un paseo fantástico, descubrir otros paisajes y monumentos que debemos conservar por su historia y cultura
    Me ha gustado mucho Beatriz, el video estupendo
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  24. Te agradezco mucho que hayas compartido esta interesante ruta, ya que si no fuera por ti nunca vería (los años no pasan en valde) y rutas tan accidentadas me vienen grandes.
    Sorprendente también la cantidad de vestigios de otra época que hay en el recorrido, y que la hacen aún más atractiva; y muy bien traído el vídeo de los castañales, y como se dice en él, ojalá Patrimonio no se olviden de ellos y los mantengan bien cuidados, para disfrute de futuras generaciones.
    Una entrada preciosa...como siempre, Beatriz.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  25. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana!
    Beijinhos, com carinho e amizade

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  26. Hola Bea. Buenas tardes.
    Preciosas fotografias de tu recorrido de senderismo. Enhorabuena, guapa. Se nota que hacía mucha calor.
    Buen fin de semana.
    Un fuerte abrazo
    Mónica

    ResponderEliminar
  27. Me maravilla todo lo que caminas
    Yo lo hacía
    hasta que un dia me cansé
    Abrazos siempre

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.