www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 21 de xuño de 2022

RÍO ADENTRO

 



Río adentro é a colleita gardada dende a adolescencia. Gardouse en carpetas nas que xa non cabía nada mais. Estiveron moito tempo no faiado, agardando. Houberon perderse cando se restauróu a casa.  Mais de unha vez intentei escribilas na miña Olivetti. Logo no ordenador. Empezara a tarefa e deixeina a medias. Tivo que pasar tempo ata que atopei o tempo e as ganas de poñer en orden o contido que se deixa levar pola corrente deste río de tres treitos, como ten que ter un río: treito alto, treito medio e treito baixo.  Son treitos ben diferentes.

 O primeiro nace alí onde o Eo nace, onde nacen as inquedanzas dunha rapaza que ve o mundo con poesía pero que sufre o desleixo dunha época de penurias, de asoballamentos, de falta de liberdade... e quere arranxar ise mundo levantando a súa voz entre outras que tamén o fan e que van ser quen a leven polo camiño da protesta, do inconformismo, da reivindicación, do emprego da lingua nai...

 Aqueles primeiros poemas foron incluso queimados pola súa proxenitora, porque, na casa, paraba xentel a comer e a durmir e tiña medo que todo aquilo que escribira puidera caer en mans alleas. Fun quén de reescribilos de memoria. Non eran moitos. Daquela, a memoria non estaba gastada, xogaba ao meu favor.

Algúns dos poemas deste treito foron publicados en xornais locais, de Lugo e de Ribadeo. Outros forman parte dun libriño "Seis novas voces das letras galegas" que sacóu a editorial Celta de Lugo e que comparten páxinas cos de outros autores, todos eles homes, que tamén comezaban a escribir por aquel tempo.

O segundo treito contén poemas escritos en Ortigueira, froito dunha experencia músico-amorosa e tamén algo turbulenta, participando por vez primeira no festival de música celta que alí se celebraba cada ano.  Nesa mesma etapa aparecen poemas escritos en Londres a ónde o destiño levou os meus pasos sempre aventureiros, coa excusa de pasar alí un curso escolar de auxiliar de español en dous colexios do leste de Londres. Poemas, mais deles, escritos nun inglés precario e simple. Tamén en castelán porque, lonxe da Terra, parecía que o galego non tiña sentido. Había que entenderme noutras linguas xa que, aínda que os galegos e galegas abondamos por todo o mundo, non tiñan presencia no meu día a día.

A partir dos anos oitenta, deixei de lado a poesía. Sempre achaquei iso á falta de tempo. Acabar cansada ate mais non poder, cada día, non me cadraba coa poesía. Mesmo nona lía tampouco. Teño que dicir que poesía lera máis nos primeiros tempos, na época de estudante, qué lin pasada esa etapa. Daquela gustábanme mais os libros en prosa,  ( ensaio, novela...). A pesares de non escribir poesía, eu nunca deixei de escribir cartas, moitas cartas. Eran, incluso, cartas poéticas, que me foron encamiñando máis cara á prosa. Se por cartas era, ate ao meu alumnado puxen a escribir cartas en inglés dirixidas aos seus colegas estranxeiros. Iso deu bons resultados que se materializaron en intercambios, visitas, viaxes e moita participación de toda a comunidade educativa dos países implicados. 

Xa no cambio de milenio, e volvendo ás miñas raíces, comecei a escribir un blog de experencias persoais ao longo do vivido; feito con retazos de lembranzas, de saberes aprendidos, de camiños percorridos, de rutinas diarias... fun enchendo páxinas e páxinas durante trece anos ata o día de hoxe, e funas enchendo con textos en prosa, con poemas que volvían a aflorar  cando algo os motivaba.

Así viron a luz nun libro gordo, de cincocentas páxinas e que me fixo moita ilusión, pois aínda que todo estaba publicado no blog, con ilustracións, vídeos e outros adornos, eu sentín algo especial ao telo nas miñas mans e poder compartilo con outra xente. Foi unha presentación inesquecible, xunto a mesma fonte do Eo, como unha festa medio improvisada, nun lugar  emblemático e familiar de toda a vida.

Só que nese libro non estaban os poemas. Por iso, decidín reunir todos os que tiña de antes e de agora e facer este libriño que quedóu precioso e que quixen que levara o río no título e na tapa. 

Pero Río adentro, non só é o río físico, que me acompañóu dende nena, senón que é un río espiritual, un transcurso vital, como dicía, Jorge Manrique  " Nuestras vidas son los ríos que van a dar a la mar"

E, Río adentro, é tamén ese lugar onde, a veces, van parar as nosas penas, as nosas bágoas, os nosos sentimentos feridos. 

Río adentro é un río subterráneo que vai erosionando.




Nota:

As persoas que queiran pedir o libro á editorial directamente. Envían gratis a toda España e ao estranxeiro con un pequeno coste,

http://meduliaeditorial.es/catalogo-de-medulia

11 comentarios:

  1. Malia que coñecía a historia gustoume lela, sò queda ter o libro nas mans e disfrutar del.

    ResponderEliminar
  2. ENHORABUENA Beatriz, por ese libro "RIO ADENTRO" al que me gustaría tener y disfrutar de su intuyo: encantador y sugerente contenido. Hazme llegar un link para conseguirlo...
    Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  3. Parabéns pelo seu livro Rio Adentro . Está à venda em Portugal?
    Um abraço e saúde

    ResponderEliminar
  4. Parabéns pola tua carreira literaria . Ten longo percorrido!!

    ResponderEliminar
  5. É sem dúvida uma belíssima história, esta, Rio Adentro.
    Deixaste aqui um cheirinho muito interessante nesta introdução.
    Espero que tenhas muito sucesso, amiga Beatriz.
    Uma boa semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  6. SUBLIME!
    Ainda que as nosas situacións, tempo e lugares son diferentes, sempre me identifico contigo nesta andaina da vida.
    Debezo por meterme nese río adentro, sei que me vai namorar como o fillo, Lerias de Bea☺️. Parabéns e adiante con el. Apertas!

    ResponderEliminar
  7. Somos ríos que imos encontrar coa mar, como tal alí iremos a parar

    Noraboa!
    Por este
    Río adentro


    ResponderEliminar
  8. RÍO ADENTRO, vai ser sucesso,
    que história linda que você narrou, querida Beatriz!
    Mesmo, com tantas dificuldades você não parou de escrever poesia, e como deve ter sido bom!!
    Aplaudo você daqui, do sul do Brasil, de tão longe!
    Muito sucesso, querida amiga.
    Um ótimo fim de semana, com saúde e paz,
    Beatriz.
    Um beijinho

    ResponderEliminar
  9. Al leerte, no he podido por menos que acordarme de Rosalía de Castro, una de sus obras ha sido A LAS ORILLAS DEL SAR, tú escribes RÍO ADENTRO, pero en tu mente está el EO.
    Tengo que pedir tu libro pues me imagino que será tan apasionante y emotivo como la sensación que hoy he tenido al leer tu entrada.
    No hace mucho que te conozco pero, por tu forma de escribir y expresarte, siempre he sabido que tenías un gran talento. Felicitaciones por tan interesante trayectoria.
    Cariños.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  10. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, renovando os votos de felicidades para o teu novo livro, que tenha muito sucesso.
    E desejar um feliz fim de semana, com muita saúde.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.