www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 22 de marzo de 2021

UN DÍA COMPLETO

 Teño algunhas imaxes do día. Un día primaveral que me convidóu a mexer na terra, pero, antes, amaséi e cocín o pan no forno. Eso xa levóu boa parte da mañá.


Ainda tiven tempo de ir  buscar ovos á casa dunha veciña. Gústanme os das galiñas en liberdade e con alimentación natural, caseira. Logo non podía faltar unha camiñada, sen Noa, esta vez, porque está en celo. Tobi, un mastín enorme, saíume ao paso e acompañoume. Él a quén buscaba era a Nóa, Mesmo  lle din unha aperta cando me agachei a fotografar as margaridas, pois votouse  case enriba de min, e  pintoume ben, xa que precisaba algo de sombra para a foto.  Estas son as margaridas que me chamaron a atención, unha aberta e outra ainda durmindo ou camiño de facerse moza. 



Un arroz mariñeiro  e unha ensalada, foron o meu xantar. Logo, saín ler fora. Agardábanme os meus animais e non quixen privalos de teren a miña compaña. Facía un soliño moi apetecible para quedarse alí de sobremesa e seguir lendo un libro que me fai rir todo o tempo. Xa sabemos que é o libro do meu post anterior! 

Cando me levanto, cada mañá, e abro a fiestra que dá ao xardín, sempre me encontro con esta imaxen. Hoxe quixen traela aquí. 

Non sei o seu nome, pero é unha das primeiras en dar flor.



 Xa, cansada  de descansar, enfilei para a terra. As malas herbas, que nunca son tan malas, pero que non deixan medrar as que eu considero boas, estaban agardándome.

Por fin, os rosais víronse libres delas, ainda que non vai ser por moito tempo, porque son tan teimosas coma mín.

De paso, maravilleime dos narcisos que me saíron ao paso. Quixen traélos aquí para que sexan admirados. É unha das miñas flores favoritas! Son tan fráxiles que o vento failles doblar pola metade e bicar a terra.



Xa posta á faena, seguín xardineando toda a tarde, tomando pequenos respiros para entrar a beber auga.

Cando acabei, non sabía se as miñas mans eran as miñas! Pero  os gladiolos agradeceron mudar de sitio, e ata a cama lle preparei a herba que vai nacer en canto chova, librandoa de pedras e torróns. Vou agardar a que naza por sí mesma xa que non me fío do que ven nos paquetes das sementes, ultimamente.

E acabo o día, cun lume que me quenta e un post co que non contaba, pero as sorpresas sempre me sorprenden!


26 comentarios:

  1. Hai persoas que só paran e atenden ás cousas "grandes", como un coche de gama alta, outras vézansen nunhas pequenas margaridas....e len, fan pan, andan coas mans na terra, len e rin a un tempo. Así foi o teu día, Bea. Eu só digo, que bonito

    ResponderEliminar
  2. Qué hermosas flores del jardin. Se nota que ya estamos en primavera.

    Gracias por compartir tus momentos.

    Besos.

    ResponderEliminar
  3. Hola, Bea!

    Espero y quiero que esteja bién de salud. Por aqui, yo en teletrabajo.

    Que mulher con tanta vida e que gosta de começar bem cedo a sua lida, cozendo o pão.

    A Primavera começou há pouco tempo e es natural que ya existam flores por aí. Muy bonitas as que mostra no blog, sobretudo as margaridas.

    Gostei de ler como foi o seu dia, passeando con a sua cadela e olhar toda a natureza. Parabéns por essa força de viver.

    Besos e dias felices.

    ResponderEliminar
  4. Marabillame lerte, trasmites sosego, mostras delicadeza e fermosura, eres entrañable . Teño que recalcar que od narcisos tamén é unha fror que me encanta, o teu está fermosísimo, pero non se esperaba menos, tendo os teus cuidados e cariño.
    Grazas por tanto sempre, Bea! Parabéns!

    ResponderEliminar
  5. Olá Beatriz!
    Um texto muito interessante. Onde se insere todo o universo primaveril.
    As flores são por excelência o seu principal cartão de visita.

    Gostei muito!

    Ótima semana!
    Beijinhos!

    ResponderEliminar
  6. Galinhas livres e com alimentação natural.
    Um passatempo diário do meu pai.
    Galinhas, patos, pássaros.

    ResponderEliminar
  7. Beatriz, muy lindo tu paseo por el jardín. Me encantaron tus narcisos, me hicieron recordar unos lirios amarillos que amo. Gracias por compartir con nosotros la placidez de uno de tus días de campo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. Ese día, entre flores, qué bonito homenaje a la primavera

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  9. Bea,
    Quase não como pão,
    mas esse seu me
    deu água na boca.
    Linda publicação.
    Bjins
    CatiahoAlc.

    ResponderEliminar
  10. Esse pão tem um aspecto divinal.
    Lindas flores a mostrar que a primavera já chegou.
    Hoje encontrei o seu blog e adorei por aqui divagar.
    Fique bem.

    ResponderEliminar
  11. que maravilha de pao e essas flores adorooo bjs

    ResponderEliminar
  12. Pues Beatriz, te ha quedado un post maravilloso, mejor imposible, cuando algo se programa no suele salir también.
    El pan, se ve todo una bendición y seguro debe de estar exquisito como seguro lo estaría ese arroz de marisco y la ensalada y las plantas con sus flores otra bendición disfrutando de la primavera, más no se puede pedir.
    Ha sido todo un placer pasar y leer tan agradable post.
    Que tangas una agradable semana disfrutando de esta hermosa primavera.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  13. que hermosas flores
    http://retromaggie.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  14. Olá Beatriz!
    Passei por aqui, para agradecer a tua simpática visita e deixar um Beijinho de boa noite!

    ResponderEliminar
  15. Imposible olvidarme de ti
    eres muy especial
    me gusta tu franqueza y tu manera de escribir
    abrazos siempre

    ResponderEliminar
  16. Nada como poder pasear u admirarse de la belleza del campo, en donde las cosas más sencillas, se convierten en un espectáculo si uno camina con la mente abierta y el espíritu libre.
    El pan tiene una pinta estupenda.
    Un abrazo y cuídate.

    ResponderEliminar
  17. Querimada Bea.
    Se nota que estábamos esperando con gran ansia a la iluminada primavera.
    Los paseos de ahí son muy agradables y en buena compañía.
    Pobre Noa. Dejala salir y que disfrute de la vida. Es primavera y la sangre se altera. Pero no pasa nada. Después todo vuelve a la normalidad.
    Lástima el no poder viajar. Sino me quedaría un cachorro de ella. Me lo llevaría al Vall D'Aran con Tobi, el de mi cuñado.
    Las flores del jardín las tienes preciosas.
    Muy rica comida para una vida cotidiana.
    Tienes razón los huevos frescos de las gallinas sueltas de corral, se hacen unas tortillas francesas y unas tortillas de patatas riquisimas. Las verduras de huerto particular también son muy sanas. La primavera renueva energias.

    Un abrazo de buenas noches

    ResponderEliminar
  18. segunda visita del dia
    como estas de humor y salud?
    Yo bien aunque podria estar mejor
    Un abrazo grande y cuidate mucho

    ResponderEliminar
  19. Belo post amiga.
    Das flores à comida foi um belo trabalho.
    Abraço e saúde

    ResponderEliminar
  20. Foi um dia interessante. Até te cansaste de descansar...
    Continuação de boa semana, querida amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  21. Ola Bea, qué ledicia de post nos brindas, amiga.
    Paso mañan he comento, chamame o teléfono.

    ResponderEliminar
  22. Obrigada, Beatriz!
    Pela doce visita ao meu cantinho!
    Belas fotografias!
    Um beijinho!
    Megy Maia👄💗👄

    ResponderEliminar
  23. Ben, pois aquí estou de novo para reler esta bonita prosa primaveral e poética.

    con unha horta coma esa, non te aburres nunca porque sempre hai algo que plantar e recoller, limpar coidar os froitos e tamén contemplar a beleza de ver a terra traballada que ben sei e dura, pero e maior a recompensa de saber o que comes que e moito mais sabroso que o que hai no mercado.

    Tamén e un relax saír da porta, mirar como crece o sembrado, aí sentada nese precioso patio e lendo un libro como ti contas sen ruídos mais que o dos paxaros, iso no ten prezo, Bea, amiga penso sen equivocarme, que axuda a vivir mais e con calidade de vida. Nas cidades todos son ruídos presas e contaminación, a tranquilidade maten a cabeza mais en alerta, quizais non me saiba explicar... Pero para min xa me gustaría ter unha casiña na aldea con un cachiño de horta.

    Unha aperta grande e biquiños moitos. Gracias por compartir algo tan belo.

    ResponderEliminar
  24. Olá Beatriz!
    Tudo bem?
    Passei por aqui, para desejar um feliz fim de semana com muita saúde!

    Beijinhos!

    ResponderEliminar
  25. Un día bonito. Sol, comida caseira rica e natureza. Un biquiño. Iria

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.