
Lémbrome que de pequena, miña nai, dicíame moito, a palabra outonear, como querendo dicir, que me ía pola miña conta por ahí sen o seu consentimento. _ "Onde andiveches outoneando?"
Así que saín moi outoneadora!
Hoxe, pódese dicir que empecei a outonear. Día de chuvia miúda. Traxe parachuvas, botas, bastóns, unha bolsiña, navalla, e Noa. Prados arriba e abaixo na percura de cogumelos. Cando xa daba por perdida a busca, empecei a ver sendeiriña en varios prados. Logo había que seguir buscando sen importar a chuvia que empezaba a mollarme o traxe.
Chegar á casa con semellante manxar, cambióu o rumbo do meu menú do día. Xa non sería un salmón ao pil-pil senón acompañado de sendeiriña cociñada con viño de Porto e patacas estilo canario, "papas arrugás". Eso fará o meu xantar de hoxe.
Sair con chuvia, con tempo mais frío, apañar cogumelos, limpalos e preparalos para poder comelos ou gardalos, da o seu traballo e non todo o mundo está disposto a pasar ese traballo pero o resultado compensa e sempre é unha novidade que fai que esta época do ano teña o seu encanto. Alén de coller estes manxares que nos ofrece a natureza de xeito altruista, sen pedirnos nada a cambio, é un pracer poder agradecerlle tal detalle.
As primeiras castañas son outro motivo de saídas outonais. Xa apañei as primeiras baixo o meu único castiñeiro e aseinas na cociña de leña mentras quentaba a casa e preparaba o ambiente propicio para unha sobremesa cun libro nunha hamaca ao quentiño e coa mantiña por riba.
Música na radio mentras esto escribo. Hai cousas que espertan as ganas de escribir cando non hai nada do que escribir, cando todo está dito e de mellor xeito. Ler aos demais tamén é un pracer que nos dan servido.
Estes días estiven lendo o único libro de Manuel Antonio, un rianxeiro pioneiro na poesía vangardista en Galicia. Facía tempo que nono lía pero atopeino entre os libros que vou gardando en caixas, e un día buscando, atopeino. Pásame a miudo, con algúns libros de poesía ou prosa, que me resultan difíciles de ler. Precisaría usar un diccionario todo o tempo. De ónde sacaría él esas palabras tan difíciles. Teñen moito que ver co vocabulario mariño, pois él era navegante, e eu son de terra adentro! Pero ainda así, sen acabar de entendelo todo, doulle o seu mérito por escribir así, nunha época na que non se escribía dese xeito por aquí. Él tiña moito mundo! Adiantouse aos tempos! E iso hai que recoñecelo! "De catro a catro", xa o dí todo o mesmo tíduo. E ainda mais, xa que finou moi novo, con trinta e tantos, pero había como unha premonición desa morte prematura nos seus versos.
Está saindo o sol dentres as nubes que o tapaban e ilumina as rosas que están cabizbaixas pola chuvia, e outras empezando a abrir nesta primavera de outono. É a súa derradeira oportunidade. Logo xa será un longo inverno para elas e para nós.
Remato aquí porque agárdanme as perolas e non hai tempo que perder se quero xantar en hora.
Benvido este outono!
Bem vindo Outono
ResponderEliminar.
Bom fim-de-semana
Cumprimentos
Desde que morreu uma criança vizinha com cogumelos envenenados em 1960, nunca mais comi cogumelos a não ser os enlatados, porque suponho as fábricas têm especialistas em conhecê-los.
ResponderEliminarBem vindo Outono.
Abraço, saúde e uma boa semana
Pois si que fíxeche un bo percorrida con a túa mellor amiga, Noa. Tes boa gran capacidade para coñecer Os cogomelos que son comestibles e os que no. Hai que ver que xantar mais rico, lerte abre o apetito, e as castaña así collidas da árbore, asadas e comelas quentiña, e un manxar a vista.
ResponderEliminarGracias Bea, por compartir esas bonitas letras e fotos que invitan a ler con gana.
Unha aperta grande, e cóidate moito.
ResponderEliminarشركة تنظيف مطابخ بالخرج
شركة تنظيف واجهات زجاج بالخرج
شركة تنظيف كنب بالخرج
ResponderEliminarشركة رش مبيدات بالخبر
شركة كشف تسربات المياه بالنعيرية
شركة رش مبيدات بالجبيل
me gustan mucho las castañas asadas
ResponderEliminar...a chuvia, que cheguei a estrañar nos meses que vivín na meseta, molla a un, achégao á realidade, o vento, o mesmo frío, fan sentir a forza da vida e da natureza, a realidade exterior no seu estoupar de outono, neste caso, ou de inverno agora....o pracer da chuvia...de sentir....a música, as lecturas, cociñar...son o contexto das lerias, destas, de case todas, envoltura da nada cotián, que habitamos; andando esas frobteiras entre vida e literatura, vida e música, real e virtual, lama e asfalto. Nesas fronteiras, e noutras, encontro sempre as liñas deste blog, outoneando!!, como tan ben dixo a túa nai. Nada máis, bicos
ResponderEliminarFermoso outono o teu. Xa me siento tentada a outonear da túa man����
ResponderEliminarBeatriz,
ResponderEliminarSeu blog é
cheio de maravilhosas
publicações.
J favoritei la
no meu Espelhando.
Bjins de bom fim
de semana
CatiahoAlc