Tempo de pasar páxina, de cambiar de leria, de cancelar roteiro, de voltar ao interior, de protexerse do temporal, de sacarlle o mellor á cociña....Despois dunha mañá chuviosa, cos cristais da ventana empañados de gotas, de vento húmido que molla xa con velo, nada mellor que refuxiarse no corazón da casa e empezar a conservar froitos de outono e cociñar deliciosos pratos que ningún restaurante podería ofrecer. Así foi cómo empreguei a mañán confitando castañas e recheando unha berenxena
con shitaki, cherries e outros ingredientes caseiros de colleita propia. Todo eso puiden degustar á hora do xantar que non tiña previsto xa que hoxe tocaba saída co grupo de sendeirismo e rematar cun magosto e foliada alá pola noitiña. O magosto xa o almorcei de máñá cedo, que é cando mellor prestan as castañas e dan enerxía para o resto do día. Non me parece ben tomalas pola noite, xa que son algo pesadas. Pero vivimos nun mundo contra natura e non respectamos o noso organismo que nos paga con enfermidades e a veces coa morte. Pero non quixera asustar a ninguén, menos aínda, despois desta xornada de laborioso traballo culinario que culmina cunha excelente dixestión e benestar e cada cousa no seu sitio despois de todo o que foi movilizado para ver tan pouco producto, porque non so é a producción senón o aprobeitamento en tódalas ordes de satisfacción personal, de agradable terapia de entretemento nun día de portas adentro, de saber que o que recollemos perdurará por un tempo para seguir agasallándonos co sabor orixinal destes froitos outonais que logo se esfuman e apodrecen. Castañas en almibar! Qué delicia velas agora nos tarros de cristal, transparéntes en nítidas, no seu grosor e enteireza, mesmo sirven para decorar unha estantería na despensa. E logo serán a sorpresa na mesa en calqueira ocasión do ano, non importa a estación. Mentras todo esto facía, soába a música na radio e mesmo daba para bailar ao tempo que laboreaba. Noa, privada do seu paseo diario, dormitaba e soñaba coas castañas que comería despois, se sobraba algunha. Encántanlle! E eu non sei, se polo doce, debería tomalas! Comer sen pan é outro pracer para a dixestión. Agora entendo por qué os ingleses apenas proban o pan coa comida. E xa teño lido nalgures que o pan non vai ben con todo. Mellor tomalo separado a outra hora, como as torradas do almorzo ou as tostas da cea. Ten cada cousa o seu sitio.... incluso no noso organismo. Agora, a tarde segue como a mañá, non se vai poder votar pé fora pero ainda me quedan os deberes do acordión.... Teño que practicar cos botóns da esquerda que fan o acompañamento. Cousa difícil pero secadra non é imposible de todo. Así que aquí termino a leria para que me rinda a tarde noutras tareas e se mañá ven día solleiro, ainda teño outro roteiro!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.