www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 10 de febreiro de 2014

NEVE FEBREIRIÑA.....

A gata e a cadela xogando na neve







Buscando unha toupe???
Levanteime mais cedo que de costume. A claridade que se percibía dende a cama a través de tódolos espacios abertos ao longo da casa ata as fiestras do lado sur, actuaba como reloxio polo que me oriento para saber  a hora. Estaba impaciente por descubrir se a paisaxe que me agardaba fóra sería  branca ou verde. Abrín as contras e ante min aparecía a primeira nevada do ano 2014. Non era mais que unha lixeira alfombra que cubría irregularmente a paisaxe. A sensaciónn de frío era o único recelo para enfrentarse ao día. Polo demais, a rutina impoñíase e despois de lavarse e vestirse coa roupa axeitada, o corpo íase adaptando. Baixéi á coiña, que sempre está quentiña pola mañá, e empecei a preparar o meu almorzo. Primeiro un vaso de auga templada con unha culleradiña de mel, outra de levadura de cervexa e por último unha de semillas de liño moídas.  Sempre a bebo de pé, xunto á fiestra, ollando para a fermosa paisaxe que se vé dende ela. Despois comezo a dar voltas para aprovisionarme de todo o necesario para o seguinte paso que é preparar unha taza de té verde. Mentras repousa o seu tempo de infusión, como a froita correspondiente, kiwi, laranxa.... e comezo a preparar as torradas ás que lles poño aceite de oliva virxe e untadas con allo, puré de castaña, queixo de cabra e unha loncha de pavo natural, fan a delicia do meu almorzo. Non falta un puñadiño de noces e un vaso de kéfir caseiro tamén con leite de cabra. Ese é o meu almorzo cotidian agás raras veces que alterne con cereais. O pan que como é pan do país ou do que eu mesma fago con fariña integral con semillas de xirasol. Para min, a primeira comida da mañá é primordial. É a que me mantén áxil todo o día. Xa dende nena, acostumábamos na casa a facer desayunos consistentes. Lembro os domingos, cando iamos á misa e ao voltar dela, miña nai preparaba unha tortilla á francesa con cebola. Sabía tan ben aquela tortilla! E cando ía á escola gustábame que me prepararan pan frito  para votarlle ao leite. Sabía como os churros se era pan de trigo, do que se mercaba e se era de centeo, sabía a gloria mesma. Outro dos meus almorzos naquel tempo consistía en mollar no café con leite gallletas de María que eu collía de seis en seis e así todas xuntas parecía que comía un pastel. Remataba o paquete no desayuno. Logo, cando pasei tempo en Inglaterra, os desayunos eran como anel ao dedo: con ovos fritos, con ovos de tres minutos, torradas, cereais, marmeladas, manteiga, beicon.... Unha delicia! 
Agora xa transcurreo o tempo do almorzo con historia incluída e son as once e cuarto da mañá. Fora segue nevando sen parar. Posiblemente academos unhos cantos centímetros e pola noite pode caer unha boa nevada que me impida sair da casa mañá, martes, como tiña por costume. 
Na cociña, ao meu carón, na cestiña, durmen e solazan a gata e a cadela. A gata, que xa vai ter gatiños, aliméntase basicamente do leite da cadela que crióu fai pouco e xa non ten os cachorros. A Nóa gústalle o estilo que ten de mamar a gata, con tanta suavidade que non lle tira das tetiñas. Debe ser un mamar moi tenro e agarimoso.
O silencio é absoluto. Non se escoita nada aquí dentro. Nen a radio, que case sempre está posta con música latina que eu bailo a veces cando quero moverme un pouco e o tempo fora non da para paseos.
Agora o sol ilumina a brancura que cubre todo no exterior e pregúntome qué fixen en toda o que vai de mañá. Haberá que pisar a neve, sair da casa e tirarlles unhas cantas boliñas ás miñas compañeiras que irán ledas á súa percura.
Faremos unhas fotos para poñelas aquí e deixarei o post a medias. Foi unha pausa para o café das once con figo paso e trinco de chocolate negro. 
Xa é a unha da mañá e despois do paseo o ceo oscurece de novo. A neve foise fundindo amodiño pero é a cama para outra que virá pola noite.
Dispóñome a preparar o xantar de hoxe. 
Dende a miña cotidianeidade ábrome ao mundo exterior!



2 comentarios:

  1. Lamento no poder traducir.
    Por aca no conocemos la nieve
    Cariños y buen fin de semana

    ResponderEliminar
  2. ¡E eu lamento non haber pasado antes! A ler este fermoso texto.

    ¡Ola, Bea!!!

    ¡Ufffff!!! ¡Que san e ese almorzo! Sabes, fáiseme auga na boca cando falas dos teus almorzos con esa leite de cabra e todo o que lles agregas, unha pasada, así estas de forte e rexuvenecida.
    O desaiuno e básico para min tamén, so que non e tan completo coma o que ti preparas.
    As túas letras expresan unha grande harmonía e, equilibrio e paz, na túa vida, iso vale moito para ser feliz. e, da-me unha alegría grandísima de saber que todo marcha sobre radas.

    As fotos das túas mascotas, na neve tan branca, quedan de delicia.
    Foi un pracer pasar por a túa casiña virtual.

    Unha aperta agarimosa, e feliz domingo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.