Que eu me lembre, sempre chegóu a primavera sen apenas darnos tempo a decatarnos. Unha mañá, atopámonos coas primeiras flores e rebulir de paxaros e esa morned que nos embriaga dende as primeiras horas.
As miñas árbores están en flor. O marmeleiro é a primeira vez que as deixa ver. Preludio de marmelos e de marmelada....
Noa, nai por segunda vez, optou pola "política do fillo único" como os chineses. Será porque tamén ela percibe a crise. Ten un cachorriño de apenas unhos días. É case da mesma cor que ela e está xa moi grandiño, (con tanto leite todo para él....), criarase nun plis plas.
Hoxe fixen a plantación de flores de balcón para adornar as ventanas desta casa de pedra recien descuberta. Gústame rodearme de cousas que me fan a vida mais liviana e agradable. Tamén aquí no campo, e precisamente por eso, pódese disfroitar da fermosura da natureza que ten tanta gama (alta gama) para facernos sentir ben e relaxados. Cada vez menos me gustan as cidades e a vida que nela se leva. Cada vez mais, sinto o placer de sermos poucos e de ter tanta amplitude de mira para tender a ollada e descansar no silencio tan apreciado no mundanal ruido das urbes. É Semana Santa, vacacións, movida para moita xente que busca algo diferente, cambiar a cotidianeidade... Eu non podo facer eso ainda que quixera e non por eso me conformo con quedarme na casa simplemente, senón que disfroito poder estar xa situada nese mundo de sosego e de calma que me brinda o que me rodea. Tamén é verdade que xa viaxei o xusto e no xusto tempo, tamén é verdade que me queda moito por coñecer, pero como non é posible coñecer o mundo enteiro, nin outros mundos no amplo universo, pois teño a sensación de que xa me din o ansiado paseo polo planeta como para non añorar esas viaxes tan desexadas por outra xente. Tampouco pecho as posibilidades de seguir explorando o mundo noutro momento mais propicio pero, de momento, síntome feliz coidando de un pai case centenario, dunhos animais tan bonitos que me alegran a vida, dunha horta que me recrea a mans cheas e desta casa que me tocou ir transformando para mellorala, legado dos meus pais, que irá pasando de xeración a xeración, co que cada unha foi aportando.
Mágoa que a casa de Brañas desaparecese ao ampliar a estrada.... pero no meu recordo quedóu desta maneira:
Hai unha casa en Fonteo
toda vella e afumada
cunha escaleira por fora
e coa porta ben pechada.
Ten ao pé unha figueira
que da figos cada ano
e tamén ten unha horta
que ainda chora polo amo.
Esquecida alá nun curro,
a cociña de lareira
durme entre das cinzas mortas,
xa non ruxe a garmalleira.
Estarán alí ainda
o vello escano e a artesa,
a lacena do touciño,
o pataqueiro e a mesa.
Esto foi escrito fai polo menos corenta anos!!!!!
Feliz tempo de primavera para tod@s