Hoxe, domingo, 3 de setembro, unínme ao grupo que faria o roteiro Avelino Díaz, comezando en Meira e acabando en Órrea, onde o poeta naceu a finais do S. XIX.
Con doce anos, embarcaría él só para as Américas, rumo a Bos Aires, deixando en Meira a súa nai, pola que sempre sentiría morriña e a que lle escribiría cartas e poemas cheas de tenrura e amor.
Voltaría outra vez á súa terra na que se detivo pouco tempo para deixala definitivamente cando contaba vinte anos. Pero no seu recordo perduróu ata que finóu na Arxentina, con máis de setenta anos.
Deixóu catro libros, que el mesmo publicóu, con poemas en galego e en castelán.
Polo camiño foron lendo algúns deles. Un adicado a súa nai, en galego. Outros de lembranzas dos lugares da nenez, pobre materialmente pero rica en anceios de sabedoría. Considérase autodidacta. Daquela, o tempo de escola era mínimo.
Na Arxentina tivo un bó posto de traballo, catro fillos e relacionóuse coa xente galega que levaba Galiza no corazón. Coincidíu con Neira Vilas e moitos outros intelectuais daquela época e participóu en moitos actos culturais que ali tiñan lugar, relacionados con Galiza.
Participóu moita xente, pequen@s e grandes, nun día moi axeitado para camiñar, por paraxes de interés paisaxístico. Fóronse facendo paradas ao longo do camiño e en cada unha líase un poema de Avelino.
Facíanse fotos e tomábanse folgos para seguir camiñando os nove ou dez quilómétros ata a aldea natal.
Cando chegamos a Órrea, agardábanos un banquete na que foi escola pública, hoxe Casa da cultura, moi ben levada pola xente que ten interese en promocionar a este poeta nado no concello de Riotorto, na parroquia de Órrea, onde está a súa casa e que polo menos ún dos seus fillos tería ocasión de visitar nunha viaxe á terra do seu ilustre pai, de humilde orixe, que se abríu paso na vida movido polo seu propio afán de coñecer e saber que o levóu lonxe, lonxe na distancia e lonxe na palabra, no amor á Terra que deixóu atrás e que o soubo plasmar na súa poesía.
Non faltóu de nada nesta mesa tan ben equipada coas viandas que reporían as nosas forzas despois do longo percorrido. E unha sobremesa que nos sorprendéu cunha receita antiga e que eu comparo aos nosos fariñotes. Trátase dunha masa que se prepara con fariña, ovo, aceite... repasada na sartén ata que se vai esmigallando en pequenos cachiños que logo se sirven con mel ou azucre. Eu repetín e mesmo acompañéi con queixo curado, dándolle un toque diferente. Nós faciámolos con manteiga que se cocía para conservala máis tempo. Non había refrixeradores daquela. E a manteiga caseira tiña un sabor inigualabel.
Logo do refrixerio, algúns/algunhas subimos ao piso de enriba onde se proxectaban videos de Avelino Díaz nos que participaban persoas que o coñeceron ou que sabían da súa vida, como é o caso de Neira Vilas. Unha reportaxe que amosa esceas da súa comparecencia en actos culturais en Bos Aires, do lugar no que traballóu e tivo alto cargo, da visita da súa familia a Galiza, lectura dos seus poemas etc...
Aquí remato, agradecendo á Asociación Avelino Díaz tan ben organizado evento e polo seu interese en darlle visibilidade ao seu poeta e a importancia que se merece.
Uma bela caminhada, Beatriz!
ResponderEliminarUm beijinho risonho!
💗💋💗Megy Maia
Grupo bem animado.
ResponderEliminarHavia um assim onde cresci.
Chamava-se A Ternura dos Quarenta.
Porque essa era a idade mínima.
Boa semana
Ese hombre fue muy valiente. Una hermosa caminata en compañía. Gracias por compartir.
ResponderEliminarUn abrazo
É muito bom fazer estes roteiros em boas companhias. Lugares muito bonitos, que foram visitados.
ResponderEliminarExcelente partilha, amiga Beatriz.
Votos de uma excelente semana, com muita saúde e paz.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Bea,
ResponderEliminarÉ sempre muito bom
vir aqui e aprender e
viajar em sua imagens
e letras.
Te aguardo no Espelhando.
Bjins
CatiahoAlc.
Bea. Que homenaje más bonito.
ResponderEliminarMe alegro que pasarás un buen domingo de salida en plan senderismo. Qué desde bien joven nunca dejaste este fabuloso deporte.
Un abrazo muy grande.
Mónica
Que bonito y emocionante ha debido de ser, el para entre tan lindos paisajes, y leer algún poema de vuestro admirado poeta Avelino Díaz. Veo en ello en una manera de homenajearlo y de que nunca quede en el olvido.
ResponderEliminarGracias, amiga , y perdona mi tardanza en pasar por aquí, pero tu ya sabes como son estos días de calor, y más sin poder haber pasado este verano por tu tierra.
Un abrazo.
Dear Bea"There are two possible ways to read Rayuela, warns its author, the Argentinian writer Julio Cortázar. The first is to read the novel as if it were a regular book, and therefore from beginning to end. The second is to begin reading from chapter 73 and, from there, follow the instructions of the writer himself.
ResponderEliminarMe gusta la pureza infinita que siento cuando te leo
ResponderEliminarUma louvável iniciativa que, para além da homenagem, representou, também, uma inolvidável oportunidade de convívio.
ResponderEliminarObrigado pela partilha que permitiu dar a conhecer o poeta.
Abraço de amizade, Beatriz.
Juvenal Nunes
Boas noites Bea:
ResponderEliminarFáiseme unha iniciativa moi interesante, emotiva e fermosa a que tiveron dende esta asociación, combinando sendeirismo e cultura, tanto literaria coma gastronómica.
Unha ruta na que compartir, charlar e descubrir. Encántanme estas iniciativas que nos mostras últimamente xerminadas dende o rural e para o rural, para mantelo vivo na nosa memoria pero tamén no noso presente, e aos persoeiros destacados do lugar.
Non oíra falar de Avelino, pero polo que contas aquí quero seguir descubrindo máis. O primeiro, terei que buscar sobre os seus poemas .
Do que si tiña lido é do postre que mencionas, que se está tentando recuperar hai anos, e é orixinario desa zona, Trabada, Riotorto, Pontenova...
Mesmo se lle adican festas de exaltación culinaria, aínda que non o probei. Tamén haberá que poñerlle remedio!
Gardo o que dis nestas ocasións: "de humilde orixe, que se abríu paso na vida movido polo seu propio afán de coñecer e saber que o levóu lonxe, lonxe na distancia e lonxe na palabra" e "Outros de lembranzas dos lugares da nenez, pobre materialmente pero rica en anceios de sabedoría".
A verdadeira riqueza non está no material, como pensa unha gran parte da sociedade actual, senón noutras cousas máis valiosas que xamáis se poderán pagar con diñeiro, e que nos levan lonxe.
Grazas por compartir estas xornadas tan interesantes e por sabelas contar e transmitir, transportándonos de certo modo ata o lugar.
Unha aperta,
Iria