www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 19 de agosto de 2023

FOZ: FEIRA DO LIBRO


 

Onte facía un día sufocante. Era a miña cita na feira do libro en Foz. Non podía faltar. Estaría de oito a nove do serán nunha libraría que vende o meu poemario Río adentro. 

Primeiro pasei pola praia de Llás. O sol queimaba. Sentía como douraba a miña pel en apenas segundos. Bandeira amarela. Precaución. Non había ondas fortes e a auga era dun azul turquesa. Apetecía meterse nela. Levoume o meu tempo tomar a decisión pero, ao final, probéi a auga. Estaba morna. Dende alí, dirixínme ao Porto ónde tiña lugar a feira. Deixei o coche algo afastado e metinme por rúas case peatonais, pola antiga vila de mariñeiros e fun vendo as casas baixas, a igrexa e seguindo os recobeques que facían as rúas que me levarían ao porto.



As casetas dos libros estaban nun espazo que facía as veces de multiusos e no que puiden parar a ver un contacontos, a escenificación dun conto sobre un patiño viaxeiro que partíu ao seu destino nunha enorme caixa de cartón. Era todo en mímica. Gustóume.



Como tiña tempo, busquei un sitio axeitado para tomar unha cervexa. Atopeino. Era un pub pequeno todo de madeira e dende o que se vía o mar, o porto deportivo, un xardín no que xogaban nenos e nenas.

Alí, tiven a motivación de escribir algo. Algo en inglés. Non sei por qué. Non me interpretedes mal. 



Just perfect!

A bag of crisps and a beer.

Sitting by the sea side

in a wooden pub,

looking at two ladies,

dressing Magreb style.

They are on a bench

by the kids play garden.

I guess who their children are.

I feel they are not as free as me

or perhaps they are.

Their dress cover all their bodies

even at the beach.

I don´t know if they feel free as I do.


Logo volvín xunto as casetas dos libros por onde hai unha mostra de fotos antigas de Foz. Escollín aquelas que tiñan unha data siñificativa para mín.





Fixeime como vestía a xente daquela época. De cando naceu meu pai, de cando naceu miña nai, de cando eu nacín. De como eran as vilas daqueles tempos.

Era a miña hora na libraría para asinar libros, no caso de que algúen se achegara a mercar ún.

Polo menos tiven xente que me acompañóu. Unha amiga, Iria,  que veu dende Burela. Logo tamén chegóu Antón que vive pola bisbarra, outra xente que me coñecía e pasaba por alí. Alguén que mercóu un libro para Clara e Roque, nena e neno da idade das miñas netas.



Coñecín a un escritor mariñense, Paco Rivas, que ten moitos libros sobre a Mariña, os mariñeiros, o mar, o seu mar... e que xusto estaba presentando o seu último libro, alí mesmo na feira, nun espazo con cadeiras brancas, un pequeno grupo de público e eles dous, explicando sobre o libro. Logo asinaríame o que merquei e que comecei xa a ler hoxe mesmo. Xunto con ún de poesía para nenos e nenas de Xoán Neira.



Logo de pasar unha tarde diferente ás miñas habituais, despedinme de Foz sobre as 21.20 coa sensación de que me ía sen poder celebrar o encontro coas persoas que me acompañaron pero non son viaxeira de noite e tampouco me gustan as aventuras entre lusco e fusco.

Gardo un grato recordo do que foi a miña última feira do libro do dous mil vintetrés. Grazas, amig@s!






22 comentarios:

  1. Una jornada variopinta y muy grata, por lo que cuentas.

    Un abrazo, y gracias por compartir

    ResponderEliminar
  2. Moitos parabéns.Unha forma bonita de sair da casa e interactuar cá xente. Bicos

    ResponderEliminar
  3. Amiga Bratriz,
    Um passeio feliz com os amigos, com a cultura estampada nos livros, tudo na companhia das crianças e até de um patinho amarelo que remete qualquer adulto à sua infância.
    O brinde feito com uma cerveja e batatas fritas, alimenta viagens futuras... São tantas as possibilidades.
    É sempre um prazer ler os teus textos.
    Beijos!!!

    ResponderEliminar
  4. Boa xornada, boa experiencia. Es unha excelente poeta. Río Adentro é deses poemarios que acompañan a un e que o protexen dos golpes da vida, dos perigos e das desilusións.

    ResponderEliminar
  5. Xeniaaal! Moi boa experiencia, ese río a dentro ainda ten moito que dar.
    Grazas por compartir o teu día!

    ResponderEliminar
  6. A vida é unha viaxe, e ti unha viaxeira experta. Apertas mazariqueñas, Bea!

    ResponderEliminar
  7. Eres das que non anda a lume de carozo, iso notase dando tempo a deleitarse do paisaxe e as xente que atopas no teu camiñar. Como sempre un relato fantástico Bea!

    ResponderEliminar
  8. A feira do livro, é sempre um excelente local para visitar, e ver novidades literárias, e não só.
    Gostei muito desta tua crónica, amiga Beatriz.
    Votos de uma excelente semana!
    Beijinho.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  9. Esas ferias sin interesantes
    y el paseo tambien, un placer
    conocer tu blogg.
    besitos dulces
    Siby

    ResponderEliminar
  10. Por fin teño o meu libro firmado pola autora! Con respecto á auga do mar cada vez está máis morna, o cambio climático, que está afectando ata traer especies que nunca houbo no Cantábrico e si en augas máis cálidas, como as carabelas portuguesas. Que interesante o das fotos e o teu xeito de ollas, asociándoas con datas importantes para ti e familia. Precisamente alí, nesa colección de fotos, remata unha audioguía ficcionada que todos podemos descargar no móbil, e escoitar cuns cascos, que che vai contando historias da vila, sobre todo mariñeiras, e se van alternando con cancións, sons propios, etc, mentras das un paseo tranquiliño duns 30 minutos. Foron feitas polo grupo de teatro Chévere, que obtivo premio nacional. É coma unha obra de teatro pero só con audio, para ti soa e coa que abstraerte. Hainas por múltiples lugares da mariña. Para a próxima vez que nos visites recoméndochas. Desta volta non caín na conta. Por certo xa contarás qué tal Mar...uxía. Temos que facer intercambio de libros! Sempre é un pracer compartir con xente interesante, na que por suposto te inclúo benquerida Bea

    ResponderEliminar
  11. A felicidade faise de pequenos momentos. Parabéns Beatriz !!!!

    ResponderEliminar
  12. Antes iba y leía
    Hoy no voy demasiada gente
    y leo menos
    Un abrazo infinito

    ResponderEliminar
  13. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, relendo este excelente Poust, que muito gostei, e desejar um Feliz fim de semana.
    Beijinho!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  14. Uma crónica muito interessante, Beatriz!
    Beijinhos recheados de gratidão!
    Megy Maia😘💙💐

    ResponderEliminar
  15. Punto por punto, tu crónica me ha encantado. El pasado, presente. La inspiración, al punto. Y con tu imagen de maga abierta a la palabra te deseo que pasaras un día muy feliz.
    Un besazzzo.

    ResponderEliminar
  16. Maravilha! Eu adoro 'Feira do Livro', aqui no Brasil temos várias, e na minha cidade a Feira está grande, muitas palestras e shows, e os livros...nem se fala, de tão bela, todos os anos!
    Bela crônica, Beatriz!
    Beijinho, saúde e paz, querida amiga.

    ResponderEliminar
  17. Olá Beatriz!
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana, com tudo de bom.
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  18. Amiga Beatriz,
    Que este início de setembro seja tão produtivo em sua vida, assim como tem sido esta nova jornada de vida para todos nós no período pós-pandemia.
    Um beijo e bom final de semana!!!

    ResponderEliminar
  19. Hola Bea
    Esta feria es preciosa. Me encanta tu libro. También las fotografías con los lectores adultos y niños. Es maravilloso.
    Nos vemos pronto.
    Un abrazo
    Mónica

    ResponderEliminar
  20. Felicitaciones por todo lo que haces y eres.Unica vos
    querida beso

    ResponderEliminar
  21. Foi, o que se pode dizer, um dia bem passado.
    Que haja mais dias como esse.
    Abraço de amizade.
    Juvenal Nunes

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.