Ao comezo fomos un pouco afastados do litoral. Apenas se entrevía o mar. Camiñamos por frondosos bosques de eucaliptos e pinos con algún castiñeiro. O perfume destas árbores aromatizaba o ambiente.
Subimos costas o máis en silenzo que poidemos para non sentir a fatiga a causa da calor e o desnivel.
Non tardamos moito en estar a carón do mar.
A partir daquí xa camiñaríamos a pé de costa, cuns cantís profundos, barandas de protección, pasando por calas rochosas e bateas de mexillóns flotando nas súas augas dun azul turquesa nos rincóns máis sombríos.
O paso apurado non deixaba tempo á contemplación. Aínda así, vimos unha regata de embarcacións tradicionais a vela, algúnhas traídas doutros tempos e países. Chamóume a atención unha francesa chamada Terzo. A foto foi tomada nunhas láminas que penduraban do malecón e que a mín me gustóu especialmente pola forma da súa vela.
Seguimos camiñando e achegándonos a Sada, lugar perto do que pasei tres anos da miña vida e que despois de case corenta sen visitala, nada semellaba ser como eu a deixara, salvo o centro, escondido detrás de edificios elevados de apartamentos e hoteis.
Antes de adentrarnos na vila, pasamos polo que foi a aldea de pescadores, coas súas peculiares rúas estreitas e empinadas, algúnhas en forma de escaleira descendo ata o porto. Pintadas as casas con cores vivas, lembrábanme as casas de estilo ibicenco, con ese azúl e branco tan característico e algúnhas saltándose ao amarelo para romper coa tradicción e engadir unha cor máis atrevida.
A marea estaba baixísima e desvotounos a idea de darnos un baño antes do xantar de picnic que nos agardaba no autobús. A praia estaba cuberta dun manto verde de algas que separaba o areal da linea de auga sen oleaxe que durmía a sesta a un quilómetro de distancia.
Apetecía tomarse unha caña ben tirada na terraza dun bar calquera baixo a sombra de palmeiras e outras árbores mentres saboreábamos un petisco de ensaladilla fría que a aquela hora fixo de entrante ao refrixerio que nos ofrecía a viaxe.
Non faltóu a foto ao emblemático edificio que foi cafetería noutro tempo, El Recreo e que tanta polémica se formóu pola súa demolición, algo que aínda non se conseguíu grazas a resistencia da xente da vila que non quere perdelo de vista.
Logo de xantar sentados nas sillas con pedais dun parque de fitness e bailar unhas bachatas ao son do móvil pareceunos que era hora de descubrir cómo se encontraban as casas entre as rúas de atrás. Había un mercadiño ao longo da principal e as casas non mudaran o aspecto que tiñan cando eu as vira por última vez. Apantalladas pola modernidade, resisten na trastenda da Sada de antes.
Una excursión realmente bonita. Gracias por compartir.
ResponderEliminarUn abrazo
Nunca oíra eso de costa doce......nin sabía que había bateas tamén no norte. Grazas por compartir. Bicos
ResponderEliminarOlá Beatriz,
ResponderEliminarExcelente crónica deste belo passeio por lindos locais.
Gostei muito.
Votos de uma excelente semana!
Beijinho.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
O meu comentário de ontem não ficou??
ResponderEliminarOla miña benquerida Bea:
ResponderEliminarTen que ser unha sensación curiosa chegar a un lugar no que viviches, que serviu de refuxio un día para ti (descoñezo se lle chegarías a tomar cariño), do que tiñas unha idea e concepto e atopalo cambiado, excepto no núcleo principal o máis antigo, a súa esencia primeira.
Ás vilas e cidades pásalles coma a nós, as persoas. Deixamos de velas por un tempo e sempre hai algo que cambiou ou novo, no máis superficial ou no máis íntimo, profundo, tanto para ben como para mal, tamén a veces depende da perspectiva con que olle cadaquén.
Pasábame a min (a pequena escala) cando estaba estudando fóra e volvía ao cabo dunhas semanas á miña vila. Atopaba tendas novas e outras que xa non estaban, e pasarán só semanas, en anos moito máis.
Todo e todos estamos en continuo cambio, esa é a reflexión que saco.
Tamén é bonito ver e volver onde vivías e percorrer os lugares que antes percorriches, e volver a recordalos con máis exactitude, decatarte que aínda que non domines os espazos coma antes, saibas aínda orientarte e chegar dun lugar a outro sen mapa, revivir o de antes (aí pasoume esto, aquí aqueloutro, aquí había esto, e ségueo habendo ou non, acolá viñen con tales persoas, había un camareiro que era así...).
Pasoume a min nunha recente viaxe a Oviedo, cidade na que vivín sobre un ano.
O segundo que me chamou a atención foi o baile de bachatas, vós si que sabedes divertirvos! Soa moi ben! E tamén me transportou a unha viaxe miña por Lisboa. Ía cun grupiño e chegamos a un bonito mirador recén caída á noite, con quiosco. Atopámonos a xente bailando salsa. Neste caso creo que non era improvisado, parecía que quedaran para eso alí, e unímonos o baile. Moi divertido e desas anécdotas que che quedan gravadas na mente por seren especiais. Eso é o que conta.
Alégrome de lerte (que agora mesmo non verte) tan ben, pero espero que axiña tamén o segundo.
Unha aperta
Uma caminhada saudável por lugares apreciáveis e belas paisagens, com mar ao fundo.
ResponderEliminarAbraço de amizade, Beatriz.
Juvenal Nunes
Olá Beatriz,
ResponderEliminarcomeço por dizer que hoje decidi fazer um tour pelos meus blogues e ver posts do ano passado e faz agora em agosto 1 ano que passou no meu blog e deixou 2 comentários e, de seguida...não mais apareceu
Por isso venho convidá-la a voltar a vir espreitar os meus artigos, estive 4 meses "parada" mas regressei agora e venho com vontade de fazer isto a sério, sem mais parar, até porque tenho apenas 4 meses até ao fim do ano para terminar a descrição desta viagem que foi muito especial para mim, por vários motivos.
Assim sendo deixo aqui o link do blog:
http://orientevsocidente.blogspot.com/
quando passou no meu blog disse:
vi seu comentario no blog de Tais e fiquei curiosa de saber de você, que viaja sosinha, como eu fiz anos atras. Agora optei por recever eu aos que viajam!Vejo que tem ido a muitos lugares. Eu também gostaría de ir no Japão. Cinvídoa a visitar o meu blog.Desculpe a intromisão
FOI UM PRAZER recebê-la no meu blog e gostaria que continue a vir visitar-me. Passando hoje por aqui fiquei fascinada com tão belas paisagens e parabéns pela sua excelente crónica deste belo passeio! Gostei muito.
Votos de uma excelente semana!
Bjs Kalinka
¿Donde ye has metido querida? hace tiempo que no tengo noticias tuyas
ResponderEliminarMe gusta mucho todo lo que escribes te abrazo
Besitos
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarBea,
ResponderEliminarAdoro passear com Vc, com
seus amigos e sua caminhadas.
Maravilhoso é exercitar-se
e ainda encantar-se enquanto
nos encanta com suas
publicações.
Bjins de uma semana maravilhosa
pra nós.
CatiahoAlc.
Beatriz
ResponderEliminarQué maravilla de bello comentario
Eres una mujer fuera de serie
saludos y felicidad
Hola Bea. Buenas noches.
ResponderEliminarQué bonito todo lo que cuentas...
Salen tan guapa y feliz que eso me enorgullece mucho de ti. Sigue siempre así. Con esa marcha de senderismo.
Besos, hermosa.
Mónica