www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 30 de xaneiro de 2021

BOMBÓN CON PELO

 


Se eu non tivese traballado nunha fábrica de chocolate, non sabería que un bombón con pelo, non só pode causar un desprestixio para a firma senón que detectalo a tempo é recompensado.

Na sá de profesores raro era o día que non houbese unha caixa de bombóns ou calqueira outra lamboada á hora do café. Aniversarios, agasallos, visitas.... sempre había algo que celebrar, non como agora, que toda celebración está contraindicada.

Eu collín un bombóm e achegueime a fiestra para degustalo ollando a paisaxe natural que rodeaba a escola. Antes de levalo á boca, teño por costume miralo, ver a súa forma, decoración e mesmo adiviñarlle o nome. Eu na cadea de bombóns tiña que saber o nome de todos: carioca, sultana, napolitana.....

Déronme os ollos nun pelo que o atravesaba polo medio. _Un pelo nun bombóm! debín de deixar escapar. Loxicamente nono comín. Gardeino ben gardadiño e limiteime a averiguar a procedencia da caixa.

Ao día seguinte dirixinme ao sitio onde os venderan co ánimo de facer unha reclamación. Mellor dito, que a fixeran eles ao seu proveedor. Pouco lles faltóu para votarse a rir e tomarme por tola. Ante a súa negativa, decidín actuar pola miña conta, que é case sempre a mellor opción.

Así que, merquei sobre acolchado e escribín a miña experencia co bombóm da mellor maneira que puiden e envieino por correo ao enderezo da fábrica que figuraba na caixa.

Xa case nos esqueceramos do asunto cando unha mañá aparece un paquete contendo unha caixa de bombóns igualiña á outra e un lote de produtos da casa, acompañando cunha carta na que se pedían disculpas, se agradecía que lle lo fixeramos saber e tamén unha súplica: que non espallaramos o incidente.

Ninguén daba creto a aquilo. Endexamais lles acontecera tal cousa!

Eu, ainda non satisfeita de todo, paseime pola tenda onde non quixeran tramitar a reclamación, e contéilles o sucedido, non por nada, senón para que soubesen que hai cousas que ainda que parezan de tolos, son plausibles. 

Dende daquela, sempre miro o que levo á boca. Xa me ten acontecido ter atopado un resto de estropallo metálico no pack do lunch que oferecían gratis nos avións, e mesmo en hoteis turísticos de catro estrelas, o mesmo tipo de obxecto estrano na comida.

Eu sempre o fago saber a quén concerna, non por amolar, senón para que teñan mais coidado no futuro, pois un ferriño deses no noso dixestivo.....non sei eu o que podería causar. E ante todo a nosa saúde. 

Un pelo ou unha mosca, pódelle caer a calqueira!


16 comentarios:

  1. Ben me acordo do incidente, sí. E de que saboreamos de segunda. Ti tiñas a tus esperiencia que che daba forza para reclamar....nunca está demais estar ben informados!! Gracias, Bea! Bicos

    ResponderEliminar
  2. Beatriz, eu xa ben agradecía un bo fato de pelo, malia fose envolto en chocolate.

    ResponderEliminar
  3. Adoro el chocolate. Si todos tuvieran la dulzura del chocolate dentro de ellos, el mundo se volvería mucho más dulce de lo que parece.
    .
    Feliz fin de semana
    Cuídate
    .
    Pensamientos poéticos y ensueños
    .

    ResponderEliminar
  4. Dulce e interesante historia. Sempre bo decilo pra que se saiban as cousas, moi bo proceder_ Bea. Apertas!

    ResponderEliminar
  5. Muy buena historia de un placer terrenal.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  6. Ay Beatriz, ¡qué horrible encontrar un pelo en un chocolate o en cualquier otra comida! da igual. Pero a mí se me quita el hambre. Muy buena tu narrativa. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Curiosa anécdota, que tampouco me causa sorpresa, e a min o do pelo deixaríame sen gañas de bombóns por uns días, é algo que me supera, inda que entendo qu e é algo que pode pasar por estrictos que sexan. Que diferente a reacción da tenda da dos fabricantes, sempre podemos esperar o mellor dos demais...e tamén obtwr indiferenza. Que sorpresa saber que traballache nunha fábrica de bombóns!.

    ResponderEliminar
  8. Nem me fale a muitos anos peguei um bom bom que estava
    velho... final da história até hoje não como mais kkk;
    Sinta-se a vontade pra mandar qualquer imagem por e-mail.
    Boa entrada de mês de fevereiro.

    ResponderEliminar
  9. Aqui há tempos deu na TV um programa sobre coisas que aparecem na comida e a forma correta de reclamar. E também deram exemplos de pessoas que o fizeram e que foram recompensadas. Também tenho cuidado mas a mim a única coisa que já me aconteceu foi um pão sem ponta de sal. Não só a mim, o padeiro tinha esquecido e todos reclamaram e claro que nos deram outro.
    Abraço, saúde e boa semana

    ResponderEliminar
  10. Olá Bea kkk, para os íntimos k,
    Acabei de ver as fotos é que as vezes demoro a olhar o e-mail
    Fiquei apaixonada pela edificação que coisa mais linda!
    Devia fazer um post só da casa uma hora dessas;
    Amei! a cor do portão.
    Também tens uma bela vista da natureza;
    Aqui no Brasil tem edificações assim no interior do RS feita ou por descendentes de alemães ou poloneses; geralmente são casas com mais de 100 anos; acho lindo.
    Aqui na minha região tbm tem neve mas aquela super fininha mas tbm deixa tudo branquinho; mas com certeza não é essa neve de tirar de pá da frente de casa ou quando se quer sair kkk; essa região onde moramos é uma das mais frias do País no inverno;
    O bom da web é essa troca de belezas e informações...
    Maravilha!
    Abraços.
    janicce.

    ResponderEliminar
  11. Mónica Pin Álvarez3 de febreiro de 2021, 21:36

    Vaya... Que fotografía más tentadora y estas horas de la noche, más todavía. Ahora sí me apetecería comerme un par de bombones o tres. Que pinta, pero sin pelo. Que no me gustan con pelos. Jaja jaja

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  12. Querida Beatriz,
    Eu adoro chocolate, mas com cabelo não dá. Adorei te ler.
    Beijos!

    ResponderEliminar
  13. Hola, Beatriz!

    Vine a retribuir tu visita a mi blog! Siempre respondo a los comentarios allí.
    Muy interesante y esclarecedor tu texto. Gracias por compartir.

    Besos
    Liliana
    Ideias Recicladas e... não só!

    ResponderEliminar
  14. Ola Bea! Non sabía que traballaras nunha fábrica de chocolates, nin que foras mestra. Moi boa reflexión. Iria.

    ResponderEliminar
  15. Querida mi respuesta
    No sigo a nadie porque sigo a todos abrazos

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.