www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 4 de decembro de 2016

ROTEIRO DAS SEIMEIRAS



Un fermoso día para un roteiro espectacular e nas proximidades! Qué gusto descubrir esta natureza en estado puro onde o son da auga faise sentir por toda a fraga repleta de castiñeiros centenarios e de frondosidade variada. Fixemos este roteiro con dous grupos chegados da Mariña e de terras de Lourenzá. Era un roteiro circular con baixadas impresionantes pero con valado de madeira para evitar caídas ao precipicio. Ben sinalizada e con pontes e pasamáns en bo mantemento.
A primeira seimeira (fervenza) lembra a típica cola de cabalo que me fai pensar na manzanilla leonesa que viña nunhas caixiñas que tiñan unha fervenza semellante. Era a granel e facía efecto inmediato!!!
Por aquí hai un descenso moi en picado e resbaladizo nesta época do ano debido á follaxe que alfombra o chán pero que con coidado fomos pouco a pouco baixando sen maiores tropezos para atoparnos con esta fermosura natural ben escondida e para min descoñecida ata o día de hoxe.
Forma unha poza grande  na que me imaxino que se poderá tomar un baño no verán. As augas parecen limpas e sen contaminar. Un convite a deixarse masaxear por este chorro poderoso. Tentacións habelas hainas!!!



Este castiñeiro ben merece unha foto. Gustaríame que o vise Rinat, unha artista que transforma a natureza en algo moi suxerente, con oquedades que desentrañan a alma dos nosos compañeiros vexetais. Seguro que lle gustará facer algo con esta imaxe. Atopamos moitos polo estilo, que parecen feridos de morte pero sobreviven e manteñen o tipo e mesmo dan castañas que cubrían o chán. Un tronco de árbore atravesando o río de lado a lado en forma de ponte e do que medraban ben enerxéticas cara o ceo, ponlas que perpetúan a súa estirpe e que se farán grandes e nos convencerán de que non de toda árbore caída se fai leña.
O río, que eu diría regato, e non por facelo de menos, senón porque non ten moito caudal, é sen embargo, ben cantareiro e xoguetón e déixase escoitar dende as alturas, como se o seu eco enchese a fraga e fose música de fondo para outras voces de paxaros e animais que por alí circulan. Vai facendo fervenzas pequenas ao seu paso onde navegan rápidas as follas e ramas que se desprenden.

Llaneando, a pé de río, atopamos a seguinte seimeira, mais
pequena pero co engado de formar unha praia de moi doado
acceso na que debe ser unha delicia bañarse en pleno verán.


E despois deste paraíso, comenzamos o ascenso ata a estrada, levando un frescor de espíritu que nos daba pulo para acabar o roteiro e sentir que nos adentraramos  no corazón mesmo dunha fraga que pasa inadvertida aos que non saben dela. Agradecimentos a quenes nos facilitaron o seu descubrimento, pois é un sitio ao que hai que voltar.

8 comentarios:

  1. Um excelente passeio, por um autentico paraíso, desvendando segredos da natureza, Muito revigorante.
    Boas imagens.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Has cambiado el fondo de tu blog y queda precioso con el relato que hoy nos ofreces. Mientras leía tus comentarios sobre el recorrido, iba pensando cómo me gustaría visitar también ese lugar que ha de resultar tan maravilloso cuando todos los árboles estén repletos de hojas y se oiga el rumor de las aguas y se sienta el frescor del aire no contaminado por la acción de los hombres.
    Me has hecho pensar en el paraíso. Amo la naturaleza, me siento transformada, disfruto, me olvido de todos los problemas, cuando vuelvo a casa me parece que llega dentro de mi una persona nueva o mejor dicho, renovada.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  3. Bea... que excursión en grupo, más maravillosa.
    Pura naturaleza y plenamente panorámica. Con esos preciosos castaños y el que has fotografiado es muy especial. Seguro que alguna criatura se cubrirá y se protegerá de los días fríos y helados en invierno. Por ejemplo: algún pájaro con crías, una ardilla, un búho... Las cascadas son un paraíso, para mi personalmente me recuerdan a cuentos de Hadas, Duendes... Esos bellos personajes ficticios que nunca los vemos y siempre están escondidos entre los libros con unas ilustraciones maravillosas entre la fantasía y la realidad. A ti te veo en medio de las cascadas muy guapa como una bella y hermosa Hada de los bosques encantados. Estas genial, Bea. Me alegro mucho de verte.
    Un abrazo enorme.

    ResponderEliminar
  4. Que lugar lindo...
    Sentimos renovados em um lugar assim.
    Boa continuação de semana.
    janicce.

    ResponderEliminar
  5. Amiga a lenda não é minha. Se fosse minha seria uma história, não uma lenda. Chegou-me contada por uma colega, procurei na net, encontrei-a com pequenas diferenças em vários sites e em nenhum vi de onde ela viesse, pelo que julgo será uma das histórias que circulam por tradição oral e não se sabe quem a inventou.
    Procure na net por "A lenda da flor de Natal"
    Um abraço e obrigada pela visita.

    ResponderEliminar
  6. As terras de Burón teñen algo de máxico, xa no seu nome, nas rúas da Pobra de Burón, cunhas pracas que as nomean e dan esa enerxía de pensamento universal, alí onde a natureza achéganos a nós mesmos. Fermoso roteiro, no verán terei a posibilidade de disfrutalo. Qué razón tes, non de toda árbore caida se fai leña, nin de xeito literal nin de xeito metafórico. Sempre que leo o teu blog teño que anotar algo en "tareas pendentes", vai acabar sendo unha libreta gorda!...hahaha

    ResponderEliminar
  7. Hola Bea, na a miña ausencia perdinme belas entradas, pero ningunha vai quedar sen ver. agora teño que sair pero boltarei en canto poida.

    Biquiños.


    ResponderEliminar
  8. Ola Bea, bos días, volvo por aquí de novo para acabar o empezado, gústame o percorrido que fixestes, que fermosa as fervenzas envexo un paseo por medio da natureza, abrazar unha arbore e respirar o seu olor. Sigue mentres poidas camiñando esas rutas de sedeiros saudables.

    Un aperta grande e gracias por a túa visita.
    Se moi moi feliz,

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.