www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 5 de outubro de 2015

FROITA MADURA....TODO DOZURA!

Prestoume cambiar de planes culinarios. O menú do día foi improvisado, como a veces acontece. Saín con vento do sul nunha esteñada por ver se atopaba cogumelos. Metémonos polo prado cando xa empezaba a chover forte. Ali, agochadiños, cal paraugas das fadas, había xa bolas de neve, champiñón xigante e fermoso. Algúns abertos de todo e outros mais pechadiños. Apañei estes últimos e funme contenta, seguida sempre de perto pola Noa, que ía empapada de chuvia o mesmo que eu. Xa tiñamos o xantar resolto. Habería que darlle xeito... pensar qué preparar con eles. Xa sei, tomates recheos de champiñóns!!!Así aprobeitarei as cebolas, pementos, tomates..... Non, non, non vou mesturar todo iso. Prefiro a simpleza. Os champiñóns van ben co alliño e tal vez unhos pequenos taquiños de xamón, cayena.... E así, os tomates, unha vez valeirados da súa pulpa, cociñaríaos simplemente nun pouco aceite, engadindo sal e albahaca e logo mesturarlle os champiñóns xa cociñados. Así rechearía as carcasas dos tomates e con un topping de queixo e por riba a súa tapa e ao forno. Foi todo un acerto!
Da gusto ver cánto nos ofrece o outono. As froitas de todas clases con abundante dozura acabarán en marmeladas, compotas, marmelo e pasteis elaborados con elas. Tempo de alquimia e maxia na cociña! Despois, terémolas presentes na mesa o resto do ano e poderemos agasallar cos escedentes a amizades, familia....ou comedores sociais para xente que non ten fogar.
Mágoa ver canta froita se perde nos camiños. Agora veñen as castañas, as noces, as mazáns... todo á xunta. Non dou feito! Os tomates, as cabazas, pementos......É difícil acomodar todo iso de xeito que se conserven e poidamos disfroitalos pouco a pouco o resto do ano.  As frambuesas e moras tiven que ilas conxelando segundo as ía recollendo para logo facer a marmelada toda xunta. Deu bo resultado e así non se me xunta o traballo e podo ir espaciando as conservas que xa ocupan un bo anaco de despensa.... e cando me paro a velas..... penso cómo poderei ir utilizándoas sen darme un atracón!
Molleime con gusto. Non levaba paraugas. Todo é chegar e cambiarse rapidamente. A Noa tiven que secala co secador de pelo e xa lle sirve de ducha. Agora está relaxada no seu refuxio, durmitando esta tarde outonal que nos fai estar agusto dentro da casa ou do neal.
Deixo fotos que fun tomando estes últimos dias e que conforman o engado da miña horta ou da miña aldea.
Mentras non veña mais frío, o outono é mais que levable, case diría que é un pracer voltar a ver a chuvia.
E sobre todo, saborear as primeiras castañas asadas! Mágoa non poder compartir tanto manxar.
Figos cortados para marmelada
Bombón de figo paso
Que o outono das cousas e da nosa vida sexa unha experencia gratificante!!!!!


Bola de neve apañada hoxe
Marmelos do meu marmeleiro
Muller de campo e de romaría

Marmelo elaborado
Mazáns da miña horta
Noa, compañeira de aventuras


Un dos tomates mais grandes