....pequeño, peludo.... (Platero y yo)
....pequeno, peludo, redondo, rebuldeiro, inquedo, listo, agarimoso, independente..... así é Bobi, un cachorro con personalidade definida. É fillo único de mamiNoa e ten a exclusiva na sua teta.
Dende que abriu os ollos, empezóu a coñecerme aínda que xa me coñecía pola voz, polas cousas que lle decía de pequeniño. Agora ségueme a onde queira que vaia. Para él non hai dificultades nen escalóns demasiado altos. É un escalador nato, e cando consegue chegar ata a miña cara, dame bicos e lámbeme as mans, a roupa....O que mais lle gustan son os meus zocos violeta. Como teñen buratiños e son de goma, non para de roermos. Hoxe saímos pola horta e deitámonos ao sol, os tres (Bobi, Noa e eu). Xogamos entre a herba, patas arriba e patas abaixo. Parece que lle gustaba tomar o sol na mullida alfombra verde. Bobi, dende que naceu, fai un mes, ten visitas a diario. Todo o mundo quere velo antes de que se nos vaia, pois o nome que leva, non llo puxen eu senón a súa futura dona que o está agardando con toda sorte de exquisiteces para él soliño. Eu demoro o momento e mentras Noa lle de a tetadiña, non quero deixalo ir, pero teño coidado de non engatusarme demasiado nel porque é cautivador.
Estou segura de que tera unha vida afortunada e unha dona que o cuide con mais tempo do que eu lle podo dar. Votaremoste de menos, Bobi!