www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 14 de febreiro de 2011

ESTRESADO DIA DE SAN VALENTÍN







Empezando día ás oito da mañá en paga de ás sete, como tiña previsto e acordado coa alarma do móbil. Saín da casa como un vendaval, apenas vestida, a medio lavar, e por suposto, sen almorzor.
Aviso ao meu fillo para que se arregle como poida para atravesar todo Lugo, ata a UNED, onde tiñamos un exame de Parentesco, ás nove da mañá. A estrada estaba cargada de tráfego, cousa pouco habitual outros días, mesma hora. Todo en contra. Conseguín non equivocarme de rúa para acceder á UNED. Eso quedou ben, dado a falta de tempo. Alí atopo a Xoán. Entramos. Mándannos agardar para comprobar datos que non cadraban. Ao final, o exame era ás once trinta, e tanta axitación que nos trouxemos. Bueno, así daba tempo a tomar algo, tranquilamente, ao fin, e comer a laranxa importada directamente da horta valenciá e o cacho de bizcoito que trouxen. Fixemos recados. No super, atopeime sen a lista de compra que tirara na papeleira poucos minutos antes de entrar. Acabei comprando só dous artículos, o que resultaba un tanto raro. Nos papeleos que levaba para arranxar, faltábanme mais papeis, mágoa, nunca chegan dabondo estes papeis!
Sobraba algo de tempo e ainda me reunín con Xoán na biblioteca da UNED, onde comentamos preguntas e dúbidas que logrei aclarar, grazas á súa axuda desinteresada, ainda que discutimos un chisco por aquelo de que non se nos ocurrira poñer os dous igual, non fosen decatarse de que copiaramos, ao fin e o cabo, fora él quen elaborara o minuicioso traballo de respostar tódalas preguntas dos exames anteriores e dos que tiñamos posibilidades de que caesen. Eu, ademais, convencida de que seguindo reglas estadísticas de probablilidade, ía caer o exame que caeu o ano pasado na segunda semana de febreiro, dado que na primeira, caera o da primeira do ano 2010, pois levabao copiado aparte para.... en caso de dúbida... votar unha ollada.
Así foi, tocou o mesmo exame que eu levaba. Pero... os vixiantes fixéronnos gardar todas as carpetiñas, e papeis personais e quedarnos só co exame enriba da mesa. Eu sabía as respostas. Escribía con toda seguridade, contenta de que fosen aquelas preguntas esperadas. Sabía que algún fallo ía meter pero cando cheguei á última, deume idea de comprobar se o esquemiña, ese, era o axeitado. E alí caeron como águias sobre min. Leváronme todo canto tiña para grapalo ao exame. Eu, marchei coa vixianta polo pasillo da aula tratando de explicarlle que non copiara nin o que se dí unha sola palabra, como así fora. Nin rastro de humanidade na sua expresión opaca. Díxenlles que agardaría a que se acabase o tempo para falar con eles. Mentras esperaba no pasillo, entre choriqueos e iluminacións, ocurríuseme escribir unha nota para o profesor, que lles pediría adxuntasen ao exame tamén, así tería dabondo papeleo que ollar, en caso de aburrimento. Non podía esperar ao final e fun a dentro a decírllelo. O vixiante, saíu ata fora para atenderme e eu insistínlle en que non copiara e que me parecía fatal que me arruinaran o exame e o día, senón a carreira enteira. Levou a miña "defensa" e eu víñenme. Cal non sería a miña sorpresa, cando Xoán me chama e me dí que o pillaran a él copiando e que xa non había remedio.
Vaia día!!!!!
Agora todo eso xa pasou e a experencia é a mesma de cando te multan por facer algo indebido. Case sempre son eles os que teñen a razón, ou así hai que dárllela, pero eu, copiar non copiei, ainda que fixera ademán de copiar no último instante.
En fin, día de San Valentín. Os meus "dositos" déronme exemplo de amor entre eles, e non puiden evitar fotografiar ese cariño que se profesan e escribir:
AMAR SIÑIFICA QUERERSE A PESAR DAS DIFERENCIAS.
Ahí queda eso!
FELIZ SAN VALENTÍN A TOD@S