As mascotas alegran a nosa existencia pero tamén nos traen novas responsabilidades, traballo, gasto e privación de liberdade.
Para min, xa empezaron os problemas. Que si Noa non quere comer case nunca. O ritual que nos marcamos para intentar que coma...., o seu primeiro celo, o posible embarazo non desexado por min, por ela coido que sí...., a incertidume do seu estado e qué facer coa nova prole...
Por outro lado, Mel, bó comedor, medrou rapidamente e é un trepador de marca. Nunha das súas saídas apareceu cunha picadura ou mordedura, non sabemos ben foi pero saíulle un bulto grande na gorxa e xa lle estaba a caer a pel e a facerse unha ferida grande. Decidín non agardar máis e levalo a unha clínica para que o visen. Tiven que deixalo alí. Había que abrirlle a ferida e limpar a infección que tiña. Case todo un día alí. Cando fun a recollelo, estaba tan flexible como unha almofada. Parecía unha felpudo. Aínda non despertara ben da nestesia e para máis tiña na cabeza unha especie de embudo co fin de que non se rascase.
Chegamos á casa e xa tomou un pouco de familiaridade co entorno. Pero estaba incómodo e moi raro. Non podía comer, nin beber, apenas moverse, chocaba co embudo contra todo. Con todo i eso, non tardóu en subir ao tellado e darse unha voltiña polas alturas, que son a súa especialidade. Noa case lle tiña medo e preguntaríase qué era aquel bicho a catro patas debaixo de tamaño campana.
Os tempos cambiaron tamén nas aldeas. Antes, nun caso así, deixaríase morrer o animal ou que sanase sen outros remedios que os propios e o que a natureza lle deparara. Pero agora, para eso están as clinicas veterinarias. Mágoa que a Seguridade Social non teña cobertura para os animais domésticos. Se son parte da familia, pois deberían cubrirse os gastos sanitarios. Ocurre que a ocasión fai ao ladrón, e así, como están desprotexidos ante a enfermidade, os veterinarios, que tamén teñen que vivir, péganlle unhas boas talladiñas ao noso bolsillo e non están os mundos para tales gastos! Paguei cento oito euros por curarlle a feridiña a Mel! Vaia todo por él, que é tan boíño e simpático!
En fin, que antes de embarcarse cos bichiños, habería que pensalo mellor. A experencia non ten desperdicio pero é moito traballo cando tamén hai que ocuparse de maiores dependentes que conviven no fogar.
Hai veces que dan ganas de tirar a toalla. Outras, vale a pena socorrer a quen o necesita. O facelo, paga a pena.