Xa ía sendo hora de abandoar a hibernación e sair a percorrer mundo e coñecer lugares marabillosos que temos ao alcance da man, desfrutando da natureza, da compaña de xente agradable, da gastronomía e aprender novas cousas.
Foi así que me apuntei a outra das viaxes que organiza Galicia Infinita, malia ter que madrugar e viaxar aínda con noite ata Lugo, punto de saída do autobús cara ao norte de Portugal, no entorno do Parque Natural da Peneda-Gerês.
Entramos nunhas estradas moi estreitas e cheas de curvas que daba un pouco de medo pero coa emoción e a espectativa de chegar a ese lugar coñecido polo "Pequeno Tibet Portugués".
Comezamos o roteiro ECOVÍA que vai a carón do río Vez. Un tramo de uns 15 kms entre pasadizos ou pasarelas de madeira e camiño de pedra, deixando o río á nosa dereita en sentido Sistelo que sería o último lugar da ruta que na súa totalidade ten 32,5 kms.
O día era primaveral e a paisaxe de arboredo ofrecía frescura. Acompañados sempre polo son da auga e os rechouchíos dos paxaros en perfecta harmonía orquestral e variando segundo fose o tramo, unhas veces o río ía rápido, rompendo en múltiples cortinas de fervenzas, outras, silandeiro e tranquilo, rezagado... ofrecéndose ao deleite das súas augas no verán e movendo rodas de muíños nos tempos pasados; fé diso dan os inumerables muíños en ruínas ao longo da ruta.
Nos primeiros tramos, as pasarelas ou "passadiços" presentábanse bastante deteriorados polos temporais do inverno; case desfeitos e algo perigosos. No último tramo eran máis actuais e estaban en perfecto estado de conservación. Atopamos lugares con piscinas naturais e pontes feitas con grandes pedras que servían para atravesar dunhas a outras polo medio do río.
Estabamos un pouco impacientes por chegar a Sistelo, a ese pequeno Tibet portugués do que nos falaran, considerado unha das sete marabillas de Portugal e candidato a Patrimonio da Humanidade.
Algúns non acabamos o tramo previsto e collemos o autobús antes dos últimos 9 Kms que nos faltaban para chegar ao destino pero xa se nos ía facendo moito camiño e incluso un pouco monótono pois todo eran pasadizos e o río xa nos ofrecera o mellor de sí.
Cando chegamos a Sistelo, pareceunos unha aldea moi pequena, rodeada de altitudes que se desparraman en socalcos ou bancais formando lorzas e con casiñas que testimuñan que alí preto do ceo vive xente e pacen vacas de raza Cachena nos socalcos. Toda esta paisaxe nos ven a confirmar que, con razón, se considere o Tibet pese a estar tan lonxe de Asia.
Adentrámonos no seu núcleo granítico onde todo está á man e cabe nun puño: igrexa, castelo, ponte medieval, viacrucis, tendas nas que se pode mercar tanto cousas de artesanía como bebida ou comida.
Tivemos tempo de saborear aquel entorno tan peculiar mentres agardabamos polo grupo que sí acabóu o roteiro a pé, como estaba previsto.
Despois, continuando por esa estrada tan estreita e con voltas, sendo máis das tres, hora portuguesa, dirixímonos a un restaurante no que xa nos agardaban. Era un macro restaurante cheo de xente, cun asador xigantesco en forma de pote no que se asaba unha deliciosa carne de vaca Cachena ?.
Xantamos ben, con ganas. Tamén degustamos o viño da rexión, un viño afrutado, parecido ao Albariño. Despois de todo, a nosa Ribeira Sacra ven sendo a parte galega dese pequeno Tibet.









Querida Beatriz,
ResponderEliminarRealmente sabes vivir en armonía con la naturaleza. Aprecio los hermosos paisajes que siempre compartes con nosotros.
Un abrazo.
Grazas amigo Douglas.
EliminarDesfrutar do que temos mentres se pode é cuase um deber!
Pronto visitarei os blogs amigo.
O meu abraço.
Bonito relato e bonita excursión pola natureza. Pasei unha vez por Arcos de Valdevez, preto do Xurés, camiño de Lobios. Pois si, os socalcos deben ser unha continuación dos nosos da Ribeira Sacra. Noraboa trotamundos. Bicos
ResponderEliminarAgradezo o teu comentario.
EliminarUn abrazo.
Estradas cheias de curvas são um problema.
ResponderEliminarBoa semana
Pero tambem são uma reserva natural. O problema somos noss!
EliminarUm abraço
Lindo post bravo desejo tudo de bom muita saude beijinhos feliz semana
ResponderEliminarObri, querida Isa!
EliminarHola Beatriz, como siempre de la mano de buena compañía y descubriendo lugares hermosos y sana gastronomía, el viajar siempre será un gozo y un placer que enriquece siempre. Buena semana.
ResponderEliminarUn abrazo
Hola Dionisio, hai que moverse mientras se pueda y conocer lo que tenemos mas cerca y que en este caso se parece a lo que nos queda mas lejos y supondría mayor esfuerzo.
EliminarGracias por tu visita.
Un abrazo
Belas imagens rodeadas de bons textos
ResponderEliminar.
Feliz Fim de semana
.
“” Teu corpo, meu Oceano ““
.
Bo día Rykardo. Um pracer recibir a túa visita.
EliminarAbrazo e boa semana!
Hola Bea.
ResponderEliminarUn viaje muy bien aprovechado. De visita por el Tibet portugués. Menudo lujo. Espero que hayas disfrutado mucho. Entre la información que nos das, las fotografías que nos enseñas, lo guapa y graciosa que te veo en la fotografía con tu gorra, gafas de sol y tu ropa de sport, me parece muy interesante este artículo escrito de tu viaje que olvidarás jamás.
Gracias por enseñarnos el video. Sigue así. No dejes de salir a conocer lugares mágicos.
Un abrazo enorme.
Mónica.
Gracias Mónica. De vez en cuando es bueno salir al mundo y cambiar la rutina, relacionarse con otras personas...
EliminarQue disfruteis de vuestra estancia en ese entorno que estará de blanco.
Un abrazo
https://minhaliteraturinha-menina.blogspot.com/
ResponderEliminarUm beijo para você, minha amiga. Saudade dos nossos papos...
ResponderEliminar