www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 25 de setembro de 2023

A PÉ DE CAMIÑO


 
Vexo o camiño libre
na serenidade dunha mañá
comezo de outono,
sol radiante ás costas.
Aquí, o mundo, varado.
Tan so os papaventos xiran
e nin un zunido me chega.
Todo o demáis está lonxe,
afastado do meu alcance,
un ruxeruxe que percibo
nos aparellos mediáticos.
Cultura das urbes povoadas,
máis, cultura tamén é isto.
Unha cultura silenciada,
un cultivo da alma,
instrospección chamada.
Non sei se digo ben.
Ás veces, non hai palabras.

venres, 15 de setembro de 2023

EXCURSIÓN A VIVEIRO

 





Os xubilados e xubiladas de Baleira, hoxe visitamos lugares da Mariña luguesa. 

O noso grupo fixémolo acompañados por unha guía da Deputación de Lugo.

A primeira visita foi a un centro de formación de imaxe e son, na capital lucense, no que nos explicaron cómo funcionaba todo o que logo vemos pola tv. Había varias aulas e platós. Nalgún deles interactuamos facendo de presentador@s do tempo, ou conducindo un descapotable por unha rúa dunha cidade calquera. Foi moi divertido!

Dende alí, dirixímonos ao concello de Ourol, para ver a fervenza da Xestosa. Un lugar no medio dun bosque cun certo desnivel ao longo dos 300 m. que a separan da estrada.



Chegamos a Viveiro e, despois dunha parada en Covas para un café de media mañán, dirixímonos á praia da Brela, ou praia d@s namorad@s.



Antes de chegar a esta praia, paramos para ver un lugar donde se cargaba o mineral que se extraía nunha mina próxima para exportalo vía marítima. O sistema era aéreo.




Logo de pasar un tempo na praia, á primeira praia que eu fun de nena, e na que, por casualidade colleramos un polbo que andaba xa algo mareado por entre as rochas, volvemos a Viveiro para xantar nun restaurante no que coincidimos co outro grupo de xubilados que viaxaron nun autobús grande e fixeron visitas diferentes. Era emocionante vernos a todas e todos alí, máis de setenta persoas, procedentes dun concello pequeno como é Baleira. 

Despois do xantar, tocaba a visita ao centro da vila de Viveiro, a súa zona monumental, prazas e rúas estreitas e empinadas. Algúnha, como o Calexón do Muro, considérase a rúa mais estreita de España, con tan só un metro de ancho. 



Viveiro conserva vestixios da súa muralla e moitos monumentos artísticos como a Porta de Carlos V, Porta da Vila, Porta do Valado, que son tres portas das seis que tiña o recinto amurallado. Esta vila ten máis de 900 anos de antiguedade. Nela podemos admirar fermosas iglesias, conventos, pontes, prazas e galerías. Casas que so medían o tamaño dun remo e que se conservan ao longo das rúas empinadas que levan nomes gremiales como a Zapatería, Ferreiros, Pescadería...



Por último, visitamos un museo da Semana Santa, no que se gardan os pasos que saen durante esa celebración, famosa polas súas figuras articuladas que dan realismo á escenificación do Via Crucis, como a do encontro da  Virxe e Xesús que se abrazan, ela cun pano secando as bágoas, él, escenificando as caídas coa cruz ao lombo, resultando moi emotivas.


Así rematamos esta visita que nos encantóu e que de non ter ido con guía, sería menos ilustrativa, xa que non reparóu en darnos toda clase de explicacións sobre a historia desta vila medieval tan rica en monumentos e vestixios históricos.

(Non me podía esquecer de mencionar ao poeta romántico, Nicomedes Pastor Díaz, icono de Viveiro)

 (1811-1863)

"Un sepulcro hallará mi dolor.

Un sepulcro es el lecho florido

que apetece mi anhelo postrero;

un sepulcro la dicha que espero;

pues no existe la dicha de amor"




domingo, 3 de setembro de 2023

ROTEIRO AVELINO DÍAZ

 




Hoxe, domingo, 3 de setembro, unínme ao grupo que faria o roteiro Avelino Díaz, comezando en Meira e acabando en Órrea, onde o poeta naceu a finais do S. XIX.
Con doce anos, embarcaría él só para as Américas, rumo a Bos Aires, deixando en Meira a súa nai, pola que sempre sentiría morriña e a que lle escribiría cartas e poemas cheas de tenrura e amor.
Voltaría outra vez á súa terra na que se detivo pouco tempo para deixala definitivamente cando contaba  vinte anos. Pero no seu recordo perduróu ata que finóu na Arxentina, con máis de setenta anos.




Deixóu catro libros, que el mesmo publicóu, con poemas en galego e en castelán.
Polo camiño foron lendo algúns deles. Un adicado a súa nai, en galego. Outros de lembranzas dos lugares da nenez, pobre materialmente pero rica en anceios de sabedoría. Considérase autodidacta. Daquela, o tempo de escola era mínimo. 
Na Arxentina tivo un bó posto de traballo, catro fillos e relacionóuse coa xente galega que levaba Galiza no corazón. Coincidíu con Neira Vilas e moitos outros intelectuais daquela época e participóu en moitos actos culturais que ali tiñan lugar, relacionados con Galiza.




Participóu moita xente, pequen@s e grandes, nun día moi axeitado para camiñar, por paraxes de interés paisaxístico. Fóronse facendo paradas ao longo do camiño e en cada unha líase un poema de Avelino.
Facíanse fotos e tomábanse folgos para seguir camiñando os nove ou dez quilómétros ata a aldea natal.




Cando chegamos a Órrea, agardábanos un banquete na que foi escola pública, hoxe Casa da cultura, moi ben levada pola xente que ten interese en promocionar a este poeta nado no concello de Riotorto, na parroquia de Órrea, onde está a súa casa e que polo menos ún dos seus fillos tería ocasión de visitar nunha viaxe  á terra do seu ilustre pai, de humilde orixe, que se abríu paso na vida movido polo  seu propio afán de coñecer e saber que o levóu lonxe, lonxe na distancia e lonxe na palabra, no amor á Terra que deixóu atrás e que o soubo plasmar na súa poesía.




Non faltóu de nada nesta mesa tan ben equipada coas viandas que reporían as nosas forzas despois do longo percorrido. E unha sobremesa que nos sorprendéu cunha receita antiga e que eu comparo aos nosos fariñotes. Trátase dunha masa que se prepara con fariña, ovo, aceite... repasada na sartén ata que se vai esmigallando en pequenos cachiños que logo se sirven con mel ou azucre. Eu repetín  e mesmo acompañéi con queixo curado, dándolle un toque diferente. Nós faciámolos con manteiga que se cocía para conservala máis tempo. Non había refrixeradores daquela. E a manteiga caseira tiña un sabor inigualabel.







Logo do refrixerio, algúns/algunhas subimos ao piso de enriba onde se proxectaban videos de Avelino Díaz nos que participaban persoas que o coñeceron ou que sabían da súa vida, como é o caso de Neira Vilas.  Unha reportaxe que amosa esceas da súa comparecencia en actos culturais en Bos Aires, do lugar no que traballóu e tivo alto cargo, da visita da súa familia a Galiza, lectura dos seus poemas etc...
Aquí remato, agradecendo á Asociación Avelino Díaz  tan ben organizado evento e polo seu interese en darlle visibilidade ao seu poeta e a importancia que se merece.