Iria escolleu para hoxe o Roteiro de Pena Guímara, A Fonsagrada, Lugo, Reserva da Biosfera pola UNESCO. Un roteiro que segue o curso do río Logares pola Veiga de Logares e que é un sendeiro moi natural que vai pola veira do río, subindo e baixando e con espazo so para unha persoa á vez.
Deixamos os coches en Vilardíaz, xunto a antiga escola, hoxe en desuso por teren concentrado o pouco alumnado que habería na zona, en centros da vila de A Fonsagrada.
Salímos por ese carreiro que se ve na foto e pasamos polas covas de Vilardíaz ricas en ouro.
Como podemos ver, tiñamos que ir en fila india e con moito coidado de non esbarar pois aínda había xeo nas pedras molladas por un regato que vai a carón do roteiro.
Pasamos por San Martín de Robledo, cunha igrexa que foi importante noutros tempos e agora está tamén en desuso, xunto á casa rectoral que está ao lado e que é típica desta zona por ter un segundo andar con fiestras mais pequenas. Pode que servise para gardar as colleitas e outros alimentos.
Nesta foto podemos ver unha aldea chamada Romeán, das moitas aldeas abandonadas que están derrubándose e que non teñen accesos para vehículos e por iso foron quedando en desuso como as escolas, igrexas...
Neste lugar houbo, no seu día, cantina, muíño e ferrería. Hoxe, so as pedras falan.
Os que se manteñen en bó estado son os hórreos. Construccións feitas con intelixencia artesanal para gardar o substento dos habitantes tanto das personas como do gando.
Aquí nos atopamos co río Logares que nos agasallóu con sorpresas durante o seu curso. Fervenzas, rápidos, descensos oblícuos sobre rochas lisas e longas no que o río se amoldóu ao leito seguindo a súa inclinación. Eu, que nun principio aseguréi que non lle faría fotos porque todos os ríos son iguais...tiven que retractarme do dito e deixarme conquistar polo seu encanto que me namoróu tanto que xa o declarei meu namorado para este San Valentlín.
E aquí pouso co meu recen namorado, cautivada pola súa beleza, ímpetu, perseverancia, e acrobacias coas que nos foi embelesando durante o noso camiñar á seu carón, con música nas súas transparentes augas ben batidas, nas que as troitas estarían felices, caso de que quedara algunha.
Iria, sempre atopa pequenas belezas que aos demais nos pasan inadvertidas. Istes cogumelos son como botóns, ou flores. A alegría do camiño que poñen notas de cor sobre fondo verde e violáceo.
E aquí, neste tronco, encontrou cola de pavo, outro cogumelo moi vistoso que amosa a súa simetría armoniosa en simbiose co entorno.
Unha ruta de 10,500 kms que nos levóu varias horas por ternos demorado moito na súa contemplación e estudo e que nos aportóu coñecementos, pracer e unha maneira de vivir o que nos rodea sen ter que ir demasiado lonxe de onde habitamos.
Grazas por convidarme. Por compartirmos dende un café con pastas variadas e chamativas para empezar a ruta con forza, e polas fotos aportadas e, como nón, por servirme de guía e de compañía.
Bonita andaina para un domingo soleado, aunque supoño que inda ben fresco. As fotos do río, moi bonitas tamén, e as da natureza.Todo un privilexio desfrutar dela.Que inda queden moitas andainas por facer.Unha aperta. Nucha
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQue riqueza, lugar, fotos, historia contada como só ti sabes, ainda que hoxe discrepo contigo en algo, nos ríos, para min, ningún e igual a outro, poden parecerse si, pero son distintos, falan distinto, senten distinto e trasmiten distinto pero, repito, para min. 😊
ResponderEliminarXeniales as vosas andainas, fantástico!😍👏🏻🌹🐬
Precioso como siempre todo lo que escribes, Bea! Una ruta muy bonita y en buena compañía. Encantada de volver a verte 😉
ResponderEliminarPreciosa reportaxe, amiga Beatriz! As de Mazaricos sabemos captar a beleza e o bo facer. Apertas! 🥰
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarOla de novo Bea!
ResponderEliminarNon te puideches buscar mellor namorado (tan fermoso el, o seu canto, e que che produza máis benestar e beneficios estar ao seu carón 😜)
Cada roteiro é diferente e gratificante. Dá mágoa ver tantas aldeas abandonadas, agora caladas pero antaño de seguro cantarinas e cheas de vida en cada casa, con familias extensas, e millo nos muíño e nos hórreos tan fermosos que vimos, un que servía tamén para comunicar distintas edificacións. Á súa vez fascíname exploradas e pensar en que historias segredas gardarán eses muros de pedra, quenes vivirían alí e como serían ...
Por moitos máis cafés, manzanillas ou chupitos con pastas e doces! Acabamos cans@s, mais content@s e relaxad@s, coma sempre.
Biquiños,
Iria
Interesante and@ina,fermosos paisaxes, bonito retrato de na morados, e rebuscadas instantáneas , nunca mellor dito, que fixeron unha reportaxe ben completa.
ResponderEliminarAmiga Beatriz,
ResponderEliminarGostei muito desta tua rica publicação, onde a natureza nos “namora de mãos dadas” todo o tempo.
Que este inicio de (2023 - já em fevereiro), esteja sendo bem suave.
Um carinhoso beijo para ti!!!
Excelente crónica e belas imagens aqui partilhas.
ResponderEliminarGostei muito de ler e ver.
Votos de uma excelente semana, amiga Beatriz.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Hola Bea.
ResponderEliminarBuenas tardes. Que guapa sales en estas fotografías que veo.A veces el color vivo de las plantas o flores me parecen una chuchería dulce. Veo una ruta histórica y muy deseada de pasear. Más que una historia, sería una realidad en presente. Hicisteis unas fotografías sumamente fabulosas. Feliz aventurada, prima.
Un abrazo
Admiro, Bea, a beleza da tua Galícia e a tua própria disposição; não sei se eu caminharia tanto. Mas, confesso: os atrativos do lugar bem valem o esforço! Meu abraço, amiga; boa semana.
ResponderEliminarUn roteiro que resultou poético e deixou pegada. Lugares nos que alguén viviu e se namorou, hoxe baleiros. Moita beleza
ResponderEliminarGracias, amiga Beatriz por compartir tan linda ruta, con ese pintoresco río del que yo también me he enamorado; y con esos edificios que aunque en desuso, se siguen conservando muy bien.
ResponderEliminarExcelente tu reportaje, y este rincón gallego bellísimo como no podía se de otra manera.
Un abrazo.
Me encantan tus fotos están llenas de luz de tus ojos
ResponderEliminarcuando la sacas
abrazos siempre
Olá, querida Beatriz, gostei muito do seu relato e muito das fotos! Que lugar lindo de visitar, fazer um TUR !
ResponderEliminarUma partilha muito linda, amiga.
Deixo votos de uma feliz semana, ainda em Carnaval, e com muita paz e saúde.
Beijinho, Beatriz.
El caminar te mantiene bella e inquieta es bueno para tu mente y alma mujer poeta
ResponderEliminarCada vez que leo tus paseos, tu senderismo minucioso, siento que estás siendo poseída por una de esas meigas buenas del bosque, de las que comparten una belleza que aunque no todos vean, si todos la sienten.
ResponderEliminarUn placer, Beatriz
un paseo casi celestial para oir ,rumor del agua , viento cálido
ResponderEliminarfrio y juguetón con cánticos de la fronda hacha naturaleza Beatriz...y Galicia de fondo entera se descubre , hermosas fo-
tos y un brilante reportaje de paz y serenidad para disfrutar
entre los seres que amas...feliz semana Beatriz , tu amigo . jr.
Que maravilla de imágenes. La naturaleza, su bosque sus arboledas y alamedas, sus gentes... todo lo que venga de Natura lo amo porque para mi es una divinidad, ella nos da de comer y tambien tiene todo para curarnos, es la bruja blanca, jeje Un placer visitarte Beatriz. Un beso
ResponderEliminarBuen recorrido. Yo también paseo mucho por los ríos y cataratas.
ResponderEliminarSaludos