Un bo almorzo da enerxía para todo o día. Un repaso polos almorzos da miña vida.
No rural galego, a xente traballaba de sol a sol. Comezaba cedo o día para atender a súa facenda. Primeiro os animais e logo a xente.
Algún comezaba cunha copiña de caña (augardente) para quentar o corpo nas frías mañáns de inverno.
Cando os animais estaban atendidos, sentábanse a comer un almorzo que podía consistir, segundo os días, os hábitos de cada casa, nun caldo de rustrido feito con patacas picadas, cebola e un refrito de allo con pementón doce.
Outra xente almorzaban unha boa taza de café con leite e sopas de pan remolladas nél. Ese era o que mais se mantivo no tempo, pasando de xeración a xeración e aínda hai quen o toma.
Cando había tempo, facíanse as sopas de allo. Había que poñer rafas de pan de centeo nunha taza. Cubrir con auga ben quente. Deixar que remollaran ben e logo, se fose necerario, escurrir a sobrante. Preparar un refrito con allo e pemento doce que se poñía por enriba das sopas. Engadir azucar e, sen remexer nada, deixar a taza sobre a plancha de ferro na cociña de leña ata que se torrase un pouco por abaixo. Unha delicia que lembro con nostalxia.
No tempo dos traballos no monte, como cavar, segar, preparar a terra etc. acostumábase a levarlles ous homes as once. Unha ringleira de mulleres con cestas na cabeza subían polos carreiros que as levaban xunto aos seus. Era como unha merenda na que non faltaban chourizos, touciño, pan, queixo , chulas... e o viño xa o tiñan eles nas botas de pel das que se acanillaba separando a bota e deixando que un chorro contínuo fose gorxa abaixo. Esto era como un festexo porque, polo xeral, traballábase en rogas, coa axuda de veciños.
Ao almorzo tamén se lle chamaba a parva. Non sei ben o por qué deste nome.
Pasando ao meu desaiuno de nena, cando xa ía á escola, direi que, como na nosa casa tiñamos taberna e había de todo, dábanme un paquete de galletas tostadas que eu mollaba no leite collendo de seis en seis para que pareceran un bizcoito e me rendiran na boca. Un paquete ao día era moito! De vez en cando, un ponche que se facía cun ovo batido, engadindo viño de Sanson, ou café con leite.
Aos domingos, antes de ir á misa, tomabamos algo lixeiro pero ao volver, miña nai sempre facía unha tortilla á francesa que levaba cebola, ou quentabamos os cachelos que sobraran da noite, cortados en cachos pequenos e con cebola e, cando os había, algúns roxóns...
Outras veces, a xente facía papas para o almorzo. Estaban moi boas, quentiñas e espesas. Feitas con leite e fariña da que había na casa. Nalgúns lugares facíanas de millo. Unha amiga, contóume que as mulleres que estaban para parir, preparaban un bo lume na lareira e un bo pote de papas, e alí tiña lugar o parto.
Contáronme que pola zona da montaña luguesa, Caurel, Ancares, a xente almorzaba a base de pan con chourizo, xamón, ovos, queixo remasado que levaba augardente na súa preparación e picaba un pouco. Coñecín ese queixo! Cun trinco de queixo e unha copiña de augardente, xa ía o corpo disposto para o traballo.
Os meus almorzos foron cambiando ao longo da miña vida. Cando estiven noutros países, fun adoitando os que a xente facía. Un dos que mais me chamóu a atención foi o English breakfast, do que aínda uso algunhas receitas como os scrambled eggs ou os three minutes boild egg ou o seu delicioso almorzo a base de bacon, egg, baked beens, toast, cup of tea...Ou tamén o porridge ou os cereais con leite, torradas con manteiga e marmelada...
Deixo, a modo de anécdota, o que me contaron de cómo dous irlandeses que compartían aloxamento nunha pequena vila dos Apeninos, almorzaban ovos fritidos cada mañá, incluso cando tiveron que levantarse ás 5 am para ir ver os ursos.
Sen despreciar os cruasans con unha taza de café con leite cando me tocóu pasar por París.
Tamén nas vendimas, en Francia, souben apreciar os bos almorzos a base de foie gras, queixo de camenbert, salami...etc.
Para min, o almorzo, segue a ser a comida mais importante do día. Por eso, é case un ritual de mañá, na que vou dividindo o tempo entre o primeiro vaso de auga con limón, sementes de lino en remollo, levadura de cervexa, pasada media hora, a froita, e logo as torradas con diferentes tops ( marmelo, pavo, queixo) ou ( aguacate, sardiñas, sementes varias, tofu ou queixo de cabra), sempre poño nas torradas aceite de oliva e allo, logo todo o que se me ocurra. Acompañado dun té verde xaponés ou café con leite.
Lembro que nas clases de inglés que impartía e para propiciar unha conversa nese idioma, preguntaba ao alumnado qué tomaran de almorzo. Había de todo pero predominaban os almorzos "pobres" e non porque non tiveran con qué, senón, por falta de hábitos, por falta de tempo, por ignorancia... Pero notábase no rendimento e predisposición ante o traballo escolar.
Non son quén para dar consellos pero quixera, dende aquí, convidar á xente a mellorar o seu almorzo. Verán a vitalidade que gañan!.
Un dos meus favoritos: All bran, flocos de aveia e trigo sarraceno, con noces, froitos secos, froitas frescas e kéfir caseiro.
Outro dos meus habituais. Montadiños torrados con diferentes tops.
Vou lendo e éntrame fane. Fun evolucionando dende almorzo pobre, ou ata non almorzar, a almorzos máis completos que, se telo tempo, son a mellor comida do día. Algún domingo tomo un almorzo francés, saio mercar os meus cruasáns favoritos e ò regreso fago café sò, doble. O día vese doutro xeito e con outro ánimo despois.
ResponderEliminarOla Bea! Esta entrada pareceume moi interesante. Xa me tiñas falado sobre almorzos doutros países e épocas, pero non de forma tan extensa, e gustoume coñecer máis sobre o tema. Falas de costumes e receitas para min descoñecidas, como as once, as sopas de allo (aínda que me soan moito de oílas mencionar non sabía realmente o que eran), o caldo con rustrido...
ResponderEliminarComo aportación persoal, direi que teño visto fai poucos anos na montaña luguesa desaiunar con chourizos, xamón e pan.
Supoño que xa eres coñecedora da tradición, que non sei cando comezou pero que se segue conservando e na que teño participado, de almorzar chocolate con churros na mañá de aninovo ou platos máis contundentes como callos.
Hai tamén un prato típico dalgúns concellos da Mariña Lucense (como A Pontenova, Riotorto e Trabada) que se está tentando recuperar a través de festas adicadas á súa exaltación, a Enfariñada ou os Faragullos. Pódese servir doce ou salgado, e non sei se se tomaba para almorzar, mais dáme a impresión de que pode ser que si. Lin que foi un prato moi socorrido durante a posguerra. Deixo por aquí un enlace á receita:
https://lareiras.gal/gl/recipe/enfarinada-ou-faragullos/
Bicos.
Ata nisto callamos, en valorar o almorzo, eu sempre me levanto con ganas de comer e almorzar pra min, é sagrado, non son quen de sair ou facer nada sen antes almorzar, o que non tomo no almorzo é té, o té tomo en calquer momento mais pola mañá o café con pouco leite é sagrado e despois torradas, as fago varias e poño distintas cousas, aceite de oliva, queixo fresco, marmelada etc, tamén froita ou zume de laranxa, sempre digo que eu disfruto comendo pero co que máis, co almorzo, sobretodo sábado, domingo e festivos que non teño que ollar o reloxio, aí si que presta.
ResponderEliminarXenial! Aperta, Bea!!!
Olá Beatriz!
ResponderEliminarMuito interessante este post.
De facto, um bom pequeno almoço é fundamental. Dependendo sempre dos hábitos de cada um, que diferem muito de país para país.
Eu habituei-me a tomar o meu leite com café, pão com queijo e umas bolachas, e é assim o meu pequeno almoço.
Continuação de boa semana, com muita saúde.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Fiquei cheio de fome ao ler o teu magnífico post (mas daqui a pouco tempo vou jantar...).
ResponderEliminarA alimentação já não é o que era. Tudo mudou.
Adorei ler o teu post, magnífico.
Continuação e boa semana, amiga Beatriz.
Beijo.
Yo tengo poca experiencia al no tratar directamente con la gente de campo. Pero sé que, los trabajadores de la ciudad, antes de iniciar su duro trabajo, se pasaban por la cantina más próxima a tomar su copita de aguardiente, yo aprendí a valorar su aroma y sabor muchos años después, seguro que ya deben de quedar muy pocos alambiques en las antiguas casas de las aldeas.
ResponderEliminarHe sonreído mientras leía tu desayuno de niña, lo digo porque me has hecho recordar a una de mis hijas que todavía, y aún después de casada y de haber tenido dos hijos, sigue desayunando galletas María de seis en seis y mojadas en leche con colacao.
También recuerdo que, cuando mi padre me llevaba a la vendimia, a los vendimiadores se les llevaba un exquisito almuerzo a base de todo lo que tú mencionas en esta entrada.
Yo sigo recordando con gran cariño y añoranza las costumbres de mi querida tierra.
Gracias por llevarme a ese terruño que llevo en el corazón y me llena de nostalgia por los bellos recuerdos que aún conservo.
Cariños.
Kasioles
Olá Beatriz!
ResponderEliminarPassando por aqui, deliciando-me com estas iguarias, e desejar um Feliz fim de semana com muita saúde.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
WOW!!!! Não sei porquê, mas o apetite renasceu, tão só de olhar as sugestões expostas.
ResponderEliminarBelos petiscos para manter a linha.
Parabéns.
Beijo
SOL da Esteva
Me gusta simple un té con leche y una tostada nada mas que eso hace mi mañana
ResponderEliminar¡Ay ya me hiciste dar hambre, Beatriz! siempre me gustaron los chorizos y el salame, y los buenos quesos, pero lo malo es que ya a mi edad, (70 años) eso es puro colesterol y triglicéridos....Así que debo cuidarme. Generalmente en mis desayunos suelo comer pan tostado con crema de aceitunas negras, que se hacen con aceitunas despepitadas (unas 20) un tomate, una pizca de sal y un chorrito de aceite de oliva virgen...todo esto se licua y verás la delicia que es esa crema con pan tostado...puede ser palta también, y algunas veces pan con mantequilla y mermelada, y siempre acompañados de té con leche, o café de cebada con leche. Algunas veces una tortilla de huevo y cebolla y una pizca de ajos, sal y pimienta, o huevo pasado y sencillo...Gracias amiga por el apetitoso tema que escogiste. Un abrazo.
ResponderEliminarSe eu comer muito de manhã acho que não caminharia!
ResponderEliminarMeu café da manhã é uma fatia pequena de bolo, uma fatia pequena de pão com queijo, um ovo quente na casquinha e um copo pequeno de iogurte, e só!!!
Aqui o almoço é o mais importante, e para muitos a janta, aí tomamos sopa com muitas verduras e carne, e algum suco de uva ou laranja. E antes de deitar, bem mais tarde, um chazinho com biscoitinhos, tudo leve.
Um beijinho, querida Beatriz, uma ótima semana.
Muito bom o post, Bea! Aqui no Brasil, existe uma tendência para alimentar-se pouco pela manhã, deixando a comida mais substancial para o meio-dia e a noite. Pessoalmente, prefiro um bom café da manhã e um bom almoço; à noite, só coisas leves. Melhor para trabalhar e dormir, eu acho! Meu abraço, amiga; boa semana.
ResponderEliminarPienso como el árabe
ResponderEliminarmi desayuno el almuerzo y la cena son tal cual las de el
Mil abrazos compañera
Estos dias a pesar que todo esta normal o quizas me he acostumbrado a lo anormal, aunque me ha pasado de todo
ResponderEliminarPero no quiero hacer de tu bello lugar un confesionario
Las malas vibras andan rondando y aunque el mundo sigue sonriendo, algo escondido que siento, saldrá o no saldrá . La vejez que se acerca me tiene en un lamento jajajaj
mil besos
These days even though everything is normal or maybe I have gotten used to the abnormal, although everything has happened to me
ResponderEliminarBut I don't want to make your beautiful place a confessional
The bad vibes are around and although the world continues to smile, something hidden that I feel, will or will not. The approaching old age has me in a lament hahaha
Um post muito interessante e completo, Beatriz.
ResponderEliminarEm Portugal, se come pouco ao pequeno almoço e ao almoço, também, porque as pessoas comem fora e no podem gastar muito dinheiro. Acho que a principal refeição é o jantar, porque as pessoas já estão em casa e comem até encher o estômago.
Dizem os nutricionistas que o pequeno almoço deve ser uma refeição muito completa para termos força física e mental. Os nossos alunos vão para a escola sem tomar o pequeno almoço, o que está errado.
Beijos e boa semana.
Olá Beatriz!
ResponderEliminarPassando por aqui, relendo este post muito interessante, repleto de ótimas sugestões para um bom pequeno almoço, e desejar a continuação de ótima semana, com muita saúde.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Passei para ver as novidades.
ResponderEliminarE fiquei outra vez com fome porque ainda não almocei...
Bom fim de semana, amiga Beatriz.
Beijo.