www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 28 de novembro de 2021

O XISTRAL XISTROU!

 


A Serra do Xistral, está ao noroeste da provincia de Lugo. Próxima a Viveiro. Componse de montañas de formas redondeadas e suaves, como se fose a  versión feminina das serras mais orientais: o Caurel ou os  Ancares. Son bastante escarpadas ou espidas e deixan amplos e luminosos vales nos que predomina o Pinus Pinaster e pastizais nos que poden verse vacas e cabalos en liberdade.

É importante como grande reserva de carbono, debido ás suas extensas turbeiras, o cal é un recurso moi útil na loita contra o cambio climático. Por eso, se está a desenvolver un proxecto para protexer esta zona, en consonancia cas Comunidades de Monte en Man Común, coidando de manter o seu estado virxe e libre de contaminación e de impactos medioambientais.


A súa elevación mais importante sobrepasa pouco os mil metros de altura e nas suas lomas ou montañas pode verse unha sementeira de xeradores eólicos, apiñados, a veces, como un racimo de uvas, e distribuidos, outras, ao longo das suas elevacións. 

Non é de extrañar que escollesen este sitio tan venteiro ao que chegan correntes húmidas e xélidas procedentes do Cantábrico e do Atlántico. Estes ventos chamados xistres, azoutan a zona arrastando chuvia, saraiba, nevarisca e creando humedais que favorecen unha vexetación moi característica e axudan á formación de turbeiras, onde a materia orgánica non se descompón ao completo e de ahí esa acumulación de carbono nas súas entrañas.



Chegamos ata alí, percorrendo en bus e logo a pé, o seu val mais importante. Acompañados de personal do Proxecto LIFE IN COMMON LAND quenes nos foron explicando paso a paso todos os pormenores desta interesante acción de conservación desta serra, facendo paradas sobre o terreo para ver de preto algúns dos traballos realizados con sumo coidado de non causar estragos meioambientais, usando animais e trineos para o transporte de árbores e nunca aparellos mais agresivos.

O tempo foi variado nese curto percorrido, dende vento que nos tumbaba, saraiba e nevarisca. Emparapetad@s diante dos parachuvas, impermeables, gorros, tapabocas...foi unha experencia que pagou a pena.



Tiven a sorte de poder acompañarme da familia, netas incluídas, que fixeron aínda mais atraínte a aventura. Coa pouca neve que puideron recoller, deu para un boneco de neve, de forma redonda. Eso sí, con boca, ollos e nariz.

Arriba agardaban os autobuses para recollernos e levarnos polas inumerables pistas que surcan o territorio.

Chegamos ó sitio de partida, O Viveiró, onde nos agardaba un xantar ben desexado. O meu soño era que empezase por algo quente, despois de tanto frío que pasamos, pero non foi así.



Un entremés de embutidos e queixo, un pan moi rico e fresco....Despois ameixas á mariñeira, para sentir a cercanía do mar, seguido dun arroz con algo de polo, que sabía moi ben e que nos fixo pensar que sería o último prato. Pois non, apareceu o caldo, (na mesa había prato fondo e culler),  aparecéu pero en cuarto orde, cando debería ser en primeiro. E se alguén pensara, como eu pensei) que o caldo poñería punto e final ao  menú, estaría ben equivocad@. Xusto cando decidín emprender o camiño de volta, por mor de non atoparme coa noite na estrada, empezaron a repartir o cocido....

A miña familia seguíu alí ata o final e tiven noticia deles, mediante fotos, que despois do abundante cocido, ainda se lles servíu un estofado de carne con pataquiñas ben xeitosas ao carón. Mais a sobremesa e o café.

Eu xa non ía probar mais nada pero, a pesar de que todo estaba moi ben cociñado e rico, non me convencéu o orde no que foi servido.  Claro que, " a cabalo regalado, non lle mires os dentes".

Foi unha deferencia das e dos organizadores desta viaxe  dentro do programa mencionado no que colaboran a Deputación de Lugo e a Universidade de A Coruña como unha saída de campo co fin de estudar e divulgar o proxecto para que outras zonas desenvolvan este tipo de accións meioambientais.

Todo é ben se ben acaba, e a pesares da época do ano e da climatoloxía, "non te deitarás sen saber unha cousa mais".




15 comentarios:

  1. Ola Bea! Coñezo parte da Serra do Xistral por cercanía, aínda que é moi extensa, e a zona do Viveiró non. Ten unhas características e paisaxes peculiares que ti describes á perfección e que a identifican e diferenzan (non sei se por aí tamén é así pero en moitas partes da serra tamén son características enormes moles de rochas, algunhas con formas curiosas). O que tampouco coñecía e ese proxecto de conservación que me resultou do máis interesante, sobre todo o dato de que a madeira a sacan coa axuda de animais e trineos para non danar o chan, e como consecuencia, o ecosistema.
    Ó restaurante do Viveiró do que falas ten moita fama, sobre todo entre aqueles que lles gusta comer en abundancia. Lémbrome de ir cando era unha rapaciña con meus pais e meus amigos, e segue sendo igual. Non hai carta. É unha longa sucesión de pratos escollidos pola casa.
    Alédome de que a visita pagase a pena a pesar do mal tempo. Unha mágoa que desta vez non poidese asistir. Un bico. Iria.

    ResponderEliminar
  2. A orde dos pratos sorprendeume tamén no seu día, como a beleza e capacidade da serra para acoller, que si, que xistra, mais é un conxunto de montes suaves nas formas. Tiveche un día interesante e moi ben acompañada.

    ResponderEliminar
  3. Gracias por compartir el tour, me gusta ver las fotos. :)

    ResponderEliminar
  4. Interesante! Grazas por achegarnos a vivencia e o fermoso sitio.

    ResponderEliminar
  5. Ainda que só virtualmente gostei muito de conhecer.
    Boa semana

    ResponderEliminar
  6. que bonito obrigada por partilhar bjs feliz semana saude

    ResponderEliminar
  7. Que belo passeio, Bea... e que ótimas fotos rendeu! Venho simpatizando muito com esses lugares que nos mostras, através dos teus posts! Obrigado pelo passeio; meu abraço, boa semana!

    ResponderEliminar
  8. Olá, Beatriz!
    Muito interessante crónica aqui deixaste.
    Não conhecia esta designação para estes ventos. Muito interessante.
    Deve ter sido gratificante teres tido oportunidade de usufruir dessa beleza natural com as tuas netas.
    Gostei muito de ler esta narrativa.

    Votos de uma excelente semana!

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  9. que lindo viajar con tu familia Me ha encantado esta entrada porque ha sido como que me llevabas de la mano caminando con vos
    abrazos siempre

    ResponderEliminar
  10. ¡Qué hermoso paseo, Beatriz! y si fue junto a tus nietas, más lindo todavía. Yo también quisiera así un paseo al campo en familia. Hace muchos años que no sé lo que es ese tipo de aventura. Y menos aún desde que empezó la pandemia, se acabaron las salidas como en los tiempos de antes. Muy rara vez visitamos un restaurante, eso nada más. Pero algo es algo. Si Dios me ayuda estaré en España visitando a una de mis hijas al otro año...ya que ella vive en San Sebastián, (Bilbao), y ya me anunció que allá hay mucho para caminar...¡Dios me ayude! porque ya no soy joven. Bueno, te felicito también por la merienda que te dieron, esos guisos tan ricos debieron ser lo primero que han debido servirles. ¿No crees? Te dejo mi abrazo grande.

    ResponderEliminar
  11. Bea,
    Que maravilhosa publicação!
    Deve ter sido muito
    gostoso estar em Família.
    Muito obrigada por
    nos brindar.
    Bjins
    CatiahoAlc.

    ResponderEliminar
  12. A julgar pelas fotos um belo passeio e um ótimo repasto. Um dia bem passado.
    Abraço e saúde

    ResponderEliminar
  13. Que bonito ver essas fotos, um passeio agradável e com paz.
    Um lugar muito bonito, Beatriz!
    Um lindo fim de semana que está chegando!
    Um beijo e muita saúde!

    ResponderEliminar
  14. Quando não há intervenção humana a natureza encarrega-se de tornar os locais mais interessantes.
    E que devem ser preservados, como é o caso.
    Bom fim de semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  15. ¡Exquisita entrada, amiga Bea! Alégrome un montón que o hayas feito a camiñada con as túas netiñas queridas, porque nos gosta moito telas o noso lado, dicho a vos da esperiencia.

    Felicidades, muitas.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.