Lémbrome do Quijote, cómo non!. Era lectura obrigatoria para os que estudabamos o bacharelato daquela época. Eu aloxábame nunha residencia de monxas aquel ano. O libro constaba de dous tomos dunha edición económica. Despois das clases, e subidas ás camas dos dormitorios, líamos de pé, saltando de cama en cama, como escenificando as cabalgaduras dos personaxes e rindo a gargalladas como tolas, totalmente seducidas pola tolamia allea, por mimetismo.
Ainda que se trataba dunha lectura imposta, acabamos por collerlle afición e nono soltabamos nin para ir ao baño.
Foron aqueles libros os que formaron a miña primeira biblioteca e dos que nunca me desfixen porque son os chamados clásicos, os que non pasan de moda, os que hai que voltar a ler nas xeracións vindeiras e sempre así.
Logo viñeron series televisivas, fascículos en viñetas adaptados á xente miúda pero eu sempre quixen o libro orixinal.
Con esa lembranza, acabo o día de hoxe no que se conmemora a Cervantes e síntome contenta de telo lido e disfrutado simpatizando sempre cos seus persoeiros, cos lugares e co ambiente da época.
Nada como un libro na man en calqueira lugar.
Uma boa escolha, até porque Miguel de Cervantes morreu há 400 anos.
ResponderEliminarAbraço e bom fim de semana
¡Ola Bea!!!
ResponderEliminarPois si, tes toda a razón en esa belas letras que nos deixas para o noso deleite.
A min tamén me gusta ter un bo libro sempre a man, teño un porta libros encima da mesa onde almorzo, e onde me quedo a ler un pouco, antes de empezar as tarefas do día.
Creo que a vida sen un libro, nos ten sentido, o libro e un anxo que da brillo os nosos sentidos.
Foi un pracer pasear por as túas letras.
Un abrazo, a miña gratitude e estima.
Ten un bonito día, amiga.
Hola Bea.
ResponderEliminarHas tenido una idea genial de explicar cuando en tu época como estudiante de Bachillerato que te leíste el Don Quijote por obligación. Y que bonito que este año el día del libro hizo y hará sus 400 aniversario des de su muerte. Tu idea ha sido divina, como homenaje a este personaje de Cervantes.
Un abrazo muy grande!!
Ola Bea, paso de novo para saudarte e deixarche a miña gratitude y estima.
ResponderEliminarUn abrazo e se moito feliz.