www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 29 de marzo de 2016

XUNTO A NOITE CO DIA

Xunto a noite co día, adianto reloxios que obedecen docilmente. Traduzo horas e xantares. Altero os biorritmos. Espabilo o sono, prolongo a ración de tele, xa non leo libro e rezo. Rezo para que a loucura non se estenda, que se pare a violencia, que renaza o sentido común, que os soños dos teimosos nonos atropelen. Que a vida siga sendo desexable. Que o mundo abra os brazos e acolla con piedade e misericordia aos oprimidos. Non son relixiosa pero creo. Creo na bondade, na perfección da humanidade, no pensar sensato, no actuar correcto, no amor ao próximo, na compasión, na tolerancia, na diversidade, na diferencia, no que nos une a todos, no pouco tempo que temos sobre a terra, para disfroitala, para dar o mellor de nós, e recibir o que nos ofrecen. Creo no entendemento, no respeto, na pouca importancia das cousas terrenais. Creo no espazo que sobra e que non acolle. Creo que todos temos dereito a vivir mellor, a non estar hacinados, a non soportar as guerras, a destrución, a aniquilación de todo vínculo. Medio mundo está baldeiro. Non é preciso encher  cidades, de por sí xa cheas. Hai moito campo que habitar, moita soidade nestas paraxes, moitas casas sen xente, moita terra que cultivar...persoas as que asistir e coas que intercambiar os nosos saberes.
Un vello proverbio dí que a música une aos povos. Que a música sustituia os sons destructores da maquinaria da guerra. Bailemos todos en harmonía dándonos as mans, queréndonos como irmáns que somos. Repartamos entre todos para que ninguén se sinta menos. Un mundo novo, un mundo mellor non se logra pola forza das armas. Lógrase co amor e coa piedade, coa solidariedade. Non é moito pedir, non é un imposible. A paz é posible. Senón  o mundo esniquizarase, saltará polos aires e comezará de novo, da nada, dende o principio ata que aprendamos a ser humáns.

6 comentarios:

  1. Muy cierto, Beatriz.
    En las grandes ciudades es como ahogarse bajo el fondo del mar sin poder salir y lo mejor que se podrían hacer es llenar los pueblos vacíos que están bajo la soledad que fuesen abitadas y trabajadas como lo hacían los hombres y mujeres en nuestros tiempos pasados. Muy importante reflexión. Y demos gracias que aun podemos sobrevivir. Falta la empatia hacia los países que viven en la inmensa pobreza y otros están en guerras. Preciosa fotografía.
    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar
  2. Um texto que é como um oração e que é comum a grande parte da humanidade. Muito bem escrito.
    Um abraço bom fim de semana

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola, miña querida amiga!

    ¡Totalmente de acordo contigo! Crees xusto no que aí que crer.
    E un precioso texto que invita a reflexionar, unha chamada a cordura, a boa bondade do ser humano, sóbrache razón en todo o que expresas nas túas letras cheas de sensibilidade e o propio malestar que sente a maior parte da humanidade. Pero tamén aí outra parte, cega e xorda, totalmente que non se da por ente-rada, porque non interesa. Aí moito egoísmo, moito, moito. Tes moita razón cando dis que aí moito campo onde facer fogares; e so que os diñeiro está nos bancos dos bos políticos que temos, ben, mellor dito nin temos.

    Ben pois foi un pracer pasar por este belo recuncho, onde aí toda un ha lección de sabedoría e protesta humanitaria. Felicítote e deixo o meu malestar arrimado a o teu.

    Un abrazo e todo a miña estima e gratitude.
    Ten un feliz domingo.

    Pensei que non acababa, o whatsApp, non para.

    ResponderEliminar
  4. OI BEA!
    TE VI LÁ NO BLOG DA MARINA E VIM CONHECER TEU ESPAÇO, LI O QUE ESCREVESTE E ACHEI DEVERAS PROFUNDAS E VERDADEIRAS TUAS CONSIDERAÇÕES.
    ESTOU TE SEGUINDO.
    ABRÇS
    http://zilanicelia.blogspot.com.br/

    ResponderEliminar
  5. A última vez que fun a Mondoñedo, en Agosto, fixemos o percorrido dende Baleira en coche, antes de Bretoña collemos un desvío á esquerda. Unha carretera levounos por un monte que tiña parte daquela vida de antes, con facenda que o mantiña limpo, masas de frondosas e prados naturais nas abas, polos que se estendían as vacas. Chegamos á cidade cargados de certa emoción, que medrou no cemiterio vello, diante da lápida de Cunqueiro, co seu desexo de mil primaveras máis para a nosa fala. Na cidade, coma sempre, sentín a presenza desa espiritualidade, da forza dun pasado que aínda pervive nas súas rúas, por iso entendo moi ben o que dis e explicas desa forma nítida ca que escribes

    ResponderEliminar
  6. Vaia!!...este comentario de arriba corresponde ás lerias de Mondoñedo....hahaha. ..non sei que pasou....

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.