www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 5 de marzo de 2016

RIO RATO


Que o río Miño pasa por Lugo é algo coñecido pero do río Rato non sabe todo o mundo, porque é un río pequeno e con historia, pois nos seus vellos tempos, que son os meus, tal como eu o recordo era un regato que cambiaba de cor e de cheiro asegún as circunstancias do matadeiro de Frigsa. Así, uns días ía sanguiñolento, outras amarelo como o Ganxes e dende o palomar onde eu o observaba podía percebir o seu arrecendo un pouco desagradable.
 Coa desaparición do seu elemento contaminante, o río coñeceu mellores tempos e ofrece na actualidade un percorrido case obligatorio para calqueira lucense que aprecie a natureza e o afastamento do centro da urbe para descargar as tensións da vida diaria.
O trazado foi coidadosamente pensado e xira en torno ao río e ao Centro de Interpretación
 que se ubica nunha zona axardinada, con bar, restaurante e museo nun antigo muíño. Ao longo do río sucédense diferentes fervenzas e rápidos que no inverno están no seu apoxeo, pois auga non lles falta. E para quen se esqueceu de levar os bártulos da piscina e xinasia, unha mañá de primeiros de marzo, cun sol que quentaba, foi a alternativa perfecta onde pasar unha hora camiñando a bo paso e ao tempo que escoitaba a música do río coas suas variacions de fervenza a fervenza. Río cantareiro que discurre por entre sendeiros con abundante arboreda conservada de vello e outra nova introducida como elemento decorativo alén das hortas urbáns que se divisan na súa cercanía e moitas pontes de madeira que permiten cruzar o río por onde mais a cadaquén lle conveña buscando o sol ou a sombra, asegún.
Sentínme contenta de poder percorrelo nun dos seus tramos, empregando unha hora que pensaba adicar a outras actividades tamén deportivas. Pero penso que foi a mellor das opcións, xa que nada como o deporte ao ár libre para enerxizarse.
Parei a facer fotos para ilustrar este texto e dar a coñecer esta ruta alternativa a moitas outras que hai por Lugo e que merece a pena sexan coñecidas.
Dende o centro pódese chegar en menos de sete minutos sobre todo polos atallos que van directamente ao río. Eso sí, con unha pendente que ata para baixar se fai difícil por ter que ir freando, nada que dicir da volta ao centro. Como hai sitio para aparcar coches ou outros vehículos, esa dificultade podese reducir bastante. Logo é todo chán a pé de río. Continuando o paseo xa se pode ir a carón do río Miño, outro paraxe interesante.












6 comentarios:

  1. Excelentes fotos Bea.
    O rio Minho conheço, há uns anos andei seguido-lhe o rasto pelo lado português.
    Do outro lado, pouco conheço. Santiago de Compostela, e o caminho para lá.
    Um abraço e bom Domingo

    ResponderEliminar
  2. Ay Bea! Que bonito recorrido, escriboche con o móvil estas duas letras. Non teño Internet, vou ver se maná podo entrar.
    Unha aperta. E boas noites.

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea, de novo por aquí vendo esta marabilla como e un paseo por esa ruta e paisaxes de encanto a par do río, agora en primavera se ven boa, será moi satisfactorio percorrer esa camiñada. Quen puidera estar cerca... Aquí tamén temos a ruta do Lérez que en moi bela, pero sempre e bo coñecer outras que descoñecemos... mais con esta reportaxe túa xa un se da unha idea, pero o bonito sería palpalo de cerca.

    E sempre un pracer pasar por esta túa casa. Sempre nos deixas algo novo algo belo.

    Unha aperta e estima, de esta amiga que tes aquí en Lérez, Pontevedra.

    Ten un feliz día, e gracias por todo o que nos deixas.

    ResponderEliminar
  4. Hola Bea.
    Me encanta recordar estos paseos del Río Rato. Una nostalgia muy buena me queda en mi memoria.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Ola Bea, paso de novo para reler, mirar e admirar esas fotos unha vez mais. Esa cascada que fai cores azuis e unha pasada de bonita, ten que ser unha ledicia comtemplala de cerca e se e na primavera muito mellor.

    Ben pois ata outro momento. Gracias por a túa pegada no meu porto mariñeiro.

    unha aperta grande y feliz semana.

    ResponderEliminar
  6. HOLA, BEA

    QUE IMAGENS BONITAS....

    FELIZ E REDENTORA PÁSCOA.

    BESITOS.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.