www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 15 de maio de 2015

A MALLA

Pensando, nas miñas camiñadas diarias, vénseme á memoria o tempo da malla. Un gran traballo, exemplo de organización e de distribución de tareas.
Era o mes de agosto e o ruxir da primeira malladora na aldea era motivo de ledicia, de festexo, de adivirtimento.
A xente preparaba as airas, os tegos, as huchas da grá, os angazos e tódolos trebellos que se ían utilizar, ademais de por as cacholas a remollo e buscar cociñeira.


Cada ún xa sabía cál era a súa función: unhos farían os palleiros, outros carretarían a palla ao palleiro, as espalladoras recollerían a palla que bomitaba a máquina a grandes bocanadas acompañado cun ruído forte de liberación e elas espallábana no aire para colocala na corda dos carretadores. Logo había os da meda, os que desataban mollos e os que os daban á máquina. O que os metía nela tamén tiña que saber porque a palla tiña que ir un pouco espelida e o mollo ben desfeito, correndo o risco de meter as mans mais adentro do debido. Outros angazaban e con rodos ían xuntando o grao e varrendo o tendal con basoiras de xesta. Paralelamente podía limparse o grao na mesma función da malla coa máquina limpadora e para eso había outra xente que daba ao veo, traballo moi cansado, outros armando a grá nos tegos debaixo da máquina, outros armando os sacos e logo os que libraban os cuaños que era a cáscara do trigo ou centeo cos peliños da espiga que se pegaban a todo, mesmo ao corpo da xente e picaban e molestaban a mais non poder. A min parecíame neve porque ía deixando todo o chan e o que había arredor, de cor blanca e mol como folerpas recen caídas.
Mentras, o palleiro gañaba altura e forma. Os de abaixo coidaban a forma, a estética, dándolle forma de casiña de palla e remataba en pico, coroado sempre co ramo de flores e millo para honra de quen o fixo e do dono que o disfroitará, dando por rematada a colleita do tan preciado froito.
Logo viña a  comida que obrigatoriamente se ofrecía en cada casa, nunhas mais completa e noutras menos dependendo da hora. O típico era a cachola ou lacón acompañado de garbanzos, repolo, cachelos e ben regado co viño da bota que ía pasando duns a outros sen pausa.
Tamén a comida foi cambiando ao longo do tempo e ademais do consabido porco tamén se comía bacallao, repolada, xudías en salsa de tomate, coello, polo....sen faltar o café de pota e a boa augardente.


Gardo un recordo ben preciado daquela relación traballo-devirtimento que desapareceu ao viren máquinas mais sofisticadas que o fan todo nun santiamén e sen necesidade de xente. Hoxe, sen ir mais lonxe, fiquei pasmada, ollando as máquinas de colleitar a herba verde para ensilar. Unha que tragaba a herba xa cortada e que a vomitaba por unha especie de tubería que ía caer no tractor equipado cun remolque tanque ata reverter. Todo eso feito por dúas persoas, mentras que antes, o proceso de recoller a herba seca, que non verde, era tamén outra estampa ben diferente e na que traballamos toda a xente da casa mais algún veciño que axudaba.
Hoxe, no Facebook, un rapaz de Triacastela, contaba que na súa aldea sachan as patacas de todos entre todos. Pensei que eso pasara a historia pero, non. Ainda é posible esa clase de colaboracionismo e interación entre a vecindade. Sería bo recuperar ese tipo de traballos alí onde ainda quede xente capaz de facelos. Porque a despoboación das aldeas e o envellecimento, acabóu con todo o bo que tiñamos.
Por non culpar de cheo a agricultura extensiva do capitalismo individualista que é o que transforma o rural en algo industrializado e con intereses económicos de producción maxiva atropellando todo, a terra mesma, por non dicir os vermes e todo o que se mova baixo dela.


domingo, 3 de maio de 2015

DIA DA NAI

Unha nai, tivemos todos, pero unha que nos durase ao longo da nosa vida, que estivera nos bos e nos malos momentos, que nos quixera, que nos trasmitira uns principios e uns coñecementos básicos para un bo vivir, non todos tiveron, ou non teñen a sorte de poder contar con ela.


iña nai, que te fuches
anque te soñaba eterna.
deixáchesme un legado
ademais dun gran valeiro.
O que ti me ensinaches
cal tesouro, gardeino
e aflora nos momentos
nos que a vida me proba.A tua creatividade,
a confianza e a maña,
O teu sentir positivo,
o nunca estar cansada,
sempre disposta a todo,
nada que non poideras,
a fe que te guiaba,
todo eso e moito mais
agora me acompaña.
Herdei a tua casa,
a túa Sigma ben coidada,
a cociña e o cociñar,
e a horta sementada.
E mesmo a tua alcoba,
no mellor sitio da casa.
Son a tua continuidade
o teu remanecer na terra,
a tua memoria que pervive,
no lugar da tua historia,
onde a esencia permanece
sempre por min velada.
Miña nai, que en vida,
non souben dicirche tanto
porque so cando te fuches
sei atopar as palabras,
ainda que nono din todo
resumo nun epitafio:
"Traballadora no campo,
 fermosa na romería!