www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 3 de decembro de 2011

TRESITOS





Sábado de primeiros de decembro. Chove. Fai frio. Recollidos na casa a carón do lume, os "tresitos" acompáñanme mentras fago as tareas. Prepareilles xogos: noveliño de lá, caixa de cartón vacía dos bricks do leite, boliña de xornal atada a un cordeliño e logo a un pauiño. Mátanse a brincar! Son a nova parella de gatiños que adquirín fai poucos días.Vanse adaptando e socializando segundo pasa o tempo. Viñan un tanto selváticos pero grazas aos consellos que atopei por internet vou facendo deles unhos seres domésticos que acatan normas dende o primeiro día e todo vai sobre rodas ainda que Noa non estaba pola labor de compartir afectos con eles. Agora xa empezan a xuntarse e logo se farán inseparables como ocurreu co desafortunado Mel.
Axudan a pasar o tempo, a ter de quén ocuparme e fanme unha compañía moi agradable.
Ahí van as fotos tomadas esta mañá na cociña.
Ainda non teñen nome porque observei que os gatiños non entenden deso. De todos modos, ben podería chamalos, Mica e Mico!
Este nadal, que eu non quero suliñar nin facer notar, por causas que cada quén pode pensar libremente, vai ser un nadal recollido, sen festa, sen convidados. Corren tempos nos que a volta ao pasado é socorrida xa que dalí podemos sacar o exemplo da austeridade nas celebracións. Así que nin marisco, nin capón, nin turrón, senón pratos típicos deste lugar, feitos cos produtos caseiros que había e ainda hai, poden ser unha solución asequible e mesmo añorada para comer ao carón do lume, cos tresitos saltando ao redor e sen luces eléctricas que miren hacia fora, senón as muxicas de lume tintineando a través dos aros das arandelas da cociña. Un nadal de cara adentro, non de cara a fóra, como entendo eu que debe ser o NADAL galego, rural en tempos semellantes a outros tempos xa pasados onde non reinaba a abundancia nin tampouco o exotismo nin tantos outros ingredintes que se nos foron pegando doutras culturas ben alleas á nosas e dun consumismo do que pagamos caro as consecuencias.
O meu desexo para cantos coñezo e quero, TEMPO DE REFLEXIÓN, DE HUMILDADE E DE SANO DISFRUTE DO COTIDIANO.
BÓ NADAL

2 comentarios:

  1. La verdad es que si,,
    Que seria hermoso pasar una navidad como antaño.
    El menú de entonces no seria tan variado como los que se preparan hoy en día,pero por supuesto que era mas natural y sustancioso. Con aquellos grandes pollos asados, y acompañados con una generosa ración de castañas cocidas. También aquel bacalao con verdura estaba riquísimo. Y que decir del suculento postre. (todo repostería de la abuela)De aquellos grandes y esponjosos roscones, los cuales en casa de mis abuelos (y por ser navidad) nos permitían mojarlo en un poquito de riquísimo licor café. que felicidad nos embargaba cuando aparecía aquel dulcisimo turrón "duro"- ¡e de Alicante!- decía mi abuelo mientra lo rompía con un pequeño martillo. Nosotros - niños por aquel entonces- raudos movíamos nuestras manitas apañando las ricas esquirlas de avellana y masa de turrón desmenuzada que quedaba sobre el "mesado" de la cocina,luego seguíamos a mi abuelo asta la mesa donde podíamos hincarle el diente a aquel suculento tesoro el cual-por desgracia- solo nos visitaba por Navidad.. Entonces las navidades eran más bonitas, más hermanadas y familiares. Había menos, pero lo disfrutábamos y lo compartíamos con el corazón rebosante de verdadero cariño y .. espíritu Navideño....
    Para mucho da este tema...
    Gracias Bea.
    Todavía es pronto , pero feliz Navidad..
    Un Beso.

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Bea!!! Perdoa por non pasar antes. Estiven e estou un pouco pachucha.

    Sabes, emocionáchesme. Con esta entrada tan fermosa e sentimental, tamén para min quero un Nadal así, sinxelo so de cara a dentro! Sen luxos que non son para nada necesarios.
    Penso sempre en quen non ten nin sequera un prato quente de caldo. Pero non so no Nadal, senón a diario.

    ¡Agora temos máis do necesario diariamente! Antigamente esperamos, polo menos a miña xeración... A que chegara as festas do Nadal -para reunirnos toda a familia que, por -certo era ben grande. E de cea, facían aquela empanada dun centímetro de gordo de masa, feita con o capón da casa. E o bacallao con verdura. E o os doces tamén se facían na casa
    O que sei e que tiñamos a ledicia do mundo, cantabamos as cancións do Nadal hasta as catro da amaña. Eramos felices dentro da pouca abundancia.
    Hoxe tamén ai que o pasa mal, pero ai moitos -moitos que votan a casa pola ventá. Pero alá cada un coa súa lideira.
    Gracias Bea, por regalarnos as túas letras. Un abrazo grande e boa semana. Inda falta para a noite boa. Felicitareite para entonces.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.