viernes, 25 de diciembre de 2009

FELIZ ANO / HAPPY NEW YEAR



Chega,unha vez mais, o final de un ano (segundo as nosas medicións, claro), e con él, o repaso do historial vivido ao longo dél. Facemos o balance das cousas boas que nos aconteceron e tamén das menos boas. Serve de refleixón, de peche de contas, e nalgúns casos, de "borrón e conta nova". Atrás deixamos horas de traballo, momentos de lecer, algunhas penas, alegrías breves, proxectos....e preparámonos para comenzar algo novo, cos mellores propósitos que logo se van esquecendo á medida que o tempo pasa. Pero estrear ano, como estrear coche (ou calqueira outra cousa) sitúanos no camiño correcto para mellorar e corrixir erros do pasado. Danos unha oportunidade para non repetirnos, polo menos naquelas cousas que non fixemos ben de todo.
Estrear ano, danos tamén a oportunidade de "mimar" a este neno pequeno, que comenza os seus pasos. Sentímonos mais responsables e por eso facemos propósitos. Ogallá que ese ímpetu nos dure e poidamos levar a cabo todo aquelo que desexamos e coidamos que é o mais axeitado para mellorar e sentirnos mais contentos no noso vivir.
FELIZ ANO A TODO O MUNDO!
HAPPY NEW YEAR TO EVERYBODY!
AUGURI A TUTI IL MONDO!
BON ANE A TOUT LE MONDE!

domingo, 6 de diciembre de 2009

BO NADAL

BO NADAL

http://widget-9d.slide.com/widgets/themepic.swf" type="application/x-shockwave-flash" quality="high" scale="noscale" salign="l" wmode="transparent" flashvars="cy=lt&il=1&channel=3458764513858198173&site=widget-9d.slide.com" style="width:300px;height:400px" name="flashticker" align="middle">
http://widget-9d.slide.com/widgets/themepic.swf" type="application/x-shockwave-flash" quality="high" scale="noscale" salign="l" wmode="transparent" flashvars="cy=lt&il=1&channel=3458764513858198173&site=widget-9d.slide.com" style="width:300px;height:400px" name="flashticker" align="middle">
t016_v000_s0un_f00/images/xslide4.gif" border="0" ismap="ismap" />

BO NADAL TO EVERYONE!!!


jueves, 3 de diciembre de 2009

domingo, 29 de noviembre de 2009

domingo, 15 de noviembre de 2009

O OUTONO DA VIDA


Polo outono da vida, vou camiñando,
Silandeiro o camiño, sen sobresaltos.
Ofreceme sosego, control nos pasos,
Lévame sen sentilo, nos seus abrazos,
Ofréceme sorpresas de cando en cando
Emocións e aventuras igual que antano
Nas súas cores me fundo e me deixo ir
Agardando tempos que están por vir
Soñando amenceres de luz e tibieza
Que me conviden con xentileza
A seguir a rutina que ofrece o día
Dende pola mañá ata a noitiña.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

A INDECISIÓN NON SUBE AO AVIÓN


Namorarse dun coche é como namorarse dunha persóa. Todo acontece dun xeito inesperado.

Un día, unha parella de sendeiristas que decidiron perderse pola Marronda, deixaron o seu coche aparcado xunto a miña casa. O primeiro que me chamóu a atención foi a sua cor, seguida da súa forma, elegante aos meus ollos, con un certo ár de aventureiro....


Como me andaba a mosca tras da orella nesto de cambiar de coche, empecéi a pensar que éste sería o meu número catro e tal vez, con un pouco de sorte, o último. Igual que no amor.
Busqueino polos concesionarios e dixéronme que éste xa non, que saíra outro modelo mais novo e tal vez mais elegante, se cabe. A verdade é que o que me amosaron non desdice nada da idea que eu me formara. É, sin dúbida, moito mais atraínte. E así empezo coa miña interminable indecisión de querer mercar un coche que sustitúa ao que teño dende fai unha longa ducia de anos e co que estou aínda nunha moi saúdabel relación. Pero, dado o momento "histórico" mediatizado, da compra de coches... non sei a quén facer caso. Cada ún fala da feira cómo lle foi nela!. Cada persoa me dí que esta, aquela, a outra marca é a mellor... e eu, comodamente, eso sí, sin molestarme en ir de concesionarios, paso algunhas horas vendo coches en internet, pedindo prezos, vendoos de lado, de frente, por dentro e por fora, lendo as interminables listas de características, que todas me parecen o mesmo....e navego nun mar de dúbidas, do que non entende nada no tema. Acabo por non me saber a lección e cos ollos aínda vendados polo feitizo daquel que espertou en min tal paixón lanzo ao ár esta leria, co ánimo de que alguén entendido na materia me diga que tal namoramento ten ou non ten razón de ser.

jueves, 5 de noviembre de 2009

PANELLETS


Os panellets son uns doces típicos de Catalunya. Datan do S. XVIII e eran unha comida bendecida que se compartía despois das celebracións relixiosas en festividades como Todos os Santos o 1 de novembro.

Elabóranse a base de améndoa moída, boniato ou pataca, zucre e ovo. Adórnanse con piñóns, améndoa troceada, coco, café, semillas de liño.... e fornéanse un pouco.

Por estas datas, é bastante común atopalos nas docerías de todo o país.

Hai moitas receitas en internet para poder experimentar con estes pequenos doces. Din que os auténticos fanse con pataca e non con boniato. Algúns levan algo de fariña ainda que eu penso que non lles cae ben. Ao principio a masa sae demasiado mol como para poder traballala pero a medida que pasa o tempo endurece e xa se poden facer as boliñas, churros recheos con marmelo ou nescafé. Outros rebózanse nos piñóns, améndoa troceada, coco, noz picada....

Tanto o boniato como a pataca, mellor cocida ao vapor para que non colla demasiada auga. Logo sen a pel.

O zucre, ou ben se merca xa glaçé, ou se moe no muíño do café ata que quede feito pó.

En fin, pequenos trucos!

viernes, 30 de octubre de 2009

H A L L O W E E N


Esta celebración ten lugar o 31 de outubro. No mundo celta, siñificaba o fin de ano. Unha vez recollidos os froitos da terra para pasar o inverno, había que pensar nos que xa non vivían. Como eran unhas xentes moi relixiosas, creían no “mais alá”, no “retorno” dos seus mortos e querían agasallalos cos alimentos que eles recolleran e quentalos no seu fogar para que non pasasen frío nos camposantos. En moitas sociedades humanas, esta crencia é común. Convidar aos mortos a compartir cos vivos banquetes e celebracións. Era unha obriga para con eles. Do contrario sería esquecelos e eso podía traer mala sorte. Hoxe en día visitámolos nos cimeterios e levámoslles froles.
Esta tradicción foi levada polos irlandeses á América cando emigraron. Así que o noso Samahím, pasóu a convertirse no Halloween americano que, a súa vez, foinos devolto con ese novo nome e novas costumes.
Era habitual entre os celtas, encender antorchas dentro dos navos grandes, previamente valeirados. Logo chegaron as cabazas, e como éstas eran mais grandes, adoptoran facer o mesmo con elas.
O Halloween americano consiste en disfrazarse de personaxes que causan medo (meigas, pantasmas, vampiros, esqueletes......) e, sobre todo, os rapaces e rapazas, ir polas portas pedindo como facemos aquí no Entroido. “Trick or treat”, (truco ou trato) é a frase típica. Se os da casa contestan “trick”, pois gástanlles unha broma, se din “treat”, son agasallados con golosinas, cartos.....
Agora sácase proveito de todo! As tendas comercializan todo tipo de productos relacionados co Halloween. Mesmo a xente adulta participa e acude a festas de disfraces, sobre todo nas cidades e vilas grandes.
Na escola, esta celebración contemplase na clase de inglés e o libros xa traen incluída unha unidade didáctica con este tema do Halloween.
Pero sería bó non esquecernos dos nosos oríxens e voltar ao Samahim, que, por certo, xa empeza a ter peso e vai desplazando ao Halloween americano en todos aqueles sitios onde se toma concencia de sermos galegos e valorar as nosas propias tradiccións que son nosas con todo o seu siñificado, pois de aquí parece que saíron, de maneira sinxela, e agora temos que mercalas a bó prezo!

martes, 20 de octubre de 2009

COGUMELOS E OUTRAS DELICATESEN







Acabouse o verán e van chegando as chuvias do outono. Con elas, os cogumelos, as castañas, as mazans, noces, aveláns... Chega a recolección silvestre, os percorridos por soutos e camiños de carro ( a punto de desaparecer xa), e a veira deles ainda quedan os pomares de mazáns do país con toda a súa gama de sabores. Os cogumelos son sempre unha sorpresa no meio do camiño ou do souto. Encóntranse por casualidade e se os collemos no seu momento son todo un luxo que a natureza nos ofrece, as súas formas, cores, olores e sabores.... innundan o outono dun perfume característico que nos envolve e nos funde coa nai terra. Preparados coa navalliña para cortalos debidamente e limpalos in situ, para que non se nos vaian para sempre, e transportalos do mellor xeito ata chegar á casa onde o proceso de limpalos e preparalos para logo degustalos é todo un ritual. Cousa de meigas ou bruxos! E despois de inxirir tan preciados manxares, sorprendémonos de estarmos vivos ao día seguinte para seguir buscando mais cogumelos. Cada estación ou etapa do ano ten os seus engados. A veces penso que seguimos sendo recolectores como aqueles que nos precederon no tempo fai millóns de anos. Ese espíritu aventureiro de subsistir co que nos ofrece a natureza forma parte de nós. Nono perdamos! Vale a pena!

COGUMELOS E OUTRAS DELICATESEN

Acabouse o verán e van chegando as chuvias do outono. Con elas, os cogumelos

domingo, 18 de octubre de 2009

JUANES POLA PAZ


Juanes closes the First Global Nonkilling Leadership Academy
October 2009. Colombian musician Juanes (promoter of the "Peace Without Borders" concerts) addressed the participants of the First Global Nonkilling Leadership Academy in the final session celebrated in Honolulu, Hawai'i, on October 16, after two intense weeks of training. Juanes urged the young leaders to take the nonkilling message to their countries and to work on the ground toward a killing-free world.
The First Global Nonkilling Leadership Academy pilot was organized by CGNK to provide a select group of promising young leaders with a life changing experience related to the real and much needed possibilities of a world where killing is no longer taken for granted.
The pilot consisted of a two week program comprising 12 participants from countries as Liberia, Western Sahara, Italy, Lebanon, Palestine, Germany, Kenya, Thailand, Philippines, India, the United States and Hawai’i itself. Participants were nominated by past Nobel Peace Laureates, as well as drawn from organizations and networks partnering with the Center for Global Nonkilling. This initial pilot provided the basis for improving the content, structure and format of the Academy before being offered on a more wide-scale basis in future years.
The program and other information can still be found at the Academy’s blog at: http://non-killing.net/academy/

miércoles, 7 de octubre de 2009

O PAN NOSO DE CADA DÍA....



Votaba de menos aqueles tempos nos que a elaboración do pan era todo un proceso que ocupaba boa parte do ano. Preparar a terra, sembrar, ver medrar e mecerse co vento como as ondas do mar. Logo a seitura, a malla….o amasado na artesa, preparar o forno coa leña que se recollía para tal fin, e logo ver saír aqueles pans redondos, inundando todo co seu cheiro a pan recien feito. Sabíase quén cocera na aldea, so polo arrecendo. Era case unha festa. Ocupaba o día enteiro. As empanadas, as bolas, os boliños para os mais pequenos….
Facer o pan na casa, amasar coas propias mans e obter unhos resultados tan placenteiros, vale a pena ainda que non sexa como antes.
A miña versión é un pan de molde, de semillas, integral. Un pan que vai cos novos tempos. E co pan tamén as empanadas, con novos ingredientes, percurando sabores que nada teñen que ver cos da empanada tradicional que se facía no interior de Galicia.
O importante é recuperar o pasado, enriquecido co presente e sobre todo, sentir o placer de amasar. Un relaxante natural para combatir o estrese e demorar mentras se espera a que o particular arrecendo impregne cada rincón da nosa casa.
Outra cousa é a degustación: unha rebanada aínda quente, con mermelada caseira e queixo fresco…por non dispor daquela manteiga que se facía, cun pouco zucre por riba.
Hai sabores e olores que se perden no tempo e todo o mundo moderno dos supermercados non poden imitalos nin recuperalos.
Ahí queda eso!

martes, 29 de septiembre de 2009

O AVÓ











O AVÓ

Naceu o 9 de Janeiro de 1912 e hoxe ten 97 anos. Pode contar as súas memorias con todo luxo de deatalles.
Infancia difícil, mísera e triste nas montañas de Lugo. Case sen poder ir a escola. Bó estudante. A él gustaríalle poder ter estudado unha carreira, ainda que fora para Crego naquela época. Pero chegados os 18 anos, deixou a casa paterna para ir a traballar nas minas en Bilbo. Ao pouco, xa o levaron para a Guerra Civil. Tres anos de medo, fame, frio… á intemperie a mayor parte do tempo. Vendo morrer compañeiros e ofrecéndose él mesmo ás balas par poder afastarse do frente. Logo da Guerra, miseria e enfermidade: o paludismo, os tifus…Salvóuse de milagro! Xa entrado nos 30 anos empezóu como carpinteiro. Unha peseta o xornal non daba para vivir. O pouco que tiña roubáronllo os ladróns que actuaban en banda polas aldeas e non deixaban nada do que atopaban. Casou aos 40 anos. Empezaron vida nova sen un céntimo. Pero alén das súas respectivas profesións, abriron unha cantina e foron prosperando naquela época de postguerra, pouco a pouco, con moitísimo sacrificio, sen comodidades…. Pero acordaron tempos mellores.
Fixo carros, hórreos, sellas, ventanas, portas, mesas ben retorneadas, mobles de todo tipo, aperos de labranza. Camiñaba horas, de noite, para chegar ao lugar de traballo, transportando as ferramentas ao lombo.
Amigo de contar contos, refráns, cantigas, adiviñas…..Un libro aberto e unha memoria envexable que conserva ata hoxe casi intacta. Traballou a súa horta da que se sentío sempre orguloso. Cavóu no monte para ter pan na mesa. Agora toca descansar e deixar que os demais fagamos o traballo. As súas mans ásperas de toda unha vida, son agora mans de señorito. Ben merecido!

jueves, 24 de septiembre de 2009

TIC-TOC




TIC TOC

Estou aquí, esperando.

Nada novo.

Que algo cambie o rumbo.

Que as noites

Teñan ás e me leven lonxe.

Ós concertos.

A bailar catro horas seguidas.

Ás películas.

Aos amigos que fun deixando.

Ao descoñecido.

A que o Skype me chisque un ollo.

Ás mensaxes.

Que algo cambie por un instante.

A monotonía



domingo, 20 de septiembre de 2009

A COLLEITA DE CENORIAS/ The carrots harvest


Hoxe recollín algunhas cenorias. Gústame a súa cor laranxa. O seu sabor é moito mais intenso co das súas compañeiras de supermercado. É por iso que me gusta cultivalas na miña horta. Agora gardaréi algunhas no conxelador e as outras en terra seca ou aréa.
Pódese facer un sabroso pastel:

RECEITA

De tres a catro cenorias grandes.

Bolsa de coco rallado.

De tres a catro boliños de leite.

Tres culleradas grandes de zucre.

Cocer as cenorias nunha pouca auga (eu fágoas ao vapor na exprés). Reservar a auga da cocción.

Trituralas xunto co zucre e tres culleradas de coco rallado (engadir algo de auga da cocción)

Cos boliños de leite, ir forrando un molde de pudding, (con lonchas de boliño). Logo poñer alternativamente capas do recheo con capas do bolo de leite (mellor se ten sabor a anís). Acabar con capa de bolo e tapar coa tapa do molde ou con outra, presionando ben. Meter na neveira.

Desmoldear ao día seguinte ou dalí a dous días, pois sabe mellor canto mais fundido estea todo.

Pódese decorar co resto do coco.


É unha bóa maneira de empezar o outono!






Today, I picked up some carrots. I like their orange colour. Their flavor is much intense than their partners from the supermarket. It´s for that reason that I preffer to grow them in my garden. Now, I will preserve some of them in the frizzer and some in soil or sand. You can make a nice cake with them.


RECIPE

Three or four big carrots.

A packet of dry coco´s flakes.

Three or four sweet milk buns.

Three tablespoons of sugar.


Boil the carrots in the preasure cooker in some water. (Keep the water).

Mix carrots, sugar and coco with the mixer (add some of the boiling water)

Cover the botton and sides of a container, pudding shape, with slices of milk bun.

Add some of the mix. Continue covering with milk bun and finish with it.

Press with a lid and keep in the fridge for one or two days.

You can decorate with coco´s flakes.


It´s a good way to start the Outumn.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Flores de mil cores (continuación)

As capuchinas, semellan flores orientais. O seu recendo penetrante convida a embotellalo para embriagarse con él cando non están. Son flores de humidais e mesmo medran abundantemente ao borde dunha cuneta, se lles caéu ben o terreo. Poden formar enredados que invaden todo ao seu paso dunha gama de laranxas intensos, amarelos e mesmo bermellos. Teñen o poder das cores orientais. Lástima que eu non consiga esas vistas! Todo máis que logre que unha ou dúas se queden para lembrarme da súa fermosa existencia.

Flores de mil cores


Se alguén che preguntara: ¿cál é a túa flor preferida? estou segura que un bó tanto por cento obtaría por algún tipo de rosa. A min gústanme as rosas, pero non diría que fosen as preferidas entre tantas e tantas variedades. Sería moi difícil decidirse por algúnha en especial. Cando creas un perfíl, as preguntas típicas son: libros, música, películas favoritas.... e a min resúltame tan difícil decantarme por algo en concreto que teño que deixar o espazo en branco ou especificar que non teño favoritos. O mesmo me sucede coas flores. Éstas, da foto, vulgarmente coñecidas aquí por "marabillas", sempre me chamaron a atención pola súa cor tan viva e alegre e por un arrecendo moi particular. Pola súa forma de medrar en equipe e de reproducirse ata invadir o lugar a rás de chán.






As petunias, como flores de temporada, nunca poden faltar no verán se queres alegrar unha ventana, un rincón do xardín ou do balcón. Lástima que sexan tan perecedeiras porque a mín gustaríame ter petunias en flor todo o ano! Penso que son unha terapia contra a depresión ou melanconía. Penduradas dende o alto, deixan o seu peiteado de mozas novas e alegres, esparexido como o cabelo dunha serea mariña ao sol.










domingo, 13 de septiembre de 2009

ROTEIRO POLO COUREL







De Valdomir a Seoane do Courel, 14 kilómetros seguindo o río Lor pero en dirección contraria ao seu cauce, pasando por carreiros de a ún, baixo as frondosas que nos protexían do sol, unhas 80 persoas faciamos un cordel colorido naquela verde masa que nos servía de fondo. Situada nunha "gap" do cordel, conseguín andar sola, en compañía. Eramos a natureza e eu, naquela multitude, estirada, abrazando a ladeira da montaña, sentindo o río e as pequenas fervenzas que éste formaba a veces. As moras ofrecíanse doces e impolutas, en estado puro, agasallo natural a meia mañá facendo as veces das "once". As arandeiras non tiñan un só arando e os ourizos xa empezaban a tentar con un outono xeneroso asomándo pola súa cor amarela de finais de verán.




Arrecendía a menta e a flor de úz no seu estado mais doce e embriagador. Todo parecía estar maduro con este calor de setembro seco. Nen un lagarto que suscitase un súbito berro, nin outro animal que perturvase a nosa marcha, fomos chegando ún a ún ao lugar de destino onde nos agardaba unha xerra ben fría de cervexa e un descanso merecido. O xantar non se fixo esperar e a empanada de verdura toda unha revelación culinaria.




Aínda coas montañas ao fondo, fixemos do xantar unha festa, alí en Seoane, onde a comida forma parte da natureza e as estacións marcan o menú de cada época do ano.




Non volo perdades!

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Bárbara & Xoán



O día quince de agosto

deste ano dous mil sete

nunha aldeíña de Lugo

vai haber un gran banquete.

Neste lugar de Fonteo,

ben chamado Pividal,

celébrase unha comida

na que hai tarta nupcial.

Presentarei ós contraíntes,

de pouco is de vinte anos

que teñen no seu haber

sendos tíduos universitarios.

Bárbara se chama ela,

brasileira e italiana

e por se esto fora pouco,

dinamarquesa e alemana.

Xoán en tres ou catro idiomas,

leva nome itinerante

e ten tres nacionalidades

por facerse o interesante.

Coñecéronse en Braga

pero non pensedes mal

que él usa calzoncillos

e ésto foi en Portugal.

A todos aquí presentes

queremos felicitar

por facer que esta festiña

sexa tan internacional.

E non vos roubo mais tempo

que tedes que disfroitar

coa cervexa irlandesa

que vos preparóu o Xoán.

Coidadiño coa queimada

e cos diversos licores

que loguiño de catalos

empezan os sinsabores.

E se queredes mais festa

dentro dun ano en Brasil

celébranse as tornas bodas

para os que queirades ir.

martes, 8 de septiembre de 2009

A CASA DE BRAÑAS

Hai unha casa en Fonteo
toda vella e afumada,
cunha escaleira por fora
e coa porta ben pechada.
Ten ao pé unha figueira
que dá figos cada ano
e tamén ten unha horta
que ainda chora polo amo.
Esquecida alá nun curro
a cociña da lareira
durme entre das cinzas mortas
Xa non ruxe a garmalleira.
Estarán alí ainda
o vello escano e a artesa.
a lacena do touciño,
o pataqueiro e a mesa.

viernes, 28 de agosto de 2009

Estreando blog

Facía tempo que sentía curiosidade por esto de bloguear pero non me chegara o momento. Aínda así, agora que xa teño un blog, non sei ben qué facer. De momento, probándome a min mesma, como sempre, estreando cousas, atrevéndome a dar pasos novos por estas canles tecnolóxicas que a veces líanme pero outras amósanme camiños para mellorar e poñerme ao día. Non me quero quedar atrás! Comezo timidamente... É como estar a falar ante o mundo enteiro que escoita en silenzo o teu monólogo, medindo e xulgando cada palabra... (os erros ortográficos...) A verdade, dame un pouco de medo. É como cando intentaba falar pola emisora do meu fillo, con xente descoñecida a que non sabía qué decirlle.... Pois eso é o que experimento con esto. Como un diario aberto que calquera pode ler... Aínda así, non podo decir que sexa tímida por este meio. Fixen moitas amizades a través de internet e considero que é unha maneira moi cómoda de se comunicar co resto do mundo.
A verdade é que axuda moito, cando, por sorte, vives un pouco illada do mundanal ruído, e non precisas de mergullarte nél para manter a relación coa xente.
Termino por esta noite. Cando vexa esto publicado, convencereime de que aprendín a empezar un blog que estou segura dará para moito. Inspiración non me ha de faltar.
Saudiños a quen se apouse nestas liñas.
Bea