sábado, 17 de mayo de 2014

PAISAXES DE PRIMAVERA






Coa Noa no nacemento do Eo

A visita dunha amiga animóunos ás dúas percorrer un sendeiro que eu xa non frecuento porque está un pouco illado. Mágoa que cos anos nos fagamos un pouco mais vulnerables aos perigos imaxinarios. Non fai moito que eu o percorría a diario, unhas veces andando e outras na bicicleta. A ela sorprendéulle a paisaxe que se estendía ao longo do río con árbores autóctonos en abundancia e os contrastes de luz e sombra que se orixinaban ao ir caendo a tarde soleada. Abaixo, o río, poñía son a tanta fermosura deixándose levar mansamente con pequenas fervenzas que chamaban a atención pola blancura súbita en calquer desnivel. Ela fixo estas fotos co seu celular e logo envióumas ao meu, e do meu ao Facebook, onde vai case todo hoxe en día, e de alí ao blog. Exuberancia primaveral neste mes de maio que nos deixa días moi soleados e quentiños, que falta vai facendo e xa era hora e síntese que o bo tempo dura pouco e logo pasa e voltamos a estar no longo inverno outra vez. Por eso, é preciso vivir a tope esta efervescencia que nos brinda a natureza e fai que os días duren mais, que as horas rindan, que o día case non teña fin e que debemos acumular o máximo de canto se nos ofrece gratuitamente. Cargar as pilas, diríamos! O noso estado de ánimo nútrese da luz!

Por esa ruta vaise percorrendo A Marronda, zona moi visitada polos sendeiristas e que ten fragas ben abundantes de árbores do país moi variadas e unhas vistas espectaculares sobre aldeas medio abandonadas. Co río Eo por testigo, percorrendo as baixuras e discurrindo entre prados  e carballeiras e fervenzas e muiños....
A ela chamóulle a atención e non a min, que xa estou afeita a ver esto cada día. Por eso coido que é interesante amosalo e valoralo para que quen queira poda disfroitar do encanto destas paraxes a veira do Eo no seu curso alto, a poucos metros do seu nacemento.






martes, 6 de mayo de 2014

REENCONTRO COA ILLA HIPPY

Paseo marítimo en Sta. Eularia de Riu
Cala de Sta. Eularia, perto hotel.
Despois de mais de catro décadas, volto a Ibiza atraída polo fenómeno hippy da famosa illa. E igual que a primeira vez, non atopei os hippis, será que nonos hai, que nonos houbo? Será que eso do hippismo é mais un invento dos da outra banda? Dos que están do outro lado? Asegún eles, eu tamén fun hippy? Funo realmente? Nunca me pareceu que eu  poidera etiquetarme así pero ben mirado, si que facía un tipo de vida pouco común co resto da xente do meu arredor. Ata miña nai dicía: "ti non es como as outras rapazas!" con un ar de reprobación no seu ton de voz. Pois quén se ía polo mundo adiante, soa, en autostop, deixando só unha nota de despedida, buscando traballos dos mais diversos que atopaba para costear gastos. Quén xantaba cos Christnas os domingos en Fondelpark en Amsterdam e asistía ao seu ritual completo para poder sentarme a compartir a comida que distribuían gratis no seu templo. Quén facía safaris en Amsterdam compartindo bici, para axenciar o mais imprescindible para a supervivencia.... Quén levaba ao lago de Zurich os bombós que caían das bandexas na fábrica de chocolate Lindt para regalárllelas aos hippies do lago? Quén se facía unha viaxe dende Zurich a Lugo, tocando a frauta mentras agardaba que me levaran de treito en treito e durmindo unhas veces nas estacións de tren, outras a pleno pulmón ao aire libre, fora, na noite....
Cando buscaba aos hippies de Ibiza, acabábamos de traballar nun hotel da costa catalana e collemos un ferry dende Barcelona. As mantas de listas do hotel, fixeron a función de saco de durmir, baixo os algarrobos ibicencos. A comida era silvestre, o que atopábamos, como os nísperos que trouxen agora e que collín eu mesma dunha árbore. Era fácil deambular por alí unhos días sen preocuparse de nada. Lembro o bocata de sepia que nos tomamos no porto de Ibiza cando xa voltabamos da aventura sen atopar aquelo polo que sentiamos curiosidade. Non atopamos manadas de hippies na illa. Estarían escondidos. Daquela non eran ben vistos. Agora é diferente: hai mercadillos hippies onde fan o agosto xentes de todas as filosofías. Acaso serían os antigos hippies aqueles mais ou menos da miña idade que tocaban tambores africanos alí no mercadillo? Ben poidera ser. Eu non osei preguntarlles.
Ben que a sociedade de consumo saca partido destes fenómenos: corenta e catro euros por levarte a ver o mercado dende o hotel que dista catro quilómetros. Eu fun a pé e non paguei nada. Faltaría mais! E logo hai que ver cómo venden todo caro, as bebidas, as roupas e obxectos de artesanía.
Parte alta de Ibizza
A miña viaxe foi emocionante: sentínme a ben co tempo percorrido, disfroitei da auga morna do Mediterráneo e da blancura azucarada da súa arquitectura. Azul e branco, as cores emblemáticas que nos fan pensar no azul do ceo e no branco das praias, das calas de area branca, das casas encaladas con formas redondeadas e mazizas que cobran volume como se a neve as cubrira co seu manto e deixara curvas espesas nos seus muros. Reencontreime coas árbores: amendoeiras, figueiras, oliveiras, piñeiros, nispereiras....e duna, moita duna baixo os pés, sobre todo na illa Formentera de augas azul turquesa e area branco rosada. Sinto que cumplín on doble soño: o soñado e o por soñar. Convencínme de que o Mediterraneo non é para min. Só para un paso efímero a vista de paxaro, sen pousar pé. Pero atraínte e cheo de reliquias dun pasado que ainda se transmite en cada detalle.
Pasarruas de cabalos, cans, coches antigos....
Invadido e tomado polas mais diversas etnias, da a impresión de que nada do que por alí circula é auténtico, senón falsificado. O esparto é sintético, as telas de liño e algodón son da India e todo feito na China. Só os podencos semellan ser auténticos. E os cabalos percheróns de porte señorial, elegante e paso firme. Polo demais, invadidos polo turismo de masas xa non son eles senón que son como unha zona franca que terminará por ser engulida e despersonificada. Como pasará en tantos e tantos sitios de turismo masivo.
Pero agradezo a oportunidade de poder facer unha viaxe como tantas e tantas veces desexéi cando era traballadora en hoteis de zonas turísticas da costa mediterranea: poder ir de catro estrelas, con buffet para tódalas comidas do día, piscina e praia e viaxes e música e baile e sentirme merecedora destas vacacións despois de traballar tantos anos.
Ahi queda Eivissa para desmitificala.
Vistas do porto de Ibiza dende arriba

Cos traxes típicos antes do baile.