domingo, 22 de mayo de 2011

BOBI









....pequeño, peludo.... (Platero y yo)


....pequeno, peludo, redondo, rebuldeiro, inquedo, listo, agarimoso, independente..... así é Bobi, un cachorro con personalidade definida. É fillo único de mamiNoa e ten a exclusiva na sua teta.

Dende que abriu os ollos, empezóu a coñecerme aínda que xa me coñecía pola voz, polas cousas que lle decía de pequeniño. Agora ségueme a onde queira que vaia. Para él non hai dificultades nen escalóns demasiado altos. É un escalador nato, e cando consegue chegar ata a miña cara, dame bicos e lámbeme as mans, a roupa....O que mais lle gustan son os meus zocos violeta. Como teñen buratiños e son de goma, non para de roermos. Hoxe saímos pola horta e deitámonos ao sol, os tres (Bobi, Noa e eu). Xogamos entre a herba, patas arriba e patas abaixo. Parece que lle gustaba tomar o sol na mullida alfombra verde. Bobi, dende que naceu, fai un mes, ten visitas a diario. Todo o mundo quere velo antes de que se nos vaia, pois o nome que leva, non llo puxen eu senón a súa futura dona que o está agardando con toda sorte de exquisiteces para él soliño. Eu demoro o momento e mentras Noa lle de a tetadiña, non quero deixalo ir, pero teño coidado de non engatusarme demasiado nel porque é cautivador.

Estou segura de que tera unha vida afortunada e unha dona que o cuide con mais tempo do que eu lle podo dar. Votaremoste de menos, Bobi!

martes, 17 de mayo de 2011

De flores.




Secadra, esta noite, inspirada pola fermosa vista desta planta que vin por vez primeira en Noruega, abundante nas cunetas das estradas e con variedade de cores.... chamoume a atención case mais que atoparme cos fiordos e cas fervenzas daquel país.


Non sei como se chama, e debería sabelo en latín e polo menos nalgunha outra lingua, pero eso cústame pouco por estes medios onde se atopa canto se busca.


Trouxen dalí a semente e púxena fai unhos anos. A miña sorpresa foi atopala no Lidl de Lugo un día. Así que agora xa teño varios axemplares e éste que se ve na foto, está en pleno apoxeo porque xa tomóu posesión do lugar e multiplicouse. Debería incluir aquí a foto que lle fixen aos de Noruega. Se consigo atopala, poñereina para que poida disfroitala quen queira que pase por este sitio.


Cada día que pasa, cústame mais escribir no blog por falta de tempo. A horta reclámame, Bobi, o cachorriño de Noa, tamén me rouba tempo, por non decir o resto de cousas que me ocupan durante o día e mesmo a noite, xa que remato cos libros de Etnicidade e migracións, a ver se teño mais sorte en setembro.


Hoxe adiquei parte da mañá a pintar unha parede do salón de cor laranxa. O resto é pedra vista. Quedou moi ben e xa empecei a decoración con cadros e platos de Rumanía e Chequia que tiña aparcados por ahí.


Tamén trouxen unhas arboriñas para o porche. Fixen unhas xardiñeiras de barril vello cortado en dous. Pintei os aros de cor bourdeux e o resto madeira. Todo vai collendo ese "aquel" que eu quero darlle. Faime ilusión estar sempre decorando e matinando cousas nos distintos lugares que me toca ocupar ao meu paso pola vida. Levan un selo personal que deixan rastro desta alma perdida que se empeña contra vento e maréa de facer un lugar "de seu" ainda que sexa transitorio, nunca definitivo, se é que existe algo así.


Remato ainda que podería seguir falando de tantas cousas....


Voltarei a este post coas flores noruegas, con Bobi e vistas de salón.






A planta é Lupinus, coñecida como altramuz.