www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 9 de xullo de 2019

Cidadana do mundo



Rias Baixas

Hoxe, no Facebook  alguén me trouxo lembranzas do meu pasado. Hai días, nos que como por arte de maxia, todo colle un rumbo diferente, como se unha variña máxica, cambiase os plans e, de repente, subín ao faiado en busca de fotos daquela época que él, tan ben rememora, ainda que eu non coincida na interpretación que se facía dos meus actos e andares.
Lugo
De hippy a cidadana do mundo, un paso, pero non era tan sinxelo. Nunca me vin como unha hippy senón, mais ben, como unha persoa que non se amolda ou conforma ca realidade existente no momento e aquela realidade era dabondo represiva como para aceptala. Pero non era eso o que me levou polo mundo senón as ansias por coñecer outras xentes e linguas, outras culturas que parecían estar mais avanzadas no sentido das liberdades mais esenciais. Por iso, Suiza, foi un dos primeiros destinos ao que me dirixín, xunto con outras rapazas estudantes de Salamanca, e algúns compañeiros de maxisterio de Lugo. Levabamos contrato de traballo para dous meses e iamos traballar en fábricas como a de chocolate, no meu caso.
Costa Brava
Outros veráns, fora na Costa Brava, ou nas vendimas de Francia. Non era nada novo eso ainda que aqui nono fixeran moitos, por eso eramos os raros, raras quenes decidiamos aventurarnos. Viaxar en auto stop era o mais económico e daquela funcionaba moi ben. Íamos chegando aos sitios que nos propoñiamos con bastante seguridade e sen moitas peripecias. Pero tampouco nos considerabamos emigrantes, realmente, ainda que compartiamos traballos con xente que sí o era. Aprendiamos a fala do lugar, e coñeciamos xente nova de moitas outras nacionalidades e que practicaban unha vida un tanto bohemia, cousa que non facían os verdadeiros emigrantes, que mais ben ían da casa para o traballo e biciversa. Nós viaxabamos e percorriamos os países nos que estabamos e o feito de ir en autostop facilitaba a conversa con xente nativa, quenes coñecían a zona e nos ían amosando cousas e lugares de interés. Mesmo saímos na tv suiza visitando unha exposición sobre Einstein nunha cidade suíza pola que pasabamos.
Suiza
Gañabamos algúns cartiños que aforrabamos para a volta e con eles podiamos permitirnos algun que outro antollo. Pero os hippies non vivían así. Polo menos os que eu entendía que o fosen porque nunca souben realmente cómo eran, a pesares de ter ido en busca deles a Ibiza nunha desas viaxes que faciamos despois de ter pasado o verán traballando nos hoteis da Costa Brava. De ahí, a miña conclusión de que quenes me vian como unha hippy, nono era de feito e tiñan unha imaxe de min que non se correspondía coa realidade. Para min, era normal o que facía. Parecíame ben, unha idea boa aquela de traballar nos meses de vacacións e logo voltar para empezar o novo curso. E por culpa desas malas interpretacións, ata cheguei a perder un amor de xuventude, que ben poidera ter sido o amor da miña vida. Malas faladurías chegaron a ouvidos da familia de que eu non era o tipo de moza que lle conviña. Cousas que pasan!
Marrocos

Teño que dicir, que o que lin esta mañá no facebook, chegoume á alma. Aquí deixo algunhas fotos daquela época.
Gustaríame moito escribir as miñas memorias pero son demasiado pouco constante nese senso para poñerme á faena. Pero sí deixo moitas páxinas das esperencias das que me gusta contar ainda que a intimidade dunha vida require moita valentía para contala, sobretodo, da miña!



Lugo

Amsterdam

(Link do comentario sobre mín no Facebook)

https://www.facebook.com/100006603616638/posts/2537331026496993?sfns=mo