domingo, 20 de marzo de 2011

Vai sendo hora....



Hora vai sendo de cambiar de folla
no calendario,
de cambiar de hora no reloxio,
de cambiar de estación, de sentir primavera,
de poñer cor na roupa negra...
Hora vai sendo de que o desorde
reine por un día na miña vida, de
que o lecer se abra paso entre a presa, e
e poida ler aquel libro á sombra ou ao sol,
sen que nada me reclame dentro da casa,
sen que o cronómetro marque os instantes
e as dedicacións...
Vai sendo hora de retomar o punto,
as películas na tele, os lentos despertares...
Que a desciplina non erosione os meus quilos
e poida nadar sen mirar o reloxio nin contar
os largos, nin facer cálculos cas vintecatro
horas do día/noite.
E non será que, despois de todo, xa temo
atoparme coa plena disponibilidade do meu
tempo, co valdeiro de non ter obrigas....
Será que precisamente eso que me ata
é quen me libera de non saber que facer
co tempo....