sábado, 6 de noviembre de 2010

CASA EN OBRAS




Atrás quedaron as etapas do camiño. Hoxe, o papa Benedicto XVI en Compostela. Vestía de branco inmaculado. Elegante traxe para un día tan especial. A min gustóume máis co seu gorro verde, traxe verde no que foi o acto relixioso do Obradoiro. Non añoréi estar alí. Os papas non son precisamente a miña debilidade pero a curiosidade levoume a poñer a tele para ver algo do evento. Suficiente!
Pois atrás quedou o Camiño, rematado en Fisterra, e con él terminóu tamén unha etapa de relativa liberdade de movimento. Agora xa son muller atrapada polas circunstancias e non podo mover ficha. Renuncia total a toda saída de máis de 40 quilómetros. Os días curtos xa non dan para un paseo a pé polas pistas da aldea coa Noa como compañía.
A casa en obras, vai collendo aires de señora, de lugar intocable, como todo aquelo que se arregla para mellorarlle o aspecto pero que se convirte en cousa inútil, en mírame e non me toques. Foi perdendo o aspecto que lle era familiar e que tiña o seu sentido. Xa non quedan os pomares coas mazáns do país. Xa non pendura a hamaca baixo a súa sombra. O coche non irá mais por alí para o seu garaxe. A cabaña do Xoán xa non será mais cabaña, nin bunker, nin depósito da auga....nin almacén de mil cousas inservibles... Agora, no seu lugar, despunta un porche que non alberga nada nél. Qué só espera a ser habitado, a poñer unha mesa e unhas sillas, outra hamaca mais étnica traída do Brasil, con flecos de colcha, a espera de ser ubicada alí. A boca do forno, destruído hai anos, convirtiráse nunha barbacóa e á luz do farol, pasaránse horas de devirtimento asando salchichas e churrasco e degustaráse a cerveza caseira, con supostos convidados que aínda están por vir. Haberá un xardín que nunca houbo, con césped que nunca tivo e barandas de madeira e moitos rosaís....e perfume de rosas...e poderei ler os libros que queira, tendida nunha tumbona, ao sol ou a sombra.... sen que ninguén me moleste, sen prisas, sen estar en vilo todo o tempo, como agora. Non haberá horarios nin para comer nin para durmir.... O tempo será o dono do lugar, como ten sido noutro tempo, cando eu era quen descansaba e os outros traballaban por min e para min. Agora eu traballo por eles e para eles. Ao longo da vida imos cambiando os papeis.
Sinto que cumplo unha obriga con esta reforma: ou deixala morrer, ou restaurala!