www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 13 de agosto de 2010

VIVIR PARA ELES


As mascotas alegran a nosa existencia pero tamén nos traen novas responsabilidades, traballo, gasto e privación de liberdade.


Para min, xa empezaron os problemas. Que si Noa non quere comer case nunca. O ritual que nos marcamos para intentar que coma...., o seu primeiro celo, o posible embarazo non desexado por min, por ela coido que sí...., a incertidume do seu estado e qué facer coa nova prole...


Por outro lado, Mel, bó comedor, medrou rapidamente e é un trepador de marca. Nunha das súas saídas apareceu cunha picadura ou mordedura, non sabemos ben foi pero saíulle un bulto grande na gorxa e xa lle estaba a caer a pel e a facerse unha ferida grande. Decidín non agardar máis e levalo a unha clínica para que o visen. Tiven que deixalo alí. Había que abrirlle a ferida e limpar a infección que tiña. Case todo un día alí. Cando fun a recollelo, estaba tan flexible como unha almofada. Parecía unha felpudo. Aínda non despertara ben da nestesia e para máis tiña na cabeza unha especie de embudo co fin de que non se rascase.


Chegamos á casa e xa tomou un pouco de familiaridade co entorno. Pero estaba incómodo e moi raro. Non podía comer, nin beber, apenas moverse, chocaba co embudo contra todo. Con todo i eso, non tardóu en subir ao tellado e darse unha voltiña polas alturas, que son a súa especialidade. Noa case lle tiña medo e preguntaríase qué era aquel bicho a catro patas debaixo de tamaño campana.


Os tempos cambiaron tamén nas aldeas. Antes, nun caso así, deixaríase morrer o animal ou que sanase sen outros remedios que os propios e o que a natureza lle deparara. Pero agora, para eso están as clinicas veterinarias. Mágoa que a Seguridade Social non teña cobertura para os animais domésticos. Se son parte da familia, pois deberían cubrirse os gastos sanitarios. Ocurre que a ocasión fai ao ladrón, e así, como están desprotexidos ante a enfermidade, os veterinarios, que tamén teñen que vivir, péganlle unhas boas talladiñas ao noso bolsillo e non están os mundos para tales gastos! Paguei cento oito euros por curarlle a feridiña a Mel! Vaia todo por él, que é tan boíño e simpático!


En fin, que antes de embarcarse cos bichiños, habería que pensalo mellor. A experencia non ten desperdicio pero é moito traballo cando tamén hai que ocuparse de maiores dependentes que conviven no fogar.


Hai veces que dan ganas de tirar a toalla. Outras, vale a pena socorrer a quen o necesita. O facelo, paga a pena.




mércores, 4 de agosto de 2010

Na percura doutras terras...


Levaches os meus soños

xentilmente pousados

nunha folla de carvé,

rio abaixo, serpenteando,

salvando desniveis,

demorándose fugazmente

nos obstáculos

para enfilarse novamente

na corrente.

Escoitaches os meus desexos

da percura doutras terras,

iñorante aínda do teu bico

co mar.

Hoxe atopei o destiño percurado,

dende un sétimo andar

con vistas á túa desembocadura.

Un novo soño navegóu,

río arriba ata o teu berce,

Eo, río do meu trascurrir.