viernes, 28 de agosto de 2009

Estreando blog

Facía tempo que sentía curiosidade por esto de bloguear pero non me chegara o momento. Aínda así, agora que xa teño un blog, non sei ben qué facer. De momento, probándome a min mesma, como sempre, estreando cousas, atrevéndome a dar pasos novos por estas canles tecnolóxicas que a veces líanme pero outras amósanme camiños para mellorar e poñerme ao día. Non me quero quedar atrás! Comezo timidamente... É como estar a falar ante o mundo enteiro que escoita en silenzo o teu monólogo, medindo e xulgando cada palabra... (os erros ortográficos...) A verdade, dame un pouco de medo. É como cando intentaba falar pola emisora do meu fillo, con xente descoñecida a que non sabía qué decirlle.... Pois eso é o que experimento con esto. Como un diario aberto que calquera pode ler... Aínda así, non podo decir que sexa tímida por este meio. Fixen moitas amizades a través de internet e considero que é unha maneira moi cómoda de se comunicar co resto do mundo.
A verdade é que axuda moito, cando, por sorte, vives un pouco illada do mundanal ruído, e non precisas de mergullarte nél para manter a relación coa xente.
Termino por esta noite. Cando vexa esto publicado, convencereime de que aprendín a empezar un blog que estou segura dará para moito. Inspiración non me ha de faltar.
Saudiños a quen se apouse nestas liñas.
Bea