lunes, 19 de junio de 2017

VIVAMOS COMO CASTREXOS!



No castro de Albeiros Lugo


Hoxe, a excursión de Terras de Auga e Cultura, levounos polos castros mais próximos a Lugo. Comezamos polo de Albeiros que non é moi grande e tampouco se conserva ben xa que unha ladeira foi utilizada para facer un pastizal, pero pódense ver as suas murallas e fosas ainda ben delineadas. Para quenes non saiban o que é un castro, direilles que foron asentamentos dos antigos habitantes de Galiza, chamados por elo, castrexos. Están catalogados unhos cinco mil en toda Galiza pero moi poucos excavados. Están situados en zoas elevadas, con boas vistas, por motivos de defensa e de seguridade. Neles vivían as persoas e os animais, todos xuntos nos mesmos edificios, que eran normalmente de forma circular e con cuberta de palla, ramaxe....e que formaban pequenos nucleos familiares aos que non era doada a incorporación de alleos. Tiñan varias murallas, eran de forma circular ou ovoide  e entre as murallas, había fosos que utilizaban para tarefas agrícolas e para gardar o gando de forma segura. Despois fomos ao de Muxa no que se pode ver a súa forma circular perfectamente delimitada e que hoxe atópase sen árbores e nos buratos que deixaron pódense ver restos de cerámica, sobre todo de partes dos tellados, que xa, ca romanización eran de tella e non de palla. Tamén hoxe, descubrín, que nós, os galegos, non somos celtas senón castrexos. Parece ser que os celtas viñeron por Galiza e deixaron a sua pegada como tantos outros pobos invasores pero os castrexos foron os habitantes propios desta terra. Así que hai que ter coidadiño coa historia que se nos conta. Hoxe hai probas arqueolóxicas que poden desmontar o erro que se mantivo ata de agora.
Vitrina Museo de Viladonga
Castro de Viladonga Lugo

Son amuletos romanos, non xoguetes eróticos!!!!

O último castro da mañá, o de Viladonga, é un dos mellores conservados da Gallaecia. Aquí xa hai tamén un museo no que se poden ver todos os restos atopados e moita información do que era a vida nestes lugares. Este castro ten moita influencia da romanización e pode observarse como na maioría das construccións predomina a forma cuadrada propia dos romanos.


Neve de mentira, caída dos chopos.


Logo de xantar nas lagoas de Teixeiro, sitio con moito arboredo, e un lago cheo de rás que nos deron o concerto de sobremesa, e despois de ver un sucedáneo de neve que os chopos deixaban caer en forma de folerpas que revoloteaban polo ar caendo mainamente e cubrindo o chan de un manto
branco, despois dunha tertulia cultural entorno ao guía, fomos, en autobús, ata outros castros mais afastados como o de Coeses que é moi grande pero está sen escavar. Alí tamén se pode apreciar o antecastro, que era un terreo entre murallas pero chán e non en forma de foso. Utilízabano para os cultivos. Ver este castro e ir andando ata a súa croa baixo trinta e oito graos de temperatura foi case unha ofrenda aos deuses castrexos, como Navia, deusa das fragas e da fertilidade. Esta deusa desveloume un segredo e estoulle moi agradecida. Pero esa é outra historia que deixo para outro día!
Por último, visitamos o castro Castromaior, que está ao pé do Camiño Francés, ao seu paso por Portomarín e que está en fase de excavación, con moitas construcción ao descuberto xa.
A punto de comenzar xa o Arde Lucus, festa na que se celebra en Lugo esa recreación da vida romana e castrexa e na que a cidade se disfraza daquelas costumes para lembrarnos e amosarnos tanto a residentes como a visitantes, cal foi a nosa historia, non está por demais facer un percorrido como o de hoxe, pese a temperatura, que por certo, na época castrexa e romana o clima era moi parecido ao que temos agora en Galiza outra vez, así que non debemos sorprendernos, é unha preparación para entender mellor a celebración que se aveciña e a que acuden cada ano mais visitantes, atraídos polo espectáculo e tamén polo divertimento de pasar a noite disfroitando dos praceres do deus Baco.
Ainda queda outra excursión para quenes queiran adentrarse no mundo romano lucense, visitando museos, casas importantes romanas e saber un pouco mais, que mal non ven, destes vestixios que temos a sorte de conservar e ofrecer GRATIS,  como xa non ocurre noutros lugares.


Castromaior