Xa existes! Eres esa sementiñasemiada na primavera
que agromará no inverno.
Eres esa cariña de anxo
que eu imaxino soñando,
revivindo soños pasados.
Eres esperanza e continuidade,
todos os nomes conxugados,
e sobre todo, todo, amor
inocencia e fluir de vida
que dende agora ocupas
un lugar no espacio e
nos nosos pensamentos.
Xa se che ten en conta,Todo arredor de tí xira,
cambia, ordéase e fórmase
mentras agardamos.
Eres presenza dende agora
e tan so como un punto
moves os mundos dunha
familia enteira.
Que o teu viaxe á vida
sexa un agasallo para
cantos te queremos
pero principalmente
para ti pola oportunidade
de SER.