viernes, 10 de diciembre de 2010

NADAL 2010


Con esta imaxen, quero felicitar a tod@s aqueles que visitades este blog e desexavos un Nadal 2010 cheo de ilusión, esperanza, fé, confianza.... e sobre todo AMOR e PAZ.
Cada Nadal que pasa, vai cargado con diferentes cousas nas mesmas alforxas. Eu, por exemplo, non me imaxinaba estar acompañada de cadela e gato e nin por un momento pensei nunca que poideran aportarme tanto e levarse tan ben entre eles. Todo é posible cando hai entendemento e amor. Unha ollada de Noa, vale por todas as olladas do planeta. Ninguén me ten ollado dese xeito, con esa expresividade sempre a punto, querendo decir xusto o necesario nese intre. O mesmo digo de Mel, quen coa ollada rasgada de gato, agradece os meus xestos e sabe que o quero.
Este Nadal, a miña árbore é branca e rosa. Gustóume cambiar de cor e facer deste novo rincón da casa, un acontecimento especial. Os soños vanse cumplindo mellor do esperado e todos disfroitamos dos cambios que se foron dando nesta paisaxe interior de casa rural.
Apertas agarimosas.
FELIZ NADAL

domingo, 5 de diciembre de 2010

NON NEVA A GUSTO DE TODOS



Unha nevadiña, simplemente. Non é o caso de cando me atopei con medio metro de neve diante da porta. Aquela sí que era unha nevada. Esta vez nin se me pasóu pola mente sair cos esquís nin coa "bañeira". Cos esquís, nin pensalo. Deixeinos na tenda de deportes esquecidos para sempre. Foi unha destas compras por internet, segundamano.com O tipo engañoume coa talla e mandoume unhos pequenos que non me cabían as botas neles. Caros non foran pero para o proveito que lles saquéi foron dabondo. Terei que mercar unhos novos se non quero renunciar aos praceres da neve. É todo o que podo facer agora, pois de ir a unha estación de esquí, como facía antes, eso é imposible e para cando poida ir, secadra xa non me teño neles. Foi unha nevadiña pouco provocadora. O engado que lle atopei foi o de ver o efecto na miña casa recientemente transformada,no porche aínda en obras e na ubicación nova da camelia. Ben mirado, tamén foi un agasallo quedarse na casa e alongar a ponte dous días máis, ainda que a min houbérame gustado seguir ensaiando a panxoliña de nadal cos nenos, pois xa queda pouco e tal vez a ´little star´ nonos chisque o ollo dende a súa noite profunda... pero penso que sí, que vai quedar ben con toda a escenificación que hai planeada. A casa, non é o que máis me atrae, despois de todo. Prefiro ir traballar. Nunca me gustaron a pontes estas para irme por ahí. Acostuman a pasar cousas así, como o que aconteceu nos aeroportos e non envidio nada situacións desa índole. Amolan ao máis paciente. De ir, gústame ir en días normales, cando é posible. Mellores prezos, menos aglomeracións e menos posibilidades de atoparse con algo tan desagradable, ainda que nunca se sabe cando pasa algo. A verdade é que unhos días de vacacións poden trocarse en algo traballoso, cansado, decepcionante e imposible. Pero a aventura é a aventura!
Nótase que arrastro as palabras. Non é o momento oportuno para escribir. Sinto non poder dar mais de min. Era para acompañar a foto e dar sinais de vida.